Mar Cantábrico: Mar litoral do océano Atlántico no norte de España e a costa suroeste de Francia

O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia.

Esténdese desde o Cabo Ortegal na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne. Esta delimitación foi publicada pola Organización Hidrográfica Internacional na súa publicación Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares) en 1953, máxima autoridade internacional na materia de delimitación de mares a efecto de regular o tráfico e seguridade marítima.

Mar Cantábrico
'Mer Cantabrique / Mar Cantábrico / Kantauri'
Mar Cantábrico: Características, Historia, Localidades importantes
Localización administrativa
EstadoMar Cantábrico: Características, Historia, Localidades importantes Francia
España España
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico, golfo de Biscaia canle da Mancha
ContinenteEuropa
Xeografía
AfluentesAgüera, Asón, Bidasoa, Deva, Eo, Escudo, Miera, Mera, Nalón, Nansa, Navia, Pas, Pisueña, Saja-Besaya, Sella, Piles
Cidades ribeiregasXixón, Bilbao, Baiona, Donostia, Santander
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Santander, baía de Santoña, baía da Concha, baía de San Lorenzo (Xixón)
CabosCabo Ortegal, Estaca de Bares, cabo de Ajo, cabo Higuer, cabo Matxitxako, cabo de Peñas, cabo Vidio
Características
Lonxitude máxima800 km
Profundiade máxima4750 m
Mapa
Mar Cantábrico: Características, Historia, Localidades importantes
Mapa do mar Cantábrico
Mar Cantábrico: Características, Historia, Localidades importantes

O mar Cantábrico no océano Atlántico
Mar Cantábrico: Características, Historia, Localidades importantes
Vista de satélite do mar Cantábrico
Mar Cantábrico: Características, Historia, Localidades importantes
Temporal no mar Cantábrico. As ondas batendo contra a Illa de Mouro e o seu faro.

Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do País Vasco recibe o nome de golfo de Biscaia ou tamén de golfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Lapurdi, esta última en Francia.

Características

Constitúe un mar de transición entre os mares fríos do Norte e os tépedos do trópico, o que fai que sexa ecotono de especies vexetais e animais de augas frías. O afloramento de augas profundas e frías existente fronte ás costas galegas fai que a temperatura da auga aumente conforme nos desprazamos cara ao Leste. Esa temperatura da auga superficial presenta unha acusada estacionalidade, así durante o inverno a temperatura da auga pode baixar ata os 11 °C, mentres que no verán alcanza os 22 °C aproximadamente. A partir dos 35 ou 40 m de profundidade a temperatura da auga mantense practicamente estable durante todo o ano. Estas temperaturas son infrecuentemente altas dada a rexión xeográfica que ocupa o mar Cantábrico, e débense aos efectos cálidos da corrente do Golfo.

Os fortes ventos do noroeste que sopran sobre el teñen a súa orixe nas baixas presións centradas sobre as Illas Británicas e o mar do Norte en combinación co anticiclón dos Azores. A distancia percorrida polo vento e o mantemento da súa dirección e velocidade constantes fai que se xeren ondas que oscilan entre 2,5 e 3 metros de altura, o que orixina un mar moi axitado. En condicións moi particulares, máis propicias nos meses de abril-maio e setembro-outubro, os ventos do oeste poden alcanzar magnitudes de galerna con ondas que chegan a superar os 9 metros de altura.

A medida que nos aproximamos á costa francesa as augas van sendo máis cálidas. Posúe unha salinidade media do 35%, aínda que este dato varía moito en función do réxime de choivas imperante na zona e a maior ou menor proximidade á costa e/ou desembocadoras de ríos caudalosos. Ten unha significativa amplitude de marea, podendo ser de 4´5 m como máximo, especialmente nas mareas vivas de marzo e é atravesado pola Corrente do Golfo.

