Elisardo De La Torre: Atleta galego

Elisardo de la Torre Allariz, nado en Marín o 10 de outubro de 1971, é un exatleta galego.

Foi campión de España dos 3000 metros obstáculos en 1996, cinco veces campión galego e competiu nesa mesma proba nos Xogos Olímpicos de 1996, nos que tamén competiu o seu irmán Carlos.

Infotaula de personaElisardo de la Torre
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlos de la Torre Allariz Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14164841 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu en Marín, nunha familia de atletas, pois tres dos catro irmáns practicaron o atletismo: Carlos, Elisardo e Daniel. Iniciouse neste deporte con Carlos Landín como adestrador, e militou nos clubs San Miguel de Oia, Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Universidad de Oviedo. En 1992 gañou o primeiro dos seus cinco campionatos galegos dos 3000 metros obstáculos, e revalidou o título nos anos 1993, 1994, 1995 e 1998.

En 1994 quedou terceiro no Campionato de España e participou no Campionato de Europa en Helsinqui, onde non puido meterse na final. O seu mellor ano deportivo foi 1996, cando se proclamou campión de España en Málaga despois de remontar contra Juan Ramón Moya na final, e logrou a clasificación para os Xogos Olímpicos de Atlanta. Na cita olímpica participou tamén o seu irmán Carlos, nos 10 000 metros, converténdose así na segunda parella de irmáns galegos en participar nuns Xogos Olímpicos, despois de que en Barcelona 1992 o fixesen os xemelgos Leopoldo e Jesús Centeno. Correu a súa serie nun tempo de 8'42"75, moito máis lento que as súas mellores marcas, entrando na meta no noveno lugar, polo que quedou eliminado e non puido avanzar nin ás semifinais. O ouro acabou sendo para o kenyata Joseph Keter.

Destacou especialmente nos Campionatos de España Universitarios, onde se coroou campión ata en oito ocasións (1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000 e 2001). Participou na Universíada de 1995 e bateu o récord de España universitario en 1996, cun tempo de 8'29"97. Instalado en Oviedo, estudou Fisioterapia na Universidade de Oviedo, e trala súa retirada montou unha clínica na cidade. Ademais traballou como fisioterapeuta en varios clubs cantábricos como o Langreo, o Caudal, o Lealtad ou o Racing de Santander.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

 

Tags:

Elisardo De La Torre TraxectoriaElisardo De La Torre NotasElisardo De La Torre Véxase taménElisardo De La Torre10 de outubro19711996AtletaCarlos de la TorreMarínPobo galegoXogos Olímpicos de 1996

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Gerardo Pardo de VeraO IrixoAlaine AgirreGuimarãesDallas MavericksOs camiños da vidaRenda básica universalRexións de FranciaDios ke te crewNós (revista)Cory DoctorowMichelle ObamaLiberalismoForo do bo burgo de Castro CaldelasCabana de BergantiñosCharles Péguy.geDiscoverer EnterpriseIsaac VilaEstadio Municipal de RiazorRocco SiffrediLleidaHTML5DecímetroBilbaoArboBob MarleyLalínLiam NeesonAnuroEva CárdenasSão PauloMaría do Socorro Ortega RomeroQuimera (mitoloxía)Snoop DoggArturo Fernández (xornalista)New DealMarylandDe catro a catroPortela da CandaRakel WinchesterÓscar García PatiñoManuscrito VoynichMetabolismoRosalía (cantante)ArenquePosición do misioneiro invertidaMPolonia9 de abrilGadisaDragon Ball ZContactParacaídasHermann Heinrich GossenMaldivasUnión do Povo GalegoPortadaChelsea ManningAna BucetaFonoteca 92Democracia OurensanaFútbol gaélicoLista de episodios de DoraemonHargeisaCatedral de MilánLista de nomes femininos en galego🡆 More