Colisée Pepsi

71°14′47″O / 45.83083, -71.24639

O Colisée Pepsi (anteriormente coñecido como Colisée de Québec), é un pavillón multipropósico da Cidade do Quebec, na provincia homónima (Canadá). O principal uso do pavillón é a práctica de hóckey sobre xeo, sendo a casa dos Quebec Nordiques cando estes competían na World Hockey Association (WHA) e na National Hockey League (NHL) entre 1972 e 1995, e actualmente é a casa dos Quebec Remparts da Ligue de hockey junior majeur du Québec (LHJMQ). O Colisée acolleu tamén o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo en categoría masculina no ano 2008.

Colisée Pepsi
Colisée Pepsi
Exterior.
Datos
LocalizaciónQuebec, Colisée Pepsi Canadá
Outros nomesColisée de Québec (1949-99)
Construción
Inauguración8 de decembro de 1949
ArquitectoRobert Blatter
Bouchard & Rinfret
Estadio
Capacidade15.176 espectadores
LocalíaQuebec Aces (LHQ) / (AHL) (1950-1971)
Quebec Nordiques (WHA) / (NHL) (1972-1995)
Quebec Rafales (IHL) (1996-1997)
Quebec Remparts (LHJMQ) (1969-1985)
Quebec Radio X (LNAH) (2004-2007)
Quebec Citadelles (AHL) (1999-2002)
Quebec Remparts (LHJMQ) (1999-presente)
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2008

Acolle anualmente no mes de febreiro o Québec International Peewee Hockey Tournament, no que participan cerca de 2.300 xogadores de hóckey sobre xeo novos de 16 países.

Historia

O pavillón comezou a construírse o 24 de maio de 1949, cunha capacidade para 10.034 espectadores, co obxectivo de substituír outro edificio que ardera no mesmo lugar un ano antes. Construído polos arquitectos Rinfret and Bouchard baixo a dirección de Robert Blatter e F. Caron, o pavillón foi unha mestura do exterior de Estilo Internacional e o interior de estilo Art déco. A súa construción custou 3 000 000 de dólares canadenses (30,2 millóns en dólares de 2015). Foi coñecido como "A Casa que Construíu Béliveau", xa que frecuentemente durante os seus primeiros anos se enchía para ver a Jean Béliveau, a estrela dos Quebec Aces, antes de irse aos Montreal Canadiens da NHL. Dúas décadas despois, o pavillón encheríase de novo para ver a Guy Lafleur xogar nos Quebec Remparts, antes de que se unira tamén aos Canadiens.

O edificio experimentou unha profunda renovación en 1980, na que o vidro da entrada orixinal foi substituído por novos vidros, e na que o pavillón ampliou a súa capacidade a 15.750 espectadores para cumprir as normas da NHL na época despois de que os Nordiques deran o salto dende a WHA á NHL. PepsiCo mercou os dereitos do nome do pavillón o 18 de novembro de 1999, e a súa capacidade actual rebaixouse a 15.176 espectadores. A casualidade quixo que os antigos Quebec Nordiques sexan coñecidos actualmente como Colorado Avalanche, que actualmente compiten no Pepsi Center de Denver.

O pavillón acolleu as series finais da 1971 Memorial Cup, na que os Remparts derrotaron aos Edmonton Oil Kings por dous partidos a cero. Dende que o campionato cambiou o seu formato de competición, o Colisée acolleu as series finais en 1991 e 2003. A nivel internacional, o primeiro partido das 1974 Summit Series entre as estrelas do Canadá da WHA e a Unión Soviética foi xogado no Colisée, así como un partido nas edicións da Canada Cup en 1976 e 1991. O pavillón acolleu xunto con Montreal en 1978 o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo sub-20, e xunto con Halifax o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2008. As series a dous partidos Rendez-vous '87, entre os All-Stars da NHL e a selección da Unión Soviética. O Colisée Pepsi tamén acolleu moitos concertos multitudinarios.

A Cidade do Quebec ten recibido numerosas propostas nos últimos anos para que a cidade regrese á NHL; a maioría destas propostas prevén a utilización do Colisée como sede temporal do equipo mentres se constrúe un novo pavillón xunto á instalación existente. O 10 de outubro de 2009, os xornais da Cidade do Quebec como Le Soleil informaron de que se levaron a cabo negociacións entre a cidade e a NHl sobre a posibilidade e pertinencia de recolocar ou crear unha nova franquía da liga na cidade.

O antigo propietario dos Nordiques e actual presidente do Comité Olímpico Canadense Marcel Aubut dixo que non hai plans de demoler o Colisée Pepsi mesmo se se constrúe un novo pavillón. Aubut mencionaou unha posible candidatura para os Xogos Olímpicos de Inverno entre outras xustificacións para manter o pavillón existente. Como parte do acordo de construción do novo estadio, unha suma de 7 millóns de dólares canadenses adicionais serán destinados a renovar o Colisée, se na cidade aterra unha franquía dunha potencial expansión da NHL antes de que se remate o novo pavillón en 2015.

Capacidade

A capacidade do pavillón para os partidos de hóckey sobre xeo ao longo da súa historia foi a seguinte:

Anos Capacidade Referencias
1949-1973 10.034
1973-1976 10.004
1976-1981 10.012
1981-1984 15.250
1984-1987 15.434
1987-2009 15.399
2009- 15.176

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Tags:

Colisée Pepsi HistoriaColisée Pepsi CapacidadeColisée Pepsi Galería de imaxesColisée Pepsi NotasColisée Pepsi Véxase taménColisée PepsiCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

IgantziProvincias de EspañaVertoMommy Dead and DearestXosé Manuel BeirasPalmaRastroDiego Rivas RegoMéxicoMiro CasabellaPotaÁlvaro Porto DapenaChorimaDistritos de PortugalMovimento das Forças ArmadasMáquina comecartosVómito (grupo musical)Antonio López FerreiroGoogleÁnxel CasalXiros idiomáticos galegosLuísa VillaltaRamiro CarregalGame Boy Advance SPOman AirÁlvaro MorataGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Ludwig van BeethovenMiguel de CervantesYouTubeSalvador DalíJava (linguaxe de programación)Memorias dun neno labregoNeptunoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Clint EastwoodSuízaVento feridoCristina MaróGuerra civil españolaBritney SpearsFerrer BassaPobo palestinoBloque Nacionalista GalegoEuropaLista de emperadores romanosPadrónCCunnilingusFederico Jiménez LosantosPanxermanismoRoko (actriz)Deportivo da CoruñaArxentinaPosición do misioneiroBenito MussoliniFlora invasora de GaliciaForcareiAdriano Correia de OliveiraCaraveleiraEnsaio (literatura)Ramón María del Valle-InclánXosé Manuel PiñeiroFermin MuguruzaCamilo Nogueira RománClara CampoamorParlamento de GaliciaCamiño de SantiagoFiúnchoLalínAgustín Fernández PazFran AlonsoEditorial GalaxiaSonsoles Espinosa🡆 More