Antergos

Antergos é unha distribución de Linux baseada en Arch Linux de actualización continua (rolling release) e coa súa orixe galega.

Emprega o ambiente de escritorio GNOME 3 por defecto mais pode instalarse con Cinnamon, MATE, KDE Plasma 5 e Xfce.

Antergos
Antergos
DesenvolvedorAlexandre Filgueira e a comunidade Antergos
Familia de S.O.Linux
Lanzamento5 de xullo de 2012
En galegoSi
Espazo de usuarioGNOME 3 (entre outros)
Modelo de desenvolvementoCódigo aberto
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaGPL e outras
Última versión estable17.7 (actualización continua) 09/07/2017
Estado actualEn desenvolvemento
Precedido porArch Linux
Sitio webwww.antergos.com

Liberouse en 2012 como Cinnarch e pasou a chamarse Antergos en edicións de 2013. En 2017 foi das dez distribución máis populares.

O nome da distribución provén da palabra galega "antergos".

Historia e fitos de desenvolvemento

Antergos 
Menú de Antergos

O seu desenvolvemento comezouno Alexandre Filgueira estudando na Universidade da Coruña no 2012. Tiña empregado a ferramenta archiso para editar Arch Linux coas súas configuración habitual. Con Archboot foi creando un instalador gráfico para a súa edición da distribución. Como viu que as súas primeiras edicións de Arch Linux, que tiñan o fork de GNOME Cinammon, non tiñan outra distribución similar, o 5 de xullo de 2015 decidiu publicar e difundir nos medios de Arch Linux a súa edición, que denominou Cinnarch. Empregábase Cinnamon como alternativa a GNOME 3. A súa variante da distribución e comezou a popularizarse en Distrowatch. En breve uniuse ao desenvolvemento Gustau Castells e comezaron a incluír máis alternativas de ambientes de escritorio. En abril de 2013 mudaron de Cinnamon a GNOME 3.6, pola dificultade de continuar mantendo Cinnamon e avances no desenvolvemento de GNOME 3.

O 12 de maio de 2013 publicaron unha nova versión da súa distribución e como xa non só incluía Cinnamon, renomeárona a Antergos.

Antergos colabora con Numix, un proxecto para a edición do tema Numix-Frost e iconas Numix-Square, desde a versión 2014.05.26 para cambiar o seu aspecto visual.

Desde marzo de 2015 Antergos conta cunha edición mínima, "Antergos Minimal ISO", que só inclúe os compoñentes esenciais para o instalador.

Características

Os paquetes de Antergos xestiónanse con Pacman e cun instalador gráfico e ten a súa interface de instalación propia. Para instalacións, conta cos repositorios de Arch, "Arch User Repository (AUR)" e outros repositorios propios. Instala a versión LTS ("Long Term Support", ou "versión con soporte a longo prazo") do kernel de linux.

O primeiro ambiente de escritorio co que contou foi Cinnamon, unha alternativa a GNOME Shell. Agora inclúe a Cinnamon, GNOME (a predefinida), KDE Plasma 5, MATE, openbox e Xfce. Emprega o navegador Chromium e non conta cunha suite ofimática por defecto.

Antergos está traducido completamente a 15 linguas e cun bo soporte para máis de 30. Estase traducindo a un total de 72 linguas. Entre elas atópanse linguas como o asturiano, catalán, galego, portugués, e incluso o esperanto.

Lanzamentos

A primeira imaxe ISO de Cinnarch publicouse xullo de 2012 en SourceForge. Antergos é unha distribución de actualización continua, ou "rolling release". A última edición principal foi a 17.4. Pódense destacar como principais edicións as seguintes:

Versión Data de lanzamento
17.4 09/07/2017
17.1 04/01/2017
2016.11.20 20/11/2016
2015.12.29 29/12/2015
2015.04.12 12/04/2015
2014.08.07 07/08/2014
2014.05.27 26/05/2014
2013.11.17 17/11/2013
2013.08.22 20/08/2013
2013.05.13 12/05/2013
2013.04.05 05/04/2013
2013.01.23 23/01/2013
2012.12.21 12/12/2012
2012.11.22 22/11/2012
2012.10.01 01/10/2012
2012.09.07 07/09/2012
2012.07.19 19/07/2012
2012.07.07 07/07/2012
2012.07.05 05/07/2012

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Antergos Historia e fitos de desenvolvementoAntergos CaracterísticasAntergos LanzamentosAntergos NotasAntergos Véxase taménAntergosArch LinuxDistribución de GNU/LinuxGNOMEGNU/LinuxKDEXfce

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Ramón GayosoToxo arnalSalgueiro MaiaIsaac NewtonTribadismoEduardo PondalAmaia Martínez GrisaleñaMeigaPrestigeAC-211Lola FloresEsencia de trementinaTelexornalPaís VascoGuerra civil españolaBala (grupo musical)OrdesGonzalo LouzaoÁlex FidalgoGran Guerra IrmandiñaÁlvaro CunqueiroArmando BlancoRoko (actriz)Juan Jacobo Durán LorigaAndoriñaRetorno a Tagen AtaCaquetáPosición do misioneiroIsabel II do Reino UnidoXavi HernándezLuís Pérez BarralTelevisión de GaliciaTeoría de númerosMamen MendizábalLipoproteína de BraunMarçal MolinéJosé María Barreiro GómezOs vellos non deben de namorarseSonsoles EspinosaXunta Suprema do Reino de GaliciaCarlos NegroAsteraceaeCangasBenito KamelasRaquel Castro MartínezLista de episodios de Shin ChanSangueNightmare Alley (filme de 2021)Iker MuniainAdriano Correia de OliveiraVoleibolRefraneiro galego sobre o panO PorriñoLingua casteláA gaita gallega (libro)Susana Fortespxhj6Deportivo da CoruñaHard GZProvincia da CoruñaLiteratura galegaMaruxa MalloNacho CastañoCunnilingusVómito (grupo musical)Transformador (modelo de aprendizaxe automática)Garbiñe MuguruzaAlfonso Basterra CamporroBeatriz LuengoCataluñaÁlvaro Porto DapenaFran AlonsoXiros idiomáticos galegosMaría a Balteira🡆 More