Cemiterio De San Francisco De Ourense: Cemiterio da cidade de Ourense

7°51′37″O / 42.336308, -7.860248

O Cemiterio de San Francisco é un dos tres camposantos da cidade de Ourense, xunto co de Santiago das Caldas (do antigo concello de Canedo) e o de Santa Mariña. No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento.

Cemiterio De San Francisco De Ourense: Historia, Persoeiros inhumados, Galería de imaxes

Historia

Cemiterio De San Francisco De Ourense: Historia, Persoeiros inhumados, Galería de imaxes 
Plano no Decreto 31/2000, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de monumento.

Durante a Idade Media e o Antigo Réxime as persoas mortas adoitaban ser soterradas no interior das igrexas ou en camposantos arredor delas, como a Praza da Magdalena. A Real Orde do 30 de xuño de 1814 establecía, por motivos de salubridade, a construción de cemiterios fóra dos núcleos urbanos. En 1822 o convento de San Francisco de Ourense cedeu uns terreos a carón o lado do seu convento, a carón doutro mercado polo Concello no mesmo ano á marquesa viúva de Bóveda de Limia. Este terreo formaba parte dunha viña que pertencera en 1665 a Benito de Lemos Bolaño, rexedor de Ourense e dono do pazo de Piñor, herdada por José Noguerol do seu avó o escribán Diego Sánchez Cid Herrera, casado con María Feijoo, filla do primeiro matrimonio da avoa de don Benito de Lemos. Diego Sánchez Cid Herrera e María Feijoo foron soterrados na igrexa do convento de San Francisco, trasladada no século XIX a carón do parque de San Lázaro logo da desamortización.

O cemiterio foi inaugurado o 9 de maio de 1834, coa bendición do terreo por parte do bispo Dámaso Egidio Iglesias Lago. En 1887 o Concello construíu un cemiterio laico para acoller as persoas non católicas, principalmente protestantes e ateas. No século XX o espazo foi ampliado cara ao leste en dirección á zona de Montealegre.

No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural polo seu patrimonio monumental, histórico e artístico. Existen lápidas, panteóns e mausoleos deseñados polos escultores Francisco Piñeiro Reigosa, o seu fillo Daniel Piñeiro, Manuel Malingre Parmentier, Victorio Macho, Antón Faílde Gago, Nicanor Carballo Garrido, Francisco Planás, Aniceto Justo Rodríguez, Felipe Oñate Castro ou o marmorista José Taboada González.

O cemiterio ten unha Asociación de Amigos, da que foi presidente de honra o poeta José Ángel Valente, soterrado no propio cemiterio desde o seu falecemento no ano 2000.

Persoeiros inhumados

Algúns persoeiros enterrados no camposanto:

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • O cemiterio de San Francisco. Concello de Ourense.

Ligazóns externas

Tags:

Cemiterio De San Francisco De Ourense HistoriaCemiterio De San Francisco De Ourense Persoeiros inhumadosCemiterio De San Francisco De Ourense Galería de imaxesCemiterio De San Francisco De Ourense NotasCemiterio De San Francisco De Ourense Véxase taménCemiterio De San Francisco De OurenseCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bufo realBelgradoYorgos LanthimosADN mitocondrialArolaPonte das PíasEtanolNoelia ReyRetorno a Tagen AtaRadiación adaptativaCloroformoLepraÁcido nonadecanoicoTranscrición xenéticaCitharus linguatulaAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkJudy CollinsPalenciaHoratio NelsonAtaque de denegación de servizoKenneth III de EscociaSegunda República EspañolaXinzo de LimiaÁlvaro SolerCryptosporidiumTeoría de númerosLuleåCabassous unicinctusLuís Pérez BarralTransportador mitocondrialMarjorie Emory SimpsonEudoxo de CnidoÁcido heptatriacontanoicoSanta Lucía, CaribeColombiaCOVID-19Dryophytes versicolorHistoria da ChinaOrixe das avesFrank SinatraFoca comúnGiotto di BondoneARN mensaxeiroADN BPericarditeGrafenoEnantiornithesTorrada (doce)BadalonaCidadeMosteiro de Santa María de OseiraBacaladaPristiophoridaeMasideViroidePegaCelastrina argiolusAceite de palmaBacillus thuringiensisCastrelo do ValPonte de RandeReggaeRosario Porto OrtegaAtún listadoCanle (comunicación)Gran Premio do Reino Unido de 1989Dobre héliceTergoCONCACAFBrandeburgoGalloanseraeSuorStephen Blair HedgesMela CasalMundial de Fútbol de 2022🡆 More