Bandeira De Groenlandia

A bandeira de Groenlandia (groenlandés: Kalaallit erfalasuat, dinamarqués: Grønlands flag) é un dos símbolos oficiais de Groenlandia, e foi deseñada polo nativo groenlandés Thue Christiansen.

Represéntanse nela dúas bandas horizontais branca (enriba) e vermella, cun grande disco levemente movido a pouco do centro. A parte superior do disco é vermella, e a inferior branca. A bandeira enteira mide 12 por 18 partes; cada banda mide 6 partes; o disco é dun diámetro de oito partes, horizontalmente desviado 7 partes respecto ó centro, e centrado verticalmente.

Bandeira de Groenlandia
Bandeira de Groenlandia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1 de maio de 1989
Cores     Vermello      Branco

O seu nome local en groenlandés é Erfalasorput, que significa "a nosa bandeira", pero Aappalaartoq (que significa "a vermella") é tamén empregada, tanto para a bandeira danesa como para a bandeira groenlandesa. Hoxe en día os groenlandeses colocan tanto a Erfalasorput como a Dannebrog, usualmente a carón unha da outra.

Groenlandia tivo a idea dunha bandeira propia por vez primeira en 1973 cando cinco groenlandeses propuxeron unha bandeira verde, azul e branca. Ó ano seguinte, un xornal solicitou once propostas de deseño (todas pero que unha fose unha cruz nórdica) e preguntoulle á xente para ver cal era a máis popular. A Dannebrog foi a preferida pola gran maioría. De pouco valeu ese esforzo.

Historia

En 1978, Dinamarca deulle o autogoberno a Groenlandia, facendo dela un membro en pleno dereito do Reino de Dinamarca. O goberno autónomo fixo unha chamada oficial para propostas de bandeiras, recibindo 555 (das cales 293 foron enviadas por groenlandeses). O comité encargado de tomar a decisión non atopou consenso e fíxose unha nova chamada. Finalmente a actual bandeira deseñada por Christiansen gañou por unha estreita marxe a unha bandeira branca e verde coa cruz nórdica con 14 votos fronte a 11. A bandeira de Christiansen foi adoptada oficialmente o 21 de xuño de 1985.

En honor ó décimo aniversario da Erfalasorput, a Oficina de Correos de Groenlandia lanzou selos conmemorativos e un folleto do seu autor. El describiu a banda branca representando os glaciares e a capa de xeo, que cobre máis do 80% da illa; a banda vermella, o océano; o semicírculo vermello, o sol, coa súa parte de abaixo afundida no océano; e o semicírculo branco, os icebergs e placas de xeo. O deseño lembra tamén a unha posta de sol.

Outras propostas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Bandeira De Groenlandia HistoriaBandeira De Groenlandia Outras propostasBandeira De Groenlandia NotasBandeira De Groenlandia Véxase taménBandeira De GroenlandiaGroenlandiaLingua dinamarquesaLingua groenlandesa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Áreas lingüísticas do galegoSuraO Vintecatro, Oeste, CatoiraNarónJavier GutiérrezArcadi EspadaForcareiA Sexta AngustiaPolítico, políticaBugalloAna AcuñaMamen MendizábalÁlex FidalgoEscherichia coliMaría RamalloBenito KamelasIndiaShinovaDiocese católica latina de Mondoñedo-FerrolGheadaRefraneiro galego sobre o viñoRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)Séculos EscurosÑDavid PerdomoLista de nomes femininos en galegoLaura Gómez-LacuevaAlberto Núñez FeijóoVladimir PutinEstados Unidos de AméricaFC Bayern MünchenCódice CalixtinoManuel MaríaOrdenadorEnciclopediaKay PachaGarfieldBurgosGuerra civil españolaO Barco de ValdeorrasÁ lus do candilO divino saineteCaliforniaÓpera de SydneyInés ReyFátima IglesiasBetanzosUnión Deportiva OurenseValentín García GómezJunts per Catalunya (partido político)O Pedrouzo, Arca, O PinoLagarto arnalCatarina de SienaA crueldade de abrilYongzhouManuel Curros EnríquezCandorcaUnión EuropeaC (linguaxe de programación)Magnitude aparenteRuxe RuxeRimaCandela PeñaSunnismoRacing Club de FerrolCidade do VaticanoLista das canles de YouTube máis subscritasMetro-Goldwyn-MayerTelevisión de GaliciaFragas do EumeAnxos SumaiAndy da FonteCamila BossaPene🡆 More