Historia Da Fí­sica

Desde a antigüidade as diferentes culturas trataron de comprender a natureza e os fenómenos que nela se observan: o paso das estacións, o movemento dos corpos e dos astros etc.

As primeiras explicacións baseáronse en consideracións filosóficas e sen realizar apenas verificacións experimentais. Por isto, algunhas interpretacións erradas, como a feita por Tolomeo - "A Terra está no centro do Universo e ao redor dela viran os astros" - perduraron centos de anos.

Historia Da Fí­sica
"Se logrei ver máis lonxe, foi porque subín a ombreiros de xigantes" – Isaac Newton

No século XVI Galileo foi pioneiro no uso de experimentos para validar as teorí­as da fí­sica. Interesouse no movemento dos astros e dos corpos. Usando o plano inclinado descubriu a lei da inercia da dinámica e co telescopio observou que Xúpiter tiña satélites virando ao seu ao redor.

No século XVII Newton (1687) formulou as leis clásicas da dinámica (Leis de Newton) e a Lei da gravitación universal de Newton.

A partir do século XVIII prodúcese o desenvolvemento doutras disciplinas tales como a termodinámica, a mecánica estatí­stica e a fí­sica de fluídos.

No século XIX prodúcense avances fundamentais en electricidade e magnetismo. En 1855 Maxwell unificou ambos os fenómenos e as respectivas teorí­as vixentes ata entón na Teorí­a electromagnética, descrita a través das Ecuacións de Maxwell. Unha das predicións desta teorí­a é que a luz é unha onda electromagnética. A finais deste século prodúcense os primeiros descubrimentos sobre radioactividade dando comezo o campo da fí­sica nuclear. En 1897 Thomson descubriu o electrón.

Durante o século XX a Fí­sica desenvólvese plenamente. En 1904 propúxose o primeiro modelo do átomo. En 1905 Einstein formulou a Teorí­a da Relatividade especial, aque coincide coas Leis de Newton cando os fenómenos se desenvolven a velocidades pequenas comparadas coa velocidade da luz. En 1915 Einstein estendeu a Teorí­a da Relatividade especial formulando a Teorí­a da Relatividad xeral, a cal substitúe á Lei da gravitacionn de Newton e compréndea nos casos de masas pequenas. Planck, Einstein, Bohr e outros desenvolveron a Teorí­a cuántica a fin de explicar resultados experimentais anómalos sobre a radiación dos corpos. En 1911 Rutherford deduciu a existencia dun núcleo atómico cargado positivamente a partir de experiencias de dispersión de partí­culas. En 1925 Heisenberg e en 1926 Schrödinger e Dirac formularon a Mecánica cuántica, que comprende as teorí­as cuánticas precedentes e fornece as ferramentas teóricas para a Fí­sica da materia condensada. Posteriormente formulouse a Teorí­a cuántica de campos para estender a Mecánica cuántica de xeito consistente coa Teorí­a da Relatividade especial, acadando a súa forma moderna a finais dos 1940s grazas ao traballo de Feynman, Schwinger, Tomonaga e Dyson, quen formularon a Teorí­a da Electrodinámica cuántica. Así mesmo, esta teorí­a forneceuu as bases para o desenvolvemento da Fí­sica de partí­culas. En 1954 Yang e Mills desenvolveron as bases do Modelo estándar. Este modelo completouse nos anos 1970 e con el foi posible predicir as propiedades de partí­culas non observadas previamente pero que foron descubertas sucesivamente sendo a última delas o quark top. Na actualidade o modelo estándar describe todas as partí­culas elementais observadas así­ como a natureza da súa interacción.

Notas

Tags:

AstroEstacións do anoFilosofíaTerraTolomeoUniverso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

St. LouisSahelCinema pornográficoSábado SantoElemento nuclear intercalado longoCrónica troianaPaís VascoLeirón rabudoADN ZLobeiraPrimeira guerra mundialPlayoffs NBA 2021CidadeEstados Unidos de AméricaÁcido láuricoMediana (xeometría)LanosterolConcellos de GaliciaOlaría da Grecia antigaKevin LoveBalea vascaSangueStephen Blair HedgesToledoVienaAir AustralGalileo GalileiCarlito syrichtaWikipediaGuerra civil rusaRevolución Rusa de 1917Xunta de GaliciaO Canon da MedicinaDryophytes versicolorNova ZelandiaOpisthocomiformesMukhannathunFariseoQuiralidade (química)ArmeniaNorth American Racing TeamCristianismo e homosexualidadeGrafenoCaralloÁreas lingüísticas do galegoAncaraIllas GalápagosAletaSabuguido, Vilariño de ConsoTerceira dinastía de ExiptoLista das aves de GaliciaPietro BadoglioÁcido sapiénicoEnantiornithesRubén RiveraCetoacidoseÁcido caprílicoRoko (actriz)Giotto di BondoneSauber F1Cangrexo ermitánEd O'BrienViktoryja AzarankaGran Premio de Singapur de 2018Pobo xudeuLingua xeorxianaAntonio BanderasMullerLingua coreanaRenacemento carolinxioJulio IglesiasCaldeirónPorto da LúaViroideVirus de ARNInternational Statistical Classification of Diseases and Related Health ProblemsCitharus linguatula🡆 More