Carlos Paulo Martínez Pereiro, nado en Mera (Oleiros) o 1 de xullo de 1955, é un escritor e crítico literario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1955 (68 anos) Mera, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Empregador | Universidade da Coruña |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Xosé Luís Martínez Pereiro |
Licenciado en Filoloxía Hispánica, e Filoloxía Galego-Portuguesa, é Doutor, nesta última filoloxía, tamén pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre as relacións entre a pintura e a literatura na obra vangardista do escritor e artista plástico portugués Almada Negreiros. Tras varios anos de exercicio da docencia como Profesor Agregado e Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato, é, na actualidade, Catedrático da Área de Coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Desde 1997, é Director da Serie Branca (Outras Literaturas Teatrais) e da Serie Gris (Pensamento e Estética) e mais Coordinador Editorial das Publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Maior do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
É irmán de Xosé Luís Martínez Pereiro.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Paulo Martínez Pereiro |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Carlos Paulo Martínez Pereiro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.