Baía Falsa

18°38.4′L / -34.21983, -18.6400

A Baía Falsa (en afrikaans: Valsbaai, en inglés: False Bay), ou Golfo dentro das Serras, é unha superficie de auga situada entre a península do Cabo, ao oeste, e o cabo Hangklip (en neerlandés, "pedra de pendurar") ao leste.

Baía Falsa
Vista parcial da Baía Falsa

Descrición e localización

As costas leste e oeste da baía son bastante rochosas, mesmo montañosas; a costa norte está constituída por unha praia areosa bastante longa e de declive suave. Este perímetro norte é o inicio da zona coñecida como Baixas do Cabo, bastante urbanizada debido á proximidade do centro da Cidade do Cabo. A baía ten unha lonxitude máxima de 30 quilómetros.

Historia do nome

A baía foi descuberta polo portugués Bartolomeu Dias en 1488, que a chamou "o golfo entre montanhas". Logo, na época da colonización, os mariñeiros confundírona coa baía da Mesa (Table Bay, en inglés) situada máis ao note, ao bordo da cal foi fundada a Cidade do Cabo. De feito, para o retorno dos mariñeiros do leste, incluíndo as Indias Orientais Neerlandesas, a forma do cabo Hangklip é máis ou menos similar ao da punta do Cabo, un promontorio situado cerca do cabo da Boa Esperanza. Desta confusión naceu o actual nome de baía Falsa, é dicir, a False Bay.

Baía Falsa 
Vista de satélite da rexión do Cabo da Boa Esperanza; en primeiro plano a península do Cabo, e a baía Falsa detrás del.

Notas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

San Paio de Abeleda, Castro CaldelasVómito (grupo musical)LugoPrefectura de GifuSolace (filme de 2015)Antón LouroFauna de GaliciaPPorqueiraLista de concellos de OurenseMHadriánCampionato de España de segunda categoríaA Star Is Born (filme de 2018)CercedaEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Álvaro Muñizd91jvAs Pontes de García RodríguezBenigno Lago EstévezÁlvaro CunqueiroPilar BahamondeSardiñaVerínBidueiroPaco LodeiroO Barco de ValdeorrasCatedral de Santiago de Compostela36FentoBeatriz DouradoGondar, SanxenxoPosición do misioneiro invertidaJohn HerschelRede neural artificialTamar NovasAlfonso LáuzaraDiego AnidoOhioAlfonso MolinaA Pedreira, Leiro, RianxoFoliadaA Cure for WellnessFragas do Eume1Lenda das SereasJosé Manuel Rodríguez PuenteJohn HughesMichelle PfeifferGran Premio de Acerbaixán de 2023Toubes, A PeroxaEvaristo CalvoParque Nacional das Illas AtlánticasPosición do canEvelina HervellaAbel LosadaHomosexualidadeLareiraValentín Alfonsín SomozaMitoloxía galegaEstatua de Che Guevara en OleirosCastros da provincia da CoruñaOs AtlánticosEl LuísDinahostingPepe CarballudeManuel Taboada VigoElizabeth DuvalApp Store (iOS)Premios da Cultura Galega🡆 More