Cerdanyola Del Vallès: Concello da provincia de Barcelona

Cerdanyola del Vallès é un municipio da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

Modelo:Xeografía políticaCerdanyola del Vallès
Imaxe

Localización
Cerdanyola Del Vallès: Historia, Xeografía, Demografía Editar o valor em Wikidata
 41°29′31″N 2°08′20″L / 41.491944444444, 2.13888888888892°08′20″L / 41.491944444444, 2.1388888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor em Wikidata
CapitalCerdanyola del Vallès (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación57.879 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.891,47 hab./km²)
Número de fogares45 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie30,6 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porriu Sec (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude82 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónMartiño de Tours Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Cerdanyola del Vallés (en) Traducir Editar o valor em WikidataCarlos Cordón Núñez (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Orzamento64.246.746 € (2022) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08290 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE08266 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT082665 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Collegno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webcerdanyola.cat Editar o valor em Wikidata
Cerdanyola Del Vallès: Historia, Xeografía, Demografía
Cerdanyola del Vallès

A cidade conta cun poboado ibero (ca n'Olivé), a ermida románica de Sant Iscle de les Feixes, o castelo de Sant Marçal e un gran número de masías, testemuño do pasado agrícola. Así mesmo tamén hai casas modernistas que se construíu a burguesía como casas de veraneo.

En Cerdanyola atopamos a Universidade Autónoma de Barcelona (máis coñecida como a UAB) situada no barrio de Bellaterra, o Parque Tecnolóxico do Vallès (PTV), e construirase no futuro un sincrotrón (un acelerador de partículas).

Historia

Durante a Prehistoria, en Cerdanyola vivían pequenas comunidades de cazadores, recolectores e agricultores. Atóparonse restos de cazadores nómades da época paleolítica, que fabricaban instrumentos de pedra, preto de Can Magrans e Can Domènec e do río Sec. Pouco a pouco a chaira de Cerdanyola e a serra de Collserola foron ocupadas por pequenas granxas e aldeas de cabanas entre o neolítico e a primeira idade de ferro. Na rúa París da cidade atopáronse restos de 50 persoas inhumadas.

Durante a época ibera en Cerdanyola establecéronse os laietanos, que se dedicaban basicamente ao gando e ao cultivo. Atopáronse moitos restos no Poboado Ibero de Ca n'Oliver, que tiña muralla, rúas definidas, casas e almacén. Tamén hai pequenos xacementos en Can Xercavins e no actual campus da UAB.

Coa chegada do imperio romano, os poboadores iberos desapareceron e comezou a dominación romana, que provocou a creación de novas explotacións agrícolas, dedicadas principalmente ao cultivo da viña para a produción de viño.

O nome de Cerdanyola é documentado por primeira vez no ano 975, nun documento do Mosteiro de Sant Cugat.

Desde o século IX forma parte do Condado de Barcelona, englobado na Marca Hispánica, e os poboadores dedícanse basicamente á agricultura. Desde esta época, Cerdanyola converteuse nun cúmulo de masías e casas dispersadas polo municipio. Durante moito tempo non houbo un núcleo urbano. A vila estaba dividida en dúas parroquias, as de Feixes e Sant Martí, e dentro da xurisdición do Castelo de Sant Marçal. Nesta época a sociedade estaba agrupada co obxectivo de defender os seus intereses diante dos señores feudales.

Durante o século XVIII moitas familias enriquecéronse grazas á produción e comercialización do viño.

O núcleo urbano empezouse a formar dividíndose en dous barrios, o Barrio de Arriba, que data de 1828 e formouse por mor da estrada de Sant Cugat (actual BV-1415), e o Barrio de Abaixo, de 1845 relacionado coa construción do ferrocarril. Nesta época a actividade económica principal segue sendo a explotación e produción do viño, a pesar da crise que produciu a chegada da filoxera. Era un municipio tradicionalmente agrícola, con cultivo de cereais, viña e forraxe.

