Blas Cabrera Felipe: Físico español

Blas Cabrera, nado en Arrecife (Lanzarote) o 20 de maio de 1878 e finado en Cidade de México o 1 de maio de 1945, foi un físico español.

Infotaula de personaBlas Cabrera Felipe
Blas Cabrera Felipe: Traxectoria, Cargos, Obras
Biografía
Nacemento20 de maio de 1878 Editar o valor em Wikidata
Arrecife, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de agosto de 1945 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Párkinson Editar o valor em Wikidata)
Q57771833 Traducir
1934 – 1938
← Leonardo Torres QuevedoXosé Casares Gil →
Reitor Universidade Central
1930 –
Blas Cabrera Felipe: Traxectoria, Cargos, Obras Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Director de teseSantiago Ramón y Cajal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica experimental (pt) Traducir e magnetismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Conferencia de Solvay Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJulio Palacios Martínez, Arturo Duperier Vallesa e Tomás Batuecas Marugán Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNicolás Cabrera, Luis Cabrera Sánchez-Real (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJuan Cabrera y Felipe Editar o valor em Wikidata
ParentesMercedes Cabrera (sobriña neta) Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 2131032

Traxectoria

Estudou en La Laguna e na Universidade Central de Madrid, e ocupou diversos cargos en España entre 1925 e 1936. Magnífico físico experimental, desenvolveu a súa meirande actividade no campo das propiedades magnéticas da materia, acadando un posto senlleiro na física do seu tempo. Foi anfitrión de Albert Einstein na súa visita a España no 1923. Tivo como discípulos a Julio Palacios Martínez e Arturo Duperier, con quen enunciou a Lei de Cabrera-Duperier.

Foi socio fundador da Sociedade Española de Física e Química, fundada en 1903 baixo a presidencia de Echegaray. En 1931, foi nomeado reitor da Universidade Central de Madrid. Ese mesmo ano, substituíu a Leonardo Torres Quevedo, que deixara o posto por problemas de saúde, na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O ano seguinte, xunto con científicos como Miguel Catalán Sañudo ou o seu discípulo, Julio Palacios, deulle pulo á creación do Instituto Nacional de Física e Química, tras recibir unha doazón da Fundación Rockefeller. A sede qeudou establecida no chamado edificio Rockefeller na rúa Serrano de Madrid (hoxe é a sede do Instituto de Química-Física Rocasolano, do CSIC).

En 1933 participou na creación da Universidade Internacional de Verán de Santander (actual Universidade Internacional Menéndez Pelayo), sendo nomeado o seu reitor o ano seguinte. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais entre 1934 e 1938.

En 1936, atopábase en Santander, cando estourou a Guerra Civil. Pasou a Francia e dende alí a Madrid. En 1937, o presidente da Oficina Internacional de Pesos e Medidas, Pieter Zeeman, nomeouno secretario da Oficina, cargo que ostentaría entre 1937 e 1941, marchando a vivir a París.

Despois da guerra civil española foi depurado como catedrático polo réxime franquista. Non houbo proceso con posibilidade de contradición, aplicando só unha Orde Ministerial en febreiro de 1939, xunto a outros catedráticos:

... se separa definitivamente por ser pública y notoria la desafección de los catedráticos universitarios que se mencionarán al nuevo régimen implantado en España, no solamente por sus actuaciones en las zonas que han sufrido y en las que sufren la dominación marxista, sino también por su pertinaz política antinacionalista y antiespañola en los tiempos precedentes al Glorioso Movimiento Nacional. La evidencia de sus conductas perniciosas para el país hace totalmente inútiles las garantías procesales que, en otro caso constituyen la condición fundamental en todo enjuiciamiento, y por ello, este Ministerio ha resuelto separar definitivamente del servicio y dar de baja en sus respectivos escalafones a los señores: Luis Jiménez de Asúa, Fernando de los Ríos Urruti, Felipe Sánchez Román y José Castillejo Duarte, catedráticos de Derecho; José Giral Pereira, catedrático de Farmacia; Gustavo Pittaluga Fattorini y Juan Negrín López, catedráticos de Medicina; Blas Cabrera Felipe, catedrático de Ciencias; Julián Besteiro Fernández, José Gaos González Pola y Domingo Barnés Salinas, catedráticos de Filosofía y Letras, todos ellos de la Universidad de Madrid. Pablo Azcárate Flórez, Demófilo de Buen Lozano, Mariano Gómez González y Wenceslao Roces Suárez, catedráticos excedentes de Derecho
Orden del 3 de febrero de 1939, Ministerio de Educación Nacional.

