Autarquía

A autarquía (ambas as dúas do grego αὐτάρκεια) ou autosuficiencia é a condición das persoas, lugares, mecanismos, sociedades, sistemas industriais ou nacións que non necesitan ou que rexeitan toda axuda externa, apoio, ou (en casos máis extremos) interaccións de calquera tipo; trátase pois dunha forma extrema de autonomía tendente ao ostracismo ou illamento.

Definición xeral

Referido aos individuos e aos grupos, o termo aplícase a formas máis limitadas de autosuficiencia, como cultivar un estilo de vida no cal a persoa se desliga do sistema social no que está inmersa para satisfacer as súas necesidades básicas. Como medios para unha supervivencia autosuficiente os individuos e os grupos humanos van dende, por exemplo, producir os seus propios alimentos, até condicións máis radicais, como excluírse dos demais. Unha comunidade autárquica é aquela cunha economía pechada aos intercambios con axentes alleos a esta, onde se produza o suficiente para abastecerse, tal situación pode darse en organizacións pouco complexas.

No caso dos Estados, a autosuficiencia implica configurarse economicamente independentes da axuda (humanitaria, técnica, en pos de máis desenvolvemento etc.) que poden ofrecerlle outros Estados, vía subsidios, crédito externo ou subvencións; é propia dalgúns Estados na súa fase inicial de capitalismo. No caso das entidades políticas centrais (os países independentes), a autosuficiencia concrétase cando se evita solicitar préstamos a organizacións internacionais coma o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial, entre outras institucións financeiras, e resistíndose a poñer en funcionamento as súas políticas.

No espectro político a autarquía como ideal social vincúlase ao programa político do fascismo (véxase: corporativismo). Está vinculado tradicionalmente a formas extremas de nacionalismo e socialismo e máis recentemente a formas extremistas de comunitarismo e ecoloxismo (véxase: antiglobalización).

A autarquía como ideal filosófico

Na Antiga Grecia varias correntes filosóficas viron na autarquía un ideal de vida. Para as escolas cínica, estoica, epicúrea e cirenaica, a autarquía é a situación propia do sabio, que se basta a si mesmo para ser feliz, pois non necesita para iso outra cousa que o exercicio da virtude.

Autarquía no Dereito

No dereito administrativo, a autarquía é a forma de descentralización administrativa que permite o goberno en por si no administrativo, personalidade xurídica e patrimonio propio, e ademais unha finalidade pública nas súas funcións; é característica do ente autárquico. Segundo o dereito constitucional é a capacidade de autoadministrarse ou autogobernarse, pero conforme a estatutos orgánicos provenientes dun poder superior. Os conceptos de autonomía e autarquía, para adquirir precisión, deben estar necesariamente referidos a un sistema xurídico-político determinado, xa que existen diferenza de matices.

Autarquía na política

En política un réxime autárquico é aquela política económica que propugna o autoabastecemento limitando ao mínimo as importacións.

Autarquía en economía

Sistema económico segundo o cal unha nación debe ser capaz de abastecerse a si mesma e subvenir a todas as súas necesidades cun mínimo de intercambios comerciais co exterior e rexeitando os capitais estranxeiros. É sinónimo de economía pechada ao comercio exterior ou ao mercado global, o que leva establecer restricións ao intercambio entre individuos de distintos sitios.

A Alemaña de Hitler é un dos mellores exemplos de autarquía económica, con vistas a reducir ao mínimo a dependencia co exterior; foron mobilizadas todas as forzas económicas da nación co fin de producir as materias primas e os produtos agrícolas indispensables e limitar ao máximo o consumo de produtos estranxeiros, á conta de substituír produtos de primeira necesidade por outros sintéticos. Tratábase de evitar os problemas que xurdiron na Alemaña da primeira guerra mundial cando os británicos bloquearon a maior parte de importacións do país.

Así mesmo, dentro do franquismo, o período que vai desde 1939 a 1959 caracterizouse por unha autarquía económica.

Estados ostracistas como Corea do Norte ou a Albania socialista practicaron a autarquía económica motivados polo stalinismo da súa ideoloxía de Estado.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Autarquía Definición xeralAutarquía A autarquía como ideal filosóficoAutarquía no DereitoAutarquía na políticaAutarquía en economíaAutarquía Véxase taménAutarquíaAutonomíaOstracismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ChadHaile GebrselassieNADPHProxyEdgar de WahlDonicelaÁcido cápricoÁcido heptatriacontanoicoVilar de BarrioFauna de GaliciaLanosterolTartaruga xigante das GalápagosNacionalismo galegoPrimeira guerra mundialLeicesterFundación WikimediaMúsicaGran Premio de Singapur de 2018SionismoCanle (enxeñaría)BudapestEscitasLazaÁcido graxoJuan PardoCristina TapiasInés ArrimadasToni AcostaAmazonFuso horarioNatureza mortaPimpíns de DarwinTeixugoArtigo (gramática)Timothée ChalametWilliam Smith (lexicógrafo)PalenciaNoruegaBorschTorrada (doce)ARN mensaxeiroPortugalSemana SantaGran Premio de Australia de 2018Distritos de PortugalCarballeda de ValdeorrasCosworthTeatro de EpidauroMacedaPigmento biolóxicoPortadaLinguas altaicasCoelloNordés (vento)Historia da ChinaMontederramoCastro de BorneiroLocativoGalipediaBen-Hur (filme de 1959)Dinastía MingWalt WhitmanOlaría da Grecia antigaPremios Mestre MateoWorld Trade Center (1973–2001)Martin ScorseseChipreFermentaciónArroazPobo xudeuEster ExpósitoNicho ecolóxicoDon't ask, don't tellSahel🡆 More