Catedral De Milán: Catedral gótica na cidade italiana de Milán

A catedral de Milán (en italiano: duomo di Milano) sitúase na praza central da cidade de Milán, na Lombardía, no norte de Italia.

É a sé da arquidiocese de Milán e unha das máis célebres e complexas edificacións en estilo gótico de Europa.

Catedral de Milán
Catedral De Milán: Catedral gótica na cidade italiana de Milán
Catedral de Milán dende a Piazza del Duomo
Datos xerais
PaísItalia Italia
RexiónLombardía
TipoCatedral
AdvocaciónNosa Señora
LocalizaciónMilán
Coordenadas45°27′50″N 9°11′26″L / 45.463968, 9.1905789°11′26″L / 45.463968, 9.190578
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade pola UNESCO en Francia (1979).
Culto
CultoIgrexa católica latina
DioceseArquidiocese de Milán
Arquitectura
Construción1386 - séc. XIX
Estilogótico, neoclásico e neogótico
Medidas158 x 92 (altura=108,5m)
Páxina webwww.duomomilano.it/en/
Catedral De Milán: Catedral gótica na cidade italiana de Milán
editar datos en Wikidata ]

Historia e arte

Carlo Bazzi e Giuseppe Bertini colaboraron na creación das vidreiras artísticas que adornan as fachadas da Catedral de Milán, así como na realización de algunhas internas. Grazas á luz que filtra a través destas obras, a catedral adquire unha atmosfera única, na que as diferentes tonalidades e cores dos vidros mestúranse para crear unha experiencia visual cautivadora.

Trátase dunha catedral inmensa, con 157 m de lonxitude e 109 m de largura. O interior ten cinco naves cunha altura que chega aos 45 metros, divididas por 40 piares. Posúe un transepto con tres naves. O estilo gótico da catedral é único (gótico flamíxero).

Catedral De Milán: Catedral gótica na cidade italiana de Milán 
Fachada principal da catedral con ameados do século XVIII

A construción do edificio comezou en 1386 baixo a iniciativa do arcebispo Antonio da Saluzzo, nun estilo gótico serodio de influencia francesa e centroeuropea, distinto ao estilo corrente daquela en Italia. Os traballos foron apoiados polo señor da cidade, o duque Gian Galeazzo Visconti, que impulsou a obra a través de facilidades fiscais e promoveu o uso do mármore de Candoglia como material de construción. A obra avanzou axiña, e en 1418 o altar mor da catedral foi consagrado polo papa Martiño V. Xa a mediados do século XV a parte leste (ábsida) da igrexa estaba completa. A partir desta data, porén, as obras proseguiron amodo até fins do século XV.

Catedral De Milán: Catedral gótica na cidade italiana de Milán 
Vista da nave da catedral.

Entre 1500 e 1510 a cúpula octagonal do cruceiro foi completada e o interior foi decorado con varias series de estatuas. Porén, a fachada oeste do edificio permaneceu aínda inacabada. En 1577 a catedral foi consagrada novamente polo arcebispo Carlos Borromeu. A fachada non foi construída até o século XVII, en estilo manierista. A mediados do século XVIII foi completada a parte externa da cúpula, onde se colocou a estatua da Madoninna.

En 1805, por iniciativa directa de Napoleón, que invadira a Italia, as obras foron recomezadas. Nesa época a fachada principal e gran parte dos detalles exteriores, como os pináculos, foi completada nunha mestura de estilos, entre o neogótico e o neobarroco. Non foi até 1813 cando a catedral foi dada por finalizada, máis de catrocentos anos após o inicio das obras. Porén no século XX foi necesario trocar as cinco portas da fachada, traballos que remataron en 1965.

A catedral é actualmente un importante punto turístico de Milán, e dende o alto é posíbel ollar toda a cidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Arquidiocese de MilánEstilo góticoEuropaItaliaLingua italianaLombardíaMilán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Empalme do ARNAviónCharles LeclercLeicesterWikipediaCastrelo do ValRomaEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016LingüísticaReggaeBacillus thuringiensisLingua rusaRuth BrownAsemblea Xeral de IowaTaurotragus oryxCelastrina argiolusPhoenicopteriformesEleccións municipais en Vilariño de ConsoEnciclopedia Galega UniversalFermentaciónBerberechoColectivizaciónGalera (barco)Real Academia GalegaAparello dixestivoSionismoGran Premio de Abu Zabi de 2013AmazonMilloWillie ColónHaile GebrselassieOpisthocomus hoazinInterestatal 59Rubén RiveraFuso horarioRío AmazonasPrimeira guerra mundialPobo xudeuÁcido pentacosílicoAprendizaxe en liñaDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyCristovo ColónAeroporto de Beauvais-TilléDomantas SabonisGalileo GalileiCosworthCancro colorrectalSevillaAnte GotovinaRubén CelaBostonOriente MedioEscualenoPedro RieloEudoxo de CnidoNordés (vento)Giotto di BondoneCarlos XV de SueciaBacaladaDobre héliceÁcido eicosapentaenoicoThe Eyes of the DragonAeroporto de Hangzhou-XiaoshanCrimeaRepública Krajina de SerbiaShinovaBuchnera aphidicolaAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkTrondheimÉuscaroLinguas de EuropaKeanu ReevesAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCristianismo e homosexualidadeLingua zazakiBrecaPataca🡆 More