Xiardíase

A xiardíase ou lamblíase é unha enfermidade parasitaria provocada por un protozoo flaxelado, Giardia intestinalis (sin.

Giardia lamblia ou Giardia duodenalis), presente nos alimentos ou na auga de consumo, contaminada por augas residuais humanas.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Xiardíase
Ciclo biolóxico das Giardia.

Etioloxía

O axente causal da enfermidade é un protozoo de 10-20 micrómetros de longo por 6-10 de ancho, dunha forma que lembra á dunha cometa. Está dotado de varios flaxelos que permiten un movemento activo na auga.

Na súa forma vexetativa, trofozoíto, localízase na superficie da mucosa duodenal e xexunal, adherido ás vilosidades intestinais, onde se alimenta por osmose. Cando é expulsado coas feces convértese en quistes como forma de resistencia fronte ao desecamento. Estes quistes contaminan a auga e os alimentos, forma na que se produce o contaxio dun novo hóspede. Ó chegar ó intestino disólvese a parede do quiste e libérase un individuo tertranucleado que se divide inmediatamente por partición lonxitudinal en dous trofozoitos binucleados, pechándose así o ciclo.

Cadro clínico

Normalmente é unha enfermidade asintomática, que pode manifestarse con longas fases de enterite crónica interrompidas de cando en vez por crises diarreicas agudas.

Nos casos máis graves pode presentarse unha síndrome de malabsorción, pola destrución masiva das células epiteliais do intestino delgado. Ó non ser quen de absorber ou dixerir certas moléculas, aparece unha malabsorción de lípidos, glícidos e proteínas. Pode aparecer esteatorrea (feces graxas e abundantes) e, posteriormente, deficiencias proteínicas e vitamínicas (sobre todo vitaminas liposolubles).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Xiardíase EtioloxíaXiardíase Cadro clínicoXiardíase NotasXiardíase Véxase taménXiardíaseAugas residuaisEnfermidadeFlaxeladoGiardia intestinalisParasitismoProtozoo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FiúnchoBaby ReindeerCangasGalipediaFiat luxMona LisaManuel Núñez SingalaParadigmas dos verbos irregulares galegosCélula procariotaRamiro CarregalAlberto FortesAccidente de ChernóbilSegunda guerra mundialArturo RegueraPaulino PereiroManuel RivasBillarda30 de abrilHans Zimmer163Lionel MessiLista das canles de YouTube máis subscritasCarbohidratoArgimiro Marnotes FernándezXabier DíazRío MiñoFrancisco Porto MellaÁmsterdamMiranda de EbroRamadánLuísa VillaltaContactorBreogánGonzalo MellaManuel TurizoProvincia da CoruñaÁlvaro CunqueiroMagnitude aparentePeneAnxos SumaiAlberte PagánRoman de RouJohn TurturroBambú ProduccionesRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)BiscaiaRafael LouzánCantiga de amigoHard GZMela CasalCanle (comunicación)MoinanteSunnismoOA poeta analfabetaColiseo de RomaGallicaA PeroxaMarçal MolinéBetanzosA Sexta AngustiaVento feridoGérard DepardieuDoraemonCarlos SedesMáis alá!Caixa de Aforros Provincial de PontevedraAlegoríaSandra GonzálezSuso DíazPeter FondaHistoria de SingapurAC-960Moisés Rodríguez PérezSalvador IllaGalería de imaxes de arañas de Galicia🡆 More