Xenocidio Selk'nam

Por xenocidio selk'nam coñécese aos feitos definidos como xenocidio ocorridos entre a segunda metade do século XIX e as primeiras décadas do século XX en contra dos selk'nam, pobo amerindio da illa Grande da Terra do Fogo.

A última representante pura deste pobo, Ángela Loij, faleceu en 1974. No presente só existen algúns descendentes mestizos desta etnia.

Xenocidio Selk'nam
Mercenarios de Julius Popper disparando a selk'nam; diante xace o cadáver dun selk'nam.
Xenocidio Selk'nam
Julius Popper cos seus mercenarios diante dun selk'nam asasinado.

Contra finais do século XIX a illa Grande da Terra do Fogo atraeu o interese de grandes compañías gandeiras. A introdución das estancias ovelleiras creou fortes conflitos entre os nativos e os colonos británicos, arxentinos e chilenos, conflito que adquiriu trazos de guerra de exterminio. As grandes compañías gandeiras de ovellas chegaron a pagar unha libra esterlina por cada selk'nam morto, o que era confirmado presentando mans ou orellas das vítimas. As tribos do norte foron as primeiras afectadas, iniciándose unha onda migratoria ao extremo sur da illa para escapar dos masacres. En busca de alternativas á matanza, en 1890 o Goberno chileno cedeu a illa Dawson, no Estreito de Magalláns, a sacerdotes salesianos que estabeleceron alí unha misión dotada de amplos recursos económicos. Os selk'nam que sobreviviron ao xenocidio foron virtualmente trasladados á illa, que nun prazo de vinte anos pechou deixando un cemiterio poboado de cruces.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

1974Illa Grande da Terra do FogoPobo selk'namPobos indíxenas de AméricaSéculo XIXSéculo XXXenocidioÁngela Loij

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fuga de cerebrosQueiroaXela AriasToxo arnalEstadio Municipal de RiazorSistema operativoPampallínPatricia Argerey VilarAgrupación Cultural AbrenteGrupo NósCantanteDía das Letras GalegasNee BarrosHannah ArendtSermos GalizaYouTubeMaría Victoria MorenoCandela PeñaA ira dos mansosSunnismoMichael JacksonXogos OlímpicosEstragónCLIP (inmunopéptido)Francisco Porto MellaGaliciaPartido Nazonalista Republicán de OurenseLeitzaldeaGhaleb Jaber IbrahimTotó GarcíaClara CampoamorSevillaFiorella FaltoyanoLista de ríos de GaliciaPeníscolaAlejandra MurguíaHLA-DOMaría JamardoIñaki de Juana ChaosEstíbaliz EspinosaXureloGallaeciaArmando RequeixoA viaxe de ChihiroCetáceosAldaoladoLa RegiónPartido Comunista de EspañaFrancisco RabalMiguel Ángel Zabalza BerazaTereixa ConstenlaMarco AurelioCarballo comúnCinema pornográficoFebreiroDaniel BasteiroManuel Fernández DoalloJosé Manuel Rodríguez PuenteManuel Vázquez OuteiriñoJosé Pablo del Bado RivasAterínidosPripyatProvincias de EspañaRamón María NarváezImmanuel KantInternetSonsoles EspinosaCantinflasA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoIndiaBoyanka Kostova (grupo musical)Nordés (vento)Posición do misioneiro invertidaCarlos García BayónFauna de GaliciaArxentinaPosición do canMemorias dun neno labrego🡆 More