Exilio

Exiliado en México, foi acollido pola Facultade de Ciencias da Universidade Nacional Autónoma de México, onde traballou como Profesor de Física Atómica e de Historia da Física. En 1944 comezou a dirixir a revista Ciencia, editada polos científicos españois exiliados, tras a morte de Ignacio Bolívar. Ese mesmo ano, a Institución Cultural Española de Bos Aires publicou seu último libro, El magnetismo de la materia. Morreu no exilio mexicano en 1945.

O 21 de decembro de 2018 foi rehabilitado, xunto a outros seis científicos, polo goberno español. o que se fixo efectifo o 30 de xaneiro de 2019.

Cargos

Blas Cabrera Felipe: Traxectoria, Cargos, Obras 
Busto de Blas Cabrera no Instituto Cabrera Pinto en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife)

Membro e presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Foi membro da Real Academia Española (onde ocupou a presidencia despois do seu amigo e profesor Santiago Ramón e Cajal), presidente da Sociedade Español de Física e Química, director do Laboratorio de Investigación Física (do Consello de Extensión de Estudos), director do Instituto Nacional de Física e Química, membro estranxeiro da Academia Francesa de Ciencias, membro do Comité Científico das Conferencias Solvay (Bruxelas ), reitor da Universidade Central de Madrid e da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e secretario do Comité Internacional de Pesas e Medidas de París.

Obras

  • La teoría de los magnetones y la magnetoquímica de los compuestos férricos (1912).
  • Principios fundamentales de análisis vectorial en el espacio de tres dimensiones y en el Universo de Minkowski (1912 13).
  • Estado actual de la teoría de los rayos X y Y. Su aplicación al estudio de la estructura de la materia (1915).
  • ¿Qué es la electricidad? (1917).
  • Magnéto-chimie (1918) (en francés).
  • El estado actual de la teoría del magnetismo (1916-1919).
  • Principio de relatividad (1923).
  • Paramagnetismo y estructura del átomo y de la molécula (1923-1927).
  • El átomo y sus propiedades electromagnéticas (1927).
  • Blas Cabrera Felipe: Traxectoria, Cargos, Obras 
    Na conferencia Solvay de 1930
    L'Étude expérimentale du paramagnétisme : Le Magnéton (1931) (en francés).
  • Blas Cabrera Felipe: Traxectoria, Cargos, Obras 
    Na conferencia Solvay 1933
    Electricidad y teoría de la materia (1933).
  • Dia- et paramagnétisme et structure de la matière (1937) (en francés).
  • El atomismo y su evolución (1942).
  • El magnetismo de la materia (1944).

Para saber máis

  • Martínez Navarro, Francisco (2005). Blas Cabrera Felipe. Madrid: Dykinson, Goberno das Canarias. p. 178. ISBN 84-9772-784-3. OCLC 173243678. Consultado o 9 de maio de 2018.
  • Romero de Pablos, Ana (2002). Cabrera, Moles, Rey Pastor. La europeización de la ciencia, un proyecto truncado. Madrid: Nivola.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Blas Cabrera Felipe TraxectoriaBlas Cabrera Felipe CargosBlas Cabrera Felipe ObrasBlas Cabrera Felipe Para saber máisBlas Cabrera Felipe NotasBlas Cabrera Felipe Véxase taménBlas Cabrera Felipe

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesAustraliaNacionalismo galegoMontederramoGotemburgoQuiralidade (química)Villa MediciDobre hélice de ácidos nucleicosMacedaArcade, SoutomaiorMundial de Fútbol de 2014EnemaOsloThe Eyes of the DragonNordés (vento)Luca (filme de 2021)AllarizCornizóMarçal MolinéProxyCangrexo ermitánÁcido caprílicoPirelliRianxoBeadeOpisthocomiformesIlla de NadalAd libitumGlándula suprarrenalSabuguido, Vilariño de ConsoSuorDodecágonoÁlex FidalgoDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyHonoluluRichard SerraRanger 5Eumetopias jubatusAcuario (recipiente)Raquel AtanesConcellos de GaliciaLingua zazakiEnciclopediaLynx rufusViroideComunicación celularProcellariidaeEsteroideADN polimerasePonte de RandeMcLarenSergio Pérez MendozaApodiformesBenz Patent-MotorwagenO Canon da Medicina21 LutetiaLewis HamiltonJoe BidenCuzcoIllas GalápagosAbdul KalamEstrutura secundaria dos ácidos nucleicosAvea comúnGran Premio do Reino Unido de 1989Benito KamelasArubaSistema nervioso somáticoLarry BirdGalipediaDelta do Río das PerlasSan Xoán de RíoAntilope cervicapraKingston, Ontario🡆 More