Alfabeto Galego: Letras empregadas en galego

O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais.

Letra Nome Fonema(s) que representa
A a /a/
B be /b/
C ce /θ/ (+ e e i; /s/ en zonas con seseo);
/k/ (+ a, o e u)
D de /d/
E e /e/, /ɛ/
F efe /f/
G gue /g/ /h/
H hache
I i /i/, /j/
L ele /l/
M eme /m/
N ene /n/
Ñ eñe /ɲ/
O o /o/, /ɔ/
P pe /p/
Q que /k/
R erre /r/, /ɾ/
S ese /s/
T te /t/
U u /u/, /w/
V uve /b/
X xe /ʃ/, /ks/
Z zeta ou ceta /θ/ (/s/ en zonas con seseo)
Dígrafo Nome Fonema(s) que representa
ch ce hache /tʃ/
gu gue u /g/
ll ele dobre /ʎ/
nh ene hache /ŋ/
qu que u /k/
rr erre dobre /r/

No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc. Tamén se empregaban as letras j, g, ç, e duplicacións, como -ss-, -ll-etc., que respondían probablemente a sons que se perderon no estándar actual, e sempre con bastante vacilación no seu emprego. Do mesmo xeito, moitas terminacións de palabras eran elididas ou abreviadas.

A partir da codificación posterior dos dialectos meridionais, o portugués desenvolveu unha serie de dígrafos característicos (lh (/ʎ/), nh (/ɲ/)), que empregan hoxe en día as persoas partidarias das correntes reintegracionistas.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Alfabeto Galego: Letras empregadas en galego 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

AbreviaturaAlfabetoDígrafoEstranxeirismoJKLetraLingua galegaWYÇ

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CariorrexeMikaFalange EspañolaSilvia SuperstarColiseum da CoruñaAs aves na cultura popular galegaFrancisco Porto MellaFrancisco Castro VelosoPosición do misioneiro invertidaCanle (comunicación)Xurxo SoutoHorteláGrupo EroskiLibrary of Congress Control NumberSantiago AbascalJosé Castiñeira PardoDolores IbárruriJorge PeteiroGuernica (cadro)Televisión de GaliciaXabarín ClubAlexandra TargaryenXapónBiblioteca Gabriel García MárquezCarlos CuerpoAranésMarta Fernández-TapiasMichael DouglasShinovaTom Holland (actor)Liga Feminina de baloncesto 2023-24CantantePoloniaManuel Curros EnríquezJorge LorenzoHoliFebreiroIslandiaMaría Victoria MorenoAsunta Basterra PortoMFrancisco AñónCouselo (planta)Dinís de PortugalC++Lista das aves de GaliciaGhaleb Jaber IbrahimIria MorgadeCatedral de Santiago de CompostelaOliveira de VigoBulgariaCarrie (filme)HermisendeEscáncerSete Sabios da Fraga de BambúBMiguel Anxo BastosRoberto Vidal BolañoXXXTentacionLogroñoRafael LouzánJuan Carlos Rodríguez CebriánCarballo comúnSalvador García-BodañoCSSLareiraZakat al-FitrEmilio Aragón ÁlvarezÁlex AnguloAntón FraguasFélix BolañosLucas VázquezAC-960BugalloSelena Gomez🡆 More