Historia

O mar Cantábrico foi bautizado polos romanos no século I a. C. como Cantabricus Oceanus en referencia a un dos pobos que poboaban as súas costas, os cántabros. Noutras citas clásicas máis antigas aparece co nome de Britannicus Oceanus e Gallicus Oceanus. Nas súas costas creáronse asentamentos humanos de tribos de ástures, cántabros, autrigones, caristios e várdulos que fixeron da pesca a súa principal actividade económica, aínda que esta neses tempos primitivos non foi moi importante. Non obstante a presenza de determinados restos arqueolóxicos anteriores á conquista romana, así como investigacións no campo da xenética, demostran a existencia de contactos marítimos máis aló das costas cantábricas. Achados como o do Caldeiro de Cabárceno, similar aos atopados preto de Battersea (Londres) ou en Dublín (Irlanda), parecen evidenciar que existiron intercambios comerciais marítimos polo menos 600 anos antes da chegada dos romanos entre os poboadores da zona norte da Península e os da zona atlántica europea, especialmente cos habitantes das Illas Británicas.

Coa decadencia romana iníciase un período convulso e con escasas fontes historiográficas. Hidacio sinala que cara ao ano 456 d. C. a costa foi devastada por expedicións de hérulos. Durante este período o litoral cantábrico eran costas indefensas fronte ás razzias dos pobos do norte de Europa. Aínda que o mar probablemente se estaría aberto á navegación de cabotaxe, non se ten constancia da existencia de comercio ou intercambios marítimos. Descoñécese se os portos romanos seguían aínda activos, estaban abandonados ou unicamente daban servizo a intercambios locais. Posteriormente rexístrase a primeira chegada dos viquingos á Península Ibérica a través do mar Cantábrico no século IX, que intentaron asaltar e saquear numerosos pobos costeiros aínda que foron derrotados en numerosas ocasións e inicialmente por Ramiro I de Asturias. A pesca converteuse nunha importante actividade económica no mar Cantábrico, especialmente a captura de baleas, hoxe extintas na rexión.

O mar Cantábrico foi considerado tradicionalmente un mare tenebrosum, pechado, perigoso e de difícil tránsito. No entanto, as investigacións arqueolóxicas actualmente cuestionan esta visión. Desde finais do século I d. C., das súas resgardadas baías e enseadas xurdiron asentamentos que co tempo chegaron a ter grande importancia, como demostra o xurdimento da Hermandad de las Cuatro Villas ou das Marismas, federacións de portos que conformaron un poder naval e económico de primeira orde no Arco Atlántico.

Localidades importantes

Principais municipios da beira do mar Cantábrico:

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Tags:

Mar Cantábrico CaracterísticasMar Cantábrico HistoriaMar Cantábrico Localidades importantesMar Cantábrico Galería de imaxesMar Cantábrico NotasMar Cantábrico Véxase taménMar CantábricoBaiona, FranciaCabo OrtegalEspañaFranciaLandesLingua asturianaLingua casteláLingua francesaLingua éuscaraMarOcéano AtlánticoOrganización Hidrográfica InternacionalProvincia da CoruñaRío Adour

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel Jesús González CapónMasturbación coas mamasTeresa García-SabellTina TurnerManuel Curros EnríquezMaría del MonteLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaGame Boy AdvanceMiley CyrusCristiano RonaldoCaralloPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024MarraxoBubelaBieito RubidoMichael JacksonCatherine Zeta-JonesJerry Lee LewisBetanzosMemorias dun neno labregoLobernoTereixa ConstenlaLorbé, Dexo, OleirosRicardo Varela SánchezTaylor SwiftMaría a BalteiraAntonio Muñoz MolinaRonda de NelleAndrés PajaresAbrilBulgariaPratos combinadosLingua galegaSociedad Civil y DemocraciaDonostiaCristina LosadaOrraca de Galicia, Castela e LeónProvincia da CoruñaXosé Ramón Fernández-OxeaMediaWikiLuísa VillaltaXosé Neira VilasElla Baila SolaGalernaTito AsoreyMónica García PérezJavier CamuñasJosé Antonio Rueda CrespoToni KroosGame Boy Advance SPAnxo AngueiraCatedral de Santiago de CompostelaCetáceosÁlex GonzálezIasir ArafatJoselu MatoTom Holland (actor)Soledad PenaltaPegsatTaboadaJordi PujolXHamsterJosé Manuel LageHeviWikipediaNerónRío TíberAlfonso RuedaLista de ríos de GaliciaArredor de siEstadio Municipal de AnoetaRomárioZendayaGhaleb Jaber Ibrahim🡆 More