Ac Perugia Calcio

O Associazione Calcistica Perugia Calcio, coñecido simplemente como Perugia, é un club de fútbol italiano con sede en Perugia, que compite na Serie B.

Perugia
NomeAssociazione Calcistica Perugia Calcio S.r.l.
Alcume(s)I Grifoni
Fundación1905
EstadioRenato Curi
Perugia, Italia
Inauguración1975
Capacidade23.625
PresidenteItalia Massimiliano Santopadre
AdestradorItalia Silvio Baldini
LigaSerie B
2021/22
Na rede
https://www.acperugiacalcio.com
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Titular
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Alternativo
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Ac Perugia Calcio
Terceiro

Fundado en 1905 como Associazione Calcistica Perugia, o club disolveuse en 2005 e foi refundado o mesmo ano como Perugia Calcio, antes de disolverse de novo en 2010 e de pasar por unha nova co nome actual. Militou 13 tempadas na Serie A, obtendo como mellor resultado o subcampionato da campaña 1978/79, na que rematou invicto. Ademais de varios títulos de categorías inferiores, o equipo gañou a Copa Intertoto de 2003 e disputou dúas edicións da Copa da UEFA.

O club xoga os seus partidos como local no estadio Renato Curi, con capacidade para 28.000 espectadores. Na tempada 1979/80 converteuse no primeiro equipo de fútbol italiano en amosar un patrocinador na camiseta.

Historia

O AC Perugia fundouse o 9 de xuño de 1905, coa fusión do EUA Fortebraccio e o Libertas. O ascenso á Serie B en 1966 marcou o inicio dun dos períodos de máis éxito do club. O Perugia pasou os seguintes oito anos na Serie B antes de ascender á Serie A por primeira vez en 1975.

Ac Perugia Calcio 
O Perugia na tempada 1933/34.

Na primeira tempada do club da Serie A, o Perugia rematou oitavo con 31 puntos, quedando preto dos postos europeos. O equipo contaba con destacados xogadores como o defensa Pierluigi Frosio e os centrocampistas Renato Curi e Franco Vannini. O Perugia mantívose na metade superior da táboa durante o resto da década, quedando subcampión en 1979, despois de obter 11 vitorias e 19 empates. Foi a única vez que un equipo invicto non conseguiu o título. Con todo, a traxedia e os escándalos escureceron este período. En 1977, Curi morreu dun ataque cardíaco durante un partido de liga contra a Juventus, mentres que a carreira de Vannini rematou por lesión en 1979. En 1980, o escándalo de corrupción relacionado coas apostas clandestinas coñecido como Totonero, provocou unha sanción de 5 puntos e o descenso en 1981. Ilario Castagner era o adestrador neste período.

O club pasou a primeira metade da década de 1980 intentando volver á Serie A, quedando preto de logralo na campaña 1984/85. Outro escándalo de corrupción en 1986 obrigou ao Perugia a baixar á Serie C2. Durante esta época debutou co club Fabrizio Ravanelli, un dos mellores xogadores que pasaron polo equipo.

Despois de que o polémico e excéntrico Luciano Gaucci se fixese co control do club, este volveu á Serie B en 1994 e baixo a dirección de Giovanni Galeone chegou á Serie A en 1996. Aínda que acabou descendendo na seguinte tempada, regresou á máxima categoría en 1998.

Ac Perugia Calcio 
O Perugia na tempada 1974/75.

Nas seguintes seis tempadas, con xogadores como o internacional xaponés Hidetoshi Nakata, o Perugia mantívose na Serie A.

No verán de 2003 fichou ao dianteiro inglés Jay Bothroyd e a Al-Saadi Qadafi (fillo do ditador libio Muamar al-Qadafi). Pouco despois, o club foi un dos tres gañadores da Copa Intertoto de 2003 tras vencer ao VfL Wolfsburg alemán por un resultado global de 3-0. Isto clasificou o equipo para a Copa da UEFA 2003–04, na que foi eliminado en terceira rolda polo PSV Eindhoven.

O club foi á quebra en 2005 e foi refundado como Perugia Calcio, antes de quebrar de novo en 2010. No verán de 2010 xurdiu un novo club coa mesma denominación e herdeiro da antiga historia do Perugia, iniciando a súa andaina na Serie D.

O 10 de abril de 2011, o Perugia logrou o ascenso á Lega Pro Seconda Divisione, tras a vitoria na casa por 3-2 ante o Castel Rigone. Ese mesmo ano, o club gañou tamén a Coppa Italia Serie D, vencendo ao Turris por 1-0 na final.

No verán de 2011 o club pasou a chamarse Associazione Calcistica Perugia Calcio e na tempada 2011/12 conseguiu o ascenso á Lega Pro Prima Divisione. O 4 de maio de 2014, vencendo ao Frosinone por 1–0, o Perugia gañou o campionato da Lega Pro Prima Divisione e logrou o ascenso á Serie B tras 9 anos de ausencia.

Palmarés

  • Serie B (1): 1974/75.
  • Serie C1 (6): 1932/33, 1945/46, 1966/67, 1993/94, 2013/14, 2020/21.
  • Serie C2 (2): 1987/88, 2011/12.
  • Serie D (1): 2010/11.
  • Supercopa de Serie C (1): 2014.
  • Supercopa de Serie C2 (1): 2012.
  • Copa Italia Serie D (1): 2010/11.
  • Copa Intertoto (1): 2003.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ac Perugia Calcio HistoriaAc Perugia Calcio PalmarésAc Perugia Calcio NotasAc Perugia Calcio Véxase taménAc Perugia CalcioFútbolItaliaPerugiaSerie B

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de episodios de SerramouraÁreas lingüísticas do galegoO IrixoAndorraJosé SacristánRe-TROSJackie ChanRepública Social ItalianaColocación do pronome átono en galegoA derradeira leición do mestreCebadaLondresMarxismoNós (revista)José Manuel LageManuel FragaFianna FáilHarry Potter e o misterio do príncipeJSONEstañoBilbaoCornizóLuís Espada RecareyPaspallásBenito SotoVíctor Coyote2003DMC DeLoreanXosefina de BeauharnaisMisa (música)Kuala LumpurTrahamundaGlenn Research CenterLatitudeFerrolLiberdadeMuwatallis IIPúrpuraMadagascarBandeira de IrlandaLeonardo DiCaprioBélxicaIsaac VilaReconquista de VigoTom HanksFrei Basilio Río BrenllaSexoWiki CommonsRepública Popular da ChinaEva CárdenasCallitriche stagnalisFonte de Oliva, ValboaForo do bo burgo de Castro CaldelasForrest GumpZamoraPolíticaParacaídasLudwig van BeethovenÁngel RodalLiberalTeixugoCory DoctorowAgoladaTorre EiffelMario Vargas LlosaRepública ChecaDaniel de la TorrePartido políticoLucía Veiga🡆 More