Yakuza

A yakuza (やくざ) é o equivalente xaponés do crime organizado; é unha mafia xaponesa que data do século XVII.

A orixe da palabra non se coñece con exactitude, pero dise que provén dun xogo de cartas chamado Oicho-Kabu, moi famoso entre os bakuto, no que a peor man consiste nun 8 (ya), un 9 (ku) e un 3 (za). A Yakuza moderna estendeu as súas actividades á corrupción bancaria e política. Esta mafia é unha das máis antigas e poderosas e é, sen dúbida, a que máis membros ten, cun número aproximado de 84.700 membros.

Yakuza
Rúa do distrito de Shinjuku en Toquio, supostamente frecuentado pola Yakuza.

Historia

Durante o período Edo, a figura do samurai era privilexiada dentro da sociedade debido á súa eficiencia militar e ós servizos de seguridade que prestaban á comunidade, a través dos daimyō, señores feudais. Ó final do período Edo, Xapón iniciou a súa era moderna e continuou unificándose nun só goberno, así que moitos samurais eran despedidos porque resultaban inútiles ós novos destinos da nación e convertíanse en mercenarios ambulantes coñecidos como rōnin. Estes seguiron facendo traballos de xeito independente para os seus xefes e a alta sociedade. Ó cabo dun tempo comezaron a organizarse en bandas paramilitares que protexían rexións a cambio de comida e comodidades que proporcionaba a comunidade. Pouco tempo despois acaban dominando os negocios ilegais do Xapón.

A finais do século XIX e ó iniciarse o XX tiñan o control da prostitución, o xogo, o contrabando, lavado de cartos, os espectáculos, a especulación de bens inmobiliarios, a extorsión, e o tráfico de drogas, pornografía e armas. Ademais, despois da segunda guerra mundial certas bandas de ideoloxía de ultradereita comezaron a operar e extorsionar dentro de grupos políticos.

A súa organización derivouse dos códigos dos samurais pero moito máis estruturados e fornecidos; todo o clan considérase unha familia onde se profesa a fidelidade absoluta á banda, o ultranacionalismo, a obediencia ó maior rango e o seu estrito e brutal código de honra. Os novatos adoutrínanse a través do sistema senpai e kōhai, no cal se especifican os procedementos de castigo á deslealdade, como por exemplo a amputación dun dedo maimiño (iubitsume). Dita amputación serve aínda na actualidade para recoñecer os membros retirados ou disidentes.

Notas

Tags:

HiraganaSéculo XVII

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pobo galegoReino de GaliciaFiorella FaltoyanoLuís MenorLucas VázquezGrupo RompenteVietnamVigoChristopher WalkenConcellos de GaliciaDavid PerdomoPegsatTransexualidadeCanle (comunicación)Catedral de Santiago de CompostelaPedro SánchezEduardo PondalDavid BustamanteMondraBipartito galegoVulvaNovialPedro ChoscoLuísa VillaltaAlberte PagánRosario Porto OrtegaThe RapantsFentoLarraunEscáncerAngelina JolieLareiraBaby ReindeerBurroLibrary of Congress Control NumberAresoBugalloColocación do pronome átono en galegoCMSTelevisión de GaliciaFiúnchoFrancisco AsoreyManfred GnädingerContactNordés (vento)DonostiaHTMLTanxugueirasBernardino GrañaACastelo de PambreFrancisco Porto MellaPemento de PadrónDonicelaFragas do EumeÁureoZakat al-FitrRefraneiro galego sobre o mes de maioEduardo Valencia FernándezAbraham PérezIsmael RamosRoberto VerinoSete Sabios de GreciaLabios (xenitais)Teresa CasalGrupo de teatro O FachoSegunda división española de fútbolMiley CyrusKCarlos de Matos GomesBeatriz MatoMaría Antonieta de Austria🡆 More