Antonio Quintela Ferreiro: Mestre, escrior e xornalista galego

Antonio José Quintela Ferreiro, nado en Lugo o 22 de maio de 1912, foi un mestre, escritor e xornalista galego.

Infotaula de personaAntonio Quintela Ferreiro
Antonio Quintela Ferreiro: Traxectoria, Obras, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata (111 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsLuís Quintela Ferreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Era fillo de Francisco Quintela Pallín e Aurora Ferreiro Varela, e irmán do tamén escritor Luís Quintela Ferreiro. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Foi nomeado mestre interino de Mourence en 1930. Mestre na escola creada pola Liga Santaballesa en Santaballa (1932-1936) na que editaba o xornal infantil Antorcha (1934-1936), e na que tamén impartía leccións de Dereito e Economía. Colaborou en El Progreso, Vida Gallega, El Momento e Faro Villalbés do que foi director entre febreiro e xuño de 1936. Foi autor de varias pezas teatrais para representación escolar e escribiu un libro de poemas e a novela Lucha, que apareceu en 1936.

Directivo de Izquierda Republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 30 de agosto, saíndo en liberdade o 5 de setembro. Trasladado á escola de Bagueixos (Tirimol, Lugo), foi expedientado e sancionado por responsabilidades políticas. Combateu no exército sublevado como alférez provisional de Infantaría, destinado na Quinta División, pasando en agosto de 1938 ao cuarto Batallón do Rexemento de Infantaría Zamora número 29. En febreiro de 1940 foi destinado como oficial a Caixa de Recruta número 64 de Lugo, e en maio dese ano foi nomeado mestre de Mosteiro en Palas de Rei pola Xunta provincial de Primeiro Ensino de Lugo. Sometido a expediente de depuración, foi confirmado no cargo de mestre de Feiranova en 1941. En 1943 trasladouse a Barcelona destinado ao Grupo Escolar Reyes Católicos. En Barcelona estudou Filosofía e Letras. Estivo vinculado ao Centro Galego de Barcelona e colaborou en Alborada. Pasou ao Grupo Escolar Víctor Pradera e en 1961 trasladouse a Massamagrell (Valencia). Despois da guerra publicou varias novelas.

Obras

  • Ensayos poéticos, 1930.
  • Lucha, 1936.
  • Espíritu y carne, 1939.
  • El enigma de un muerto, 1944.
  • La diosa del bosque, 1944.
  • Exámenes de Amor, 1950.
  • Matrimonio urgente, 1955.
  • Cumbres amorosas, 1958.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Antonio Quintela Ferreiro TraxectoriaAntonio Quintela Ferreiro ObrasAntonio Quintela Ferreiro NotasAntonio Quintela Ferreiro Véxase taménAntonio Quintela Ferreiro191222 de maioLugoPobo galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BolboretaAvelaíñaReino dos Países BaixosII milenio a. C.A Pobra do BrollónRuxe RuxeEvaporaciónCinema pornográficoBoiroNordés (vento)RibadaviaBorja VereaRafael NadalWLista de castelos de PortugalAcerbaixánPobo taxico6Aguiño, RibeiraTraxe galegoMoucho de TengmalmPiñor, BarbadásSource CodeRally de OurenseRinoceronte de DürerMentrasteEstatua de Che Guevara en OleirosV de Vendetta (filme)O comparativo galegoOrosoCastro de BaroñaREC (filme)LaosFito PáezAxoloteRevolución IndustrialAlyson HanniganSirventésMiniAmy WinehouseBarbadás, BarbadásCastrelos, Leira, Ordes7Arturo Fernández (xornalista)Escribenta comúnClaudio Garrido MartínezO detective ConanMonterrosoPau DonésBeat ItQueiroaCatarina de SienaGalego-portuguésElena CandiaUnión Club CeeDía da NaiGameCubeManuel González González (músico)Repertorio musicalMy Stepmother Is An AlienGala Murguía de CastroXan XovePoríferosMako MermaidsRelación de aspectoWii UMedia aritméticaICarlyCelso Emilio FerreiroRealiaRenacementoPaís VascoNegueira de MuñizRías de Galicia.onion🡆 More