Cerdanyola Del Vallès: Historia, Xeografía, Demografía 
C de Cerdanyola

A finais do século XIX Cerdanyola converteuse nun pobo de veraneo pola burguesía catalá. Multiplicáronse as casas residenciais en barrios como Montflorit e Bellaterra. Pouco despois os dous barrios uníronse e edificaron a nova parroquia e a casa consistorial, obra de Josep Maria Balcells. Foi nesta época cando a vila foi un punto de encontro para artistas como Enric Granados, Pau Casals, Josep Viladomat, Josep de Togores, Carles Buïgas ou Ismael Smith.

A principios do século XX o sector industrial comezou a tomar certa importancia na cidade grazas á electrificación da mesma e á instalación da fábrica Uralita (1907) ou a fábrica de sifóns Sarroca.

Pero non foi ata os anos 1960 que Cerdanyola converteríase nunha vila industrial da área metropolitana de Barcelona, grazas á creación de polígonos como a Bòvila, Uralita, Can Mitjans e la Clota, onde se traballa no sector da metalurxia, téxtil, materiais de construción e no sector químico, que atraen ondas de inmigrantes procedentes doutras zonas máis deprimidas da península e provocan a creación de novos barrios na cidade, como o Barrio Banús ou Bonasort.

Nos últimos anos do século construíronse a Universidade Autónoma de Barcelona, o Parque Tecnolóxico do Vallès (1987), o polígono Polizur (unha ampliación da Clota). Actualmente estase creando o novo Centro Direccional, entre o AP-7 e Sant Cugat.

Xeografía

A 14 quilómetros de Barcelona, conta cunha situación privilexiada en canto a comunicacións. O seu termo municipal comprende unha parte da serra de Collserola e limita cos municipios de Sant Cugat del Vallès, Sant Quirze del Vallès, Badia del Vallès, Barberà del Vallès, Sabadell, Ripollet, Montcada i Reixac e Barcelona.

Polo seu termo municipal transcorren diferentes cursos fluviais, entre eles os máis importantes son o río Sec e a Riera de Sant Cugat.

Barrios

O municipio está formado polos barrios seguintes: Can Antolí, Banús, Bellaterra, Bonasort, Can Cerdà, Can Fatjó dels Aurons, Can Xarau, Canaletes, Centre, Cordelles, Fontetes, Gorgs, Montflorit, Plana del Castillo, Serraparera, La Farigola e Turonet.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
928 3.026 4.007 19.945 51.173 52.778 58.747

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Cerdanyola Del Vallès HistoriaCerdanyola Del Vallès XeografíaCerdanyola Del Vallès DemografíaCerdanyola Del Vallès Galería de imaxesCerdanyola Del Vallès Véxase taménCerdanyola Del VallèsCataluñaComarcas de CataluñaComunidade AutónomaEspañaMunicipioProvincia de BarcelonaVallès Occidental

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vento feridoSantiago AbascalClub Deportivo ArenteiroCinema pornográficoIdeaXogo da chaveSnookerAna María Fernández MartínezForcareiMachu PicchuCreative CommonsGérard DepardieuÁlvaro CunqueiroDolores IbárruriMónica González CondeMercedes MiláAlberto Núñez FeijóoAlicia BorrásLista de voces dos animaisHindemburg Melão Jr.VigoOs demostrativos galegosContactRochi NóvoaJavier GutiérrezXosé Luís Méndez FerrínEsteban Cortizas VilarLCarlos de Matos GomesMaría RamalloCaliforniaÁmsterdamManuel Curros EnríquezMaría CastroLugares de GaliciaCidade Vella da CoruñaLuís García MañáYouTubePeter HiggsHLA-DRRafael NadalAresMarco AurelioYongzhouEstadio Municipal da MalataValentín Lamas CarvajalArturo RegueraBiscaiaLingua neerlandesaRoisO porco de péRepartimento de ÁfricaManuel RomayProvincia da CoruñaEspazo Común GaleguistaWikiCreampieCaja MágicaLuísa VillaltaXogos Olímpicos de Inverno de 1988De catro a catroArco da vellaBurgosPedro I do BrasilFiat luxXunta de GaliciaCouto MixtoMúsica dos países islámicosEspañaMaría José Gómez RodríguezLista de ríos de GaliciaSalvador IllaHTMLLope de VegaCarballo común🡆 More