Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo (Galez, Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922, foi un político e escritor galego.
Foi fundador da Real Academia Galega, cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, e deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1848 Asperelo, España |
Morte | 8 de maio de 1922 (74 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | Escritor, historiador, político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Fillo de Antonio Fernández Valdivia e Luisa Alonso, en 1862 ingresou no seminario conciliar de Ourense, onde estudou un ano de humanidades, tres de filosofía e dous de grego, até 1867. Antes estudara catro anos de latín e gramática latina cun veciño de Lobios. Deixou a carreira sacerdotal ("Prefiero ser un mal paisano que un mal cura"), dixo para exercer de profesor en San Paio de Arauxo (Lobios), onde só exerceu un ano, e posteriormente abriu unha tenda de panos na praza maior de Ourense. Alí coñeceu os intelectuais da época con quen se relacionou e colaborou até o punto de formar parte do grupo de Marcelo Macías de redactores do Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense.
Asperelo en donde como ráfaga de viento vi deslizar mis años infantilesEl río Limia y sus contornos, 1879.
Erudito para o seu tempo, investigador, historiador, político, escritor, comerciante, articulista e cronista da cidade de Ourense, tamén foi:
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
No ano 2016 a Deputación de Ourense mercou a súa biblioteca con máis de mil títulos á súa propietaria, Elisa Tejada, por 65.000 €. A biblioteca inclúe 17 manuscritos do autor con exemplares únicos de O Tío Marcos d'a Portela e o Álbum Literario, ademais de 46 cabeceiras de diarios da provincia de Ourense.
Entre os seus biógrafos destaca Carmen Barbosa Lorenzo (Ourense 1965) que publicou a súa biografía máis extensa en 1995.
O Concello de Entrimo adicoulle unha praza na aldea da Feira Vella, próxima ao lugar de nacemento do autor.
Como escritor a súa produción bibliográfica é reducida xa que colaborou máis como articulista. A obra publicada está en castelán e aínda está por recompilarse a súa obra en galego.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Fernández Alonso |
Predecesor: - | Cronista da provincia de Ourense 1890 - 1922 | Sucesor: - |
Predecesor: Eugenio Marquina Álvarez | Cronista da cidade de Ourense 1915 - 1922 | Sucesor: Emilio Vázquez Pardo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Benito Fernández Alonso, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.