Andrés García-Carro: Empresario e modelo galego

Andrés García-Carro Crespo, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1932, é un empresario xubilado e modelo galego.

Infotaula de personaAndrés García-Carro
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1931 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , empresario , funcionario Editar o valor em Wikidata

Instagram: thespanishking_ Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estudou Dereito na Complutense de Madrid. Funcionario da administración xeral do estado, estivo destinado na embaixada de España en Buenos Aires. Na capital arxentina tamén traballou no sector editorial e montou un restaurante en Punta del Este (Uruguai). Nese tempo coincidiu con parte da intelectualidade suramericana e con persoas que ao cabo foron asasinadas polo réxime militar arxentino. Nos anos oitenta estableceuse na Coruña e montou en Madrid unha axencia inmobiliaria, Andrés Carro Propiedades, onde traballou ata que se xubilou.

Cando xa pasaba os oitenta anos, a fotógrafa Celine Van Heel, e ademais neta del, fíxolle unhas fotos para a revista de moda francesa L'Officiel; logo, coas fotos abriulle un perfil en Instagram baixo o alcume de The Spanish King. O impacto que causou as súas fotos converteuno nun influencer e modelo.

Traballou posando roupa para Hermès, Louis Vuitton, Yves Saint Laurent, Carolina Herrera, El Pulpo ou Rolex. Apareceu en videoclips, como o de "Tú me dejaste de querer", de C. Tangana; en Todo, de Arón Piper; para Delaossa; para Los Fabulosos Weekend, ou para Alfred García no Benidorm Fest 2023.

Tamén saíu actuando na serie Sentimos las molestias, de Movistar Plus+, en 2022, ou nun programa especial de Master Chef a canda o seu neto Pucho.

Filmes e series

  • Sentimos las molestias (serie, Movistar Plus+, 2022).
  • Rainbow (filme dirixido por Paco León, 2022).

Vida persoal

Vive entre Madrid e A Coruña. Casou en 1966. Tivo catro fillos e oito netos.

Notas

Tags:

Andrés García-Carro TraxectoriaAndrés García-Carro Vida persoalAndrés García-Carro NotasAndrés García-Carro19325 de febreiroA CoruñaGaliciaModelo (moda)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ponte das PíasFonte de Oliva, ValboaClara AndradaAnxo ArcaDitaduraEdiciones AgoeiroMicciónImperialismoArzúaFlorencia PeñaCastro de Punta do BicoNatalia JunqueraJacques-Louis DavidOcéano ÍndicoTeobrominaFroufe, O IrixoLudwig van BeethovenFranquismoSergio DalmaMiguel de MiguelWiki CommonsDemocracia OurensanaSindicalismoGuerra civil españolaLista de deuses celtasProxyAeroporto de Newark LibertyLista de palabras galegas de orixe celtaLista de episodios de Serramoura.geOcéano AtlánticoSegunda República EspañolaCarqueixaSanta CombaLatitudeZoroastrismoGramática da lingua franca novaCamilo José CelaManu ChaoA VeigaEnciclopediaMecánica clásicaGalego-portuguésLlanesGadisaVolta ao País Vasco 2018Ramiro CarregalDune (filme de 2021)Hard GZElvira Fernández BalboaMalariaMelideAlbert CamusRachel WeiszBenito SotoQEDFlorentino PérezA CoruñaSydney SweeneyEl LuísCinema pornográficoSacro Imperio Romano XermánicoAndorraPúrpuraShinovaBragaAníbal MalvarMéxicoImperio españolTexasCurtisMarta DarribaÁlvaro MorataCharles PéguyImperio SelxúcidaPota🡆 More