Carlos De La Torre: Atleta galego

  Carlos de la Torre Allariz, nado en Marín o 18 de maio de 1966, é un exatleta galego, que estaba especializado en probas de longa distancia.

Foi campión de España dos 10 000 metros e competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 e 1996, participando nestes últimos tamén o seu irmán Elisardo.

Infotaula de personaCarlos de la Torre
Biografía
Nacemento18 de maio de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Marín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsElisardo de la Torre Allariz Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14164843 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu en Marín, nunha familia de atletas, pois tres dos catro irmáns practicaron o atletismo: Carlos, Elisardo e Daniel. Militou no Club Atletismo San Miguel de Oia, e en 1988 proclamouse campión galego dos 10.000 metros, título que revalidou ao ano seguinte. En 1990 proclamouse campión de España de 10.000 metros, cun tempo de 28'50"91, sucedendo no palmarés ao tamén galego Alejandro Gómez. Ese mesmo ano gañou a medalla de bronce nos Campionatos Iberoamericanos de Manaus, onde cruzou a meta por detrás do arxentino Antonio Silio e do español Juan Carlos Paúl. En 1992 foi subcampión de España, por detrás de Antonio Prieto e por diante de José Carlos Adán, e participou por primeira vez no Campionato Mundial de Campo a Través, en Boston, onde acabou no posto 37º.

Ese mesmo ano disputou os seus primeiros Xogos Olímpicos, os de Barcelona 1992. O seu rendemento foi peor do esperado, pois correu a súa serie no Estadio Olímpico de Montjuïc en 28'55"47, o seu peor rexistro do ano, entrando na meta no posto 15º e polo tanto sen poder clasificarse para a final na que o ouro foi para Khalid Skah. En 1994 participou no Campionato de Europa en Helsinqui, onde conseguiu un oitavo posto en 10 000, e tamén no Mundial de Campo a Través de Budapest, rematando 27º. Ademais foi subcampión de España de campo a través, sendo superado só por José Carlos Adán.

Foi campión galego dos 5 000 metros en 1994 e 1995, e en 1996 acadou o seu segundo subcampionato de España dos 10 000, por detrás de Alejandro Gómez e por diante de Abel Antón, conseguindo a súa mellor marca persoal, cun tempo de 27'49"17. Participou nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, nos que competiu tamén o seu irmán Elisardo, converténdose así na segunda parella de irmańs galegos en participar nuns Xogos, despois de que en Barcelona o fixesen os xemelgos Leopoldo e Jesús Centeno. Conseguiu desta vez o pase á final, grazas a un tempo de 28'04"14 na súa serie. A final que coroou a Haile Gebrselassie como campión olímpico, estivo dominada polos atletas africanos, que ocuparon as oito primeiras prazas, rematando Carlos de la Torre no posto 14º, cun tempo de 28'32"11. Dous meses despois dos Xogos participou no Campionato Mundial de Media Maratón en Palma, onde cruzou a meta na cuarta posición cun tempo de 1h02'03", só por detrás de Stefano Baldini, Josephat Kiprono e Tendai Chimusasa. Conseguiu a prata por equipos por detrás de Italia, xunto a Alejandro Gómez (8º) e José Manuel García (23º).

En 1997 dispúxose a afrontar os Mundiais de Campo a Través, Atletismo e Media Maratón. No primeiro deles, disputado en marzo en Turín, non puido efectuar a saída por problemas físicos antes da proba. En agosto, nos Mundiais de Atletismo de Atenas correu a súa serie en 28'20"50, quedando e menos de medio segundo de meterse na final que gañaría Gebrselassie. En outubro participou no Mundial de Media Maratón en Košice, onde non puido repetir o bo resultado do ano anterior, acabando desta vez 32º. Ademais foi terceiro nos 10 000 metros do Campionato de España, superado só por Julio Rey e Alberto Juzdado.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Carlos De La Torre TraxectoriaCarlos De La Torre NotasCarlos De La Torre Véxase taménCarlos De La Torre18 de maio1966AtletaElisardo de la TorreEspañaMarínPobo galegoXogos Olímpicos de 1992Xogos Olímpicos de 1996

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Daniel BasteiroBTS (grupo musical)XogoLuis Fraga EgusquiaguirreJean Shinoda BolenDiscoverer EnterpriseToxo arnalLiberalYan Ge9 de abrilSri LankaÁcido desoxirribonucleicoShakiraNew DealEivisaCamilo José CelaFútbol americanoNarónReino de GaliciaMarçal MolinéLista de episodios de DoraemonHenrique VIII de InglaterraMúsica das películas de Chano PiñeiroMela CasalLiberalismoAdolf HitlerForzas armadasAymeric LaporteQuim BarreirosSantuario de Nosa Señora da PenedaRoko (actriz)Guerra civil españolaBélxicaXosefina de BeauharnaisMatriz (matemáticas)SalamancaAlfonso SotoCarcasonaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingA morte na literatura popular galegaMúsica tradicional galegaLucía VeigaChimpínJackie ChanJoaquin PhoenixCorea do NorteBob MarleyBermudasGrupo EroskiSusana PedreiraSnoop DoggRafael LouzánGustave MoreauLingua latinaDominio públicoCaliforniaAnggunIn My Head (canción de Jason Derulo)PropagandaEnciclopediaMarineda CityJoe LiebermanFroufe, O IrixoCabeza de ManzanedaShirley ChisholmParroquias de GaliciaISBNFascismoCitroën 2CVWayback MachineCarrizo (paxaro)Imperio español🡆 More