Fortaleza De Valença: Forte en Valença, Portugal

A Fortaleza de Valença (Praça-forte de Valença) é unha fortaleza que se localiza na vila, freguesía e concello de mesmo nome, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal raiando na marxe esquerda do Miño coa vila galega de Tui.

O edificio actual data do século XVII, hoxe é propiedade da república e a vila vella de Valença que arrodea é un destino turístico e de compras de moitos galegos e portugueses.[Cómpre referencia]

Fortaleza de Valença
Monumento Nacional
Fortaleza De Valença: Historia, Descrición, Turismo
ConcelloValença
ProvinciaDistrito de Viana do Castelo
Comunidade
autónoma
Norte de Portugal
Coordenadas42°01′57″N 8°38′43″O / 42.032545, -8.6451448°38′43″O / 42.032545, -8.645144
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalRenacemento (s. XVI (orixe século I))
Estilo actualFortaleza seiscentista (s. XVII-XIX (alteracións significativas))
Estado actualBo, arreodeando a cidade vella
Véxase tamén
Castelos de Portugal
editar datos en Wikidata ]
Fortaleza De Valença: Historia, Descrición, Turismo
Canón da fortaleza.

Historia

Antecedentes

Disque a ocupación cun castelo (Castelo de Valença) se remonta á invasión romana da Gallaecia. O forte sería ocupado durante o reino suevo e o posterior Reino de Galiza. Xa despois da escisión do condado portugués de Galiza, no século XII para o XIII, construiríase o vello castelo para a defensa da poboación e da travesía nese treito do río.[Cómpre referencia]

A Guerra da Restauración e a construción da Praza-forte

No contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa (século XVII), a fortificación lindeira foi enteiramente reformada co proxecto do francés Miguel de l'Ècole (que tamén levou a cabo as reformas no castelo de Monção). Dese modo, foron reconstruídos os muros para abrazar o perímetro estendido da vila, e erguidas novas estruturas abaluartadas, entre as cales:

  • a chamada Coroada, con tres baluartes (Santa Ana, São Jerônimo, e Santa Bárbara) e dous medio baluartes (São José e Santo Antônio);
  • abertos novos fosos, sobre os cales se ergueron taludes;
  • revelíns para defensa dalgunhas cortinas;
  • sete novos baluartes: Carmo, Esperança, Faro, Lapa, São Francisco, São João e Socorro.

Xa durante as primeiras obras resistiu a unha incursión española no inicio da guerra de Restauración (1643); e en 1654 caeu en mans españolas, para despois ser reconquistada por tropas portuguesas baixo o mando do Conde de Castelo Melhor. As obras proseguían en 1661, para seren concluídas en 1713, cando o seu último arquitecto, Manuel Pinto de Vilalobos, a deu como concluída. Ao final do século XVIII, foron reforzados os muros da polvoreira ( paiol da pólvora) e levantado o paiol do açougue (carnizaría) (1774).

Dende o século XIX

Durante a Guerra Peninsular, após facer resistencia, caeu diante das tropas napoleónicas baixo o mando de Soult (1809), que fixeron estoupar a Porta do Sol.

Durante as Guerras Liberais, xuntouse ao partido liberal en 1828, durante a Belfastada, sendo sitiada por forzas realistas rendeuse despois de nove días. Só foi reconquistada polos liberais en 1830 co apoio do almirante inglés Charles Napier.

Considerada como a fortificación máis importante do Alto Minho, obxecto de diversas intervención de conservación e restauración ao longo do século XX, as estruturas que chegaron até os nosos días atópanse en bo estado de conservación, e están abertas á visita pública.

Descrición

Coa reconstrución das defensas que transformaron Valença nunha praza forte, a poboación ficou separada do río por unha rede de baluartes de cachotaría de granito e de patamais que se comunican entre si por medio de fosos e de pasaxes superiores.

Planimetricamente, a fortaleza, ao abrigo dun intricado conxunto de baluartes, revelíns e fosos, ficou dividida en dúas grandes áreas que se comunicaban pola chamada Porta do Meio: o sector Norte, que abrangue a antiga vila medieval, e o sector Sur, unha área menor e máis aberta: a chamada Coroada.

Turismo

Valença, por ser vila raiana, é dende finais do século XX un destino popular de turismo galego de feira e para a compra de diferentes artigos, salientando os téxtiles. As murallas de Valença agochan multitude de tendas (‘’lojas’’) de artigos para o lar, enxoval, así coma restaurantes e cafés, de moita sona tanto no Norte de Portugal coma no sur de Galiza.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • GIL, Júlio; CABRITA, Augusto. Os mais belos castelos e fortalezas de Portugal (4ª ed.) Lisboa; São Paulo: Editorial Verbo, 1996. ISBN 972-22-1135-8

Ligazóns externas

Tags:

Fortaleza De Valença HistoriaFortaleza De Valença DescriciónFortaleza De Valença TurismoFortaleza De Valença Galería de imaxesFortaleza De Valença Véxase taménFortaleza De ValençaDistrito de Viana do CasteloFortaleza (arquitectura militar)Norte de PortugalRío MiñoTuiValença do MinhoWikipedia:Cómpre referencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Canle (comunicación)ArzúaLista de episodios de DoraemonBob MarleyThe InterviewSevillaPosición do misioneiro invertidaLista de paísesNordés (vento)Maribel VerdúLeymaPartido Comunista pola República GalegaEliseo Seoane BardancaSexo anal22ª edición dos Premios Mestre MateoQuercusFunción trigonométricaReconquista de VigoJosé Manuel LageMarco Vipsanio AgripaCarlos VII de FranciaVichyKuala LumpurOcéano ÍndicoXabier DíazPrimeira guerra mundialXúpiterA.C. MilanIslamIndonesiaLisboaPartido Comunista ItalianoBen AffleckDaniel BasteiroMesopotamiaFianna FáilBetanzosBipartito galegoFelaciónLista de filmes con versión en galego/CAdolf HitlerStellantisComarcas de GaliciaCatalán ribagorzanoAlaine AgirreCory DoctorowMarta DarribaLerma, BurgosAlpesBidueiroBarcelonaMarcos PereiroGotemburgoPolafíasPalauDemocracia OurensanaFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Ester ExpósitoAlfonso SotoAeroporto de Newark LibertyReal Academia GalegaO PorriñoPonferradaNew DealGadisaEva CárdenasSantiago GenovésBurocraciaYan GeFonte de Oliva, ValboaAda NegriCinema pornográfico🡆 More