Provincia Romana Asiria: Provincia romana

Asiria (/əˈsɪəriə/) foi unha provincia romana que durou só dous anos (116–118 d.C.).

Modelo:Xeografía políticaAsiria
Imaxe

Localización
Provincia Romana Asiria: Historia, Localización, Máis actividade romana en Mesopotamia Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación116 Editar o valor em Wikidata
Disolución118 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porPartos Editar o valor em Wikidata

Historia

Segundo Eutropio e Festo, historiadores da segunda metade do século IV, nun momento no que o emperador romano Traxano era percibido como "un valioso paradigma para os acontecementos e figuras contemporáneas", escribiu baixo a dirección do Emperador Valente, Asiria era unha das tres provincias romanas (con Armenia e Mesopotamia creada por Traxano no ano 116 logo dunha exitosa campaña militar contra Partia que nese ano o viu cruzar o río Tigris desde Mesopotamia e tomar posesión, a pesar de resistencia, do territorio de Adiabene e despois marchar cara ao sur ata a capital de Partia de Seleucia-Ctesiphon e cara a Babilonia. Hai evidencias numismáticas para as provincias traxanas de Armenia e Mesopotamia, pero ningunha para a de Asiria, cuxa existencia é cuestionada por C.S. Lightfoot e F. Miller.

A pesar da vitoria militar de Roma, a conquista de Traxano do 116 estivo chea de dificultades. Dende o principio, un príncipe de Partia chamado Santruces organizou unha revolta armada dos pobos nativos, durante a cal as guarnicións romanas foron expulsadas dos seus postos e un xeneral romano foi asasinado cando as súas tropas intentaron deter a rebelión. Traxano venceu a revolta, capturando e queimando Seleucia e Edesa, e ata estableceu un rei monicreque partio. Pero despois, durante a súa viaxe de regreso a casa, caeu doente e morreu o 8 de agosto do 117.

O sucesor de Traxano, Adriano, aplicou unha nova política con respecto aos territorios recentemente conquistados no leste. Crendo que se sobre extendía o imperio romano, retirouse a fronteiras máis doadamente defendibles. Deixou inacabado o traballo de vencer aos partos, porque viu que esixiría un aumento excesivo do gasto militar. Enviou ao monarca monicreque a outro lugar e restaurou ao antigo gobernante as terras ao leste do Éufrates, xunto coa súa filla que fora capturada, preferindo vivir con el en paz e amizade.

Localización

Os historiadores do século IV Eutropio e Festo asumen que a suposta provincia romana de Asiria estaba situada ao leste do Tigris e polo tanto fóra de Mesopotamia.

Theodor Mommsen escribiu que estaba situada ao norte da provincia romana de Mesopotamia, na Mesopotamia Superior, estendéndose cara ao oeste de Persia (nunha zona chamada Media Atropatene) no que agora é o noroeste de Irán.[Cómpre referencia]

Pero algúns eruditos modernos argumentan que a Provincia de Asiria estaba situada entre os ríos Tigris e Éufrates, no actual Iraq central, un lugar que é corroborado polo texto do século IV do historiador romano Festo. Con todo, outras fontes afirman que a provincia estaba situada preto de Armenia e ao leste do Tigris, nunha rexión anteriormente coñecida como Adiabene, que era un reino neo-asirio.[Cómpre referencia]

Máis actividade romana en Mesopotamia

A retirada de Adriano no 118 non marcou o fin do dominio romano en Mesopotamia. Unha segunda campaña Partia lanzouse desde o 161 ao 165 baixo o mando de Lucio Vero, co exército romano unha vez máis conquistando o territorio ao leste do Éufrates. Roma seguiu unha acción militar contra os partos de novo no 197-8 baixo o mando do emperador Septimio Severo.

Trala súa exitosa campaña, Septimio Severo instituíu dúas novas provincias romanas: Mesopotamia e Osroene, un reino Neo-Assirio[Cómpre referencia] ou, de acordo con Matthew Bunson, un reino que comezou só no século II a.C., centrado en Edesa. Tamén estacionou dúas lexións romanas nas novas provincias para asegurar a estabilidade e previr contra os ataques primeiro dos partos, e máis tarde dos sasánidas. A influencia romana na rexión acabou baixo Xoviano no 363, que abandonou a rexión tras firmar un apresurado acordo de paz cos Sasánidas e retirándose a Constantinopla para consolidar o seu poder político.

A pesar da continua actividade romana na rexión, non se fai ningunha referencia a unha provincia romana de Asiria tras a evacuación de Adriano np 118 Cando Septimio Severo creou as provincias de Osroene e Mesopotamia a finais do século II, non se fai ningunha mención dunha provincia romana de Asiria.

O historiador romano Amiano Marcelino (c. 330 - c. 391) di que o distrito de Adiabene cham´base anteriormente Asiria, sen ningunha indicación de que algunha vez fora unha provincia romana. Di que Asiria foi a máis próxima de Roma das principais provincias persas e que na súa época era coñecida por un único nome, aínda que anteriormente estaba dividida entre varios pobos e tribos. Enumera entre as cidades de asiria Babilonia, Seleucia e Ctesifonte. Fala do Emperador Xuliano como, na súa campaña contra o Imperio Sasánida, atacando aos asirios pouco antes de cruzar o río Éufrates en Osroene, vivindo preto do Éufrates ao sur de Carrhae,

Así, parece que a provincia de Asiria só existiu durante o reinado de Traxano. A área xeral coincidiu coa antiga Asiria; con todo, os Medos, os persas aqueménidas, os gregos seléucidas, os sasánidas e os partos tiñan nomes semellantes para a área (Ashur, Athura, Assuristan).

O pobo asirio da rexión xa comezara a adoptar o cristianismo na época de Traxano, e aínda conservou o acadio fundido co arameo oriental como lingua falada e literaria, como o fan hoxe.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Provincia Romana Asiria HistoriaProvincia Romana Asiria LocalizaciónProvincia Romana Asiria Máis actividade romana en MesopotamiaProvincia Romana Asiria NotasProvincia Romana Asiria Véxase taménProvincia Romana AsiriaAxuda:AFI para o inglésProvincia romana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

V7NigránAntonio Muñoz MolinaJArzúaNomenclatura binomialQue me queres, amor?GuamJanica KostelićJosé Yáñez GarcíaAdiós, MaríaEucaliptoIsmael RamosBubelad91jvProvincia de LeónSaga da FundaciónVíctor DupláPena Verde, Rebordondo, CualedroBakúRoberto Tojeiro DíazPablo López Jiménez36Longa noite de pedraParadigmas dos verbos irregulares galegosAlternativa por ArzúaÁreas sanitarias de GaliciaTerra GalegaXunta de GaliciaCaldas de ReisJosé Manuel LageGatoFauna de GaliciaLinuxCágadoEleccións municipais en CamariñasXabier DeiveSabugueiroIrene GonzálezAlfabeto galegoAnxo Xoán Rajó PazóGrupo RompenteAlmorzoFamilia CaamagnoManuel Lourenzo GonzálezHMoinanteApp Store (iOS)IraqGalipediaColocación do pronome átono en galegoPíntega comúnDominic ThiemJoseba ApaolazaO Carregal, Valadares, VigoOs Ánxeles1 de abrilEsgonzo comúnNPartido Comunista dos Traballadores de EspañaMuxíaSoutomaiorProvincia da CoruñaRequiarioVila de CrucesSolace (filme de 2015)Asa ga KuruCoalición GalegaProxyEsparragueira🡆 More