William S. Burroughs

William Seward Burroughs, nado en Saint Louis o 5 de febreiro de 1914 e finado en Kansas o 2 de agosto de 1997, foi un novelista, ensaísta e crítico social estadounidense.

Infotaula de personaWilliam S. Burroughs
William S. Burroughs
(1983) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1914 Editar o valor em Wikidata
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1997 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Lawrence, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBellefontaine Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
John Burroughs School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSátira Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , guionista , escritor de ciencia ficción , prosista , pintor , novelista , ensaísta , poeta , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorNaropa University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción, sátira, Distopía e autobiografía Editar o valor em Wikidata
MovementoXeración beat Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioWilly a William Lee Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoESP-Disk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
CónxuxeJoan Vollmer (1946–1951)
FillosWilliam S. Burroughs Jr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porhomicidio preterintencional Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
William S. Burroughs Editar o valor em Wikidata

Páxina webrealitystudio.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0123221 Allocine: 75253 Allmovie: p9766
Musicbrainz: f150ed27-bee7-49d8-a226-31fef88c29b3 Songkick: 152043 Discogs: 50077 Allmusic: mn0000960205 WikiTree: Burroughs-836 Find a Grave: 6201607 Editar o valor em Wikidata
William S. Burroughs
William S. Burroughs
Burroughs e David Woodard con Dreamachine, 1997

Traxectoria

Burroughs naceu nunha familia acomodada. Seu avó inventou unha máquina de sumar que serviría para fundar a Burroughs Adding Machines, empresa que aínda existe, se ben é máis coñecida como Burroughs. Xa desde pequeno descubriu as súas inclinacións homosexuais e a súa paixón polas armas de fogo, que lle acompañou toda a vida. Tras un período terriblemente autodestrutivo durante os anos 50, tras unha primeira incursión na literatura pulp (caso de Junkie), adicouse a partir dos 60 a escribir con bastante continuidade. A súa obra ten unha importante carga autobiográfica, e nela plásmase a súa adicción a diversas substancias, como a heroína. A experimentación, o surrealismo e a sátira constitúen, ademais, algúns dos elementos máis destacados das súas novelas. As súas primeiras publicacións englobábanse dentro da Xeración Beat, o grupo de intelectuais e artistas estadounidenses que definiron e deron forma á cultura trala segunda guerra mundial. Non en van, Burroughs mantivo importantes contactos con escritores como Allen Ginsberg (do que se cre que foi amante), Gregory Corso, Jack Kerouac ou Herbert Huncke. Pero a influencia da súa literatura transcendeu amplamente este movemento, deixándose sentir posteriormente noutras manifestacións artísticas de tipo contracultural. Ingresou na «American Academy and Institute of Arts and Letters» en 1984.

Literatura

A obra de Burroughs comezou sendo formalmente convencional, sen ben as temáticas non o eran. É o caso das obras primeiras como Junkie ou Queer (Marica, que non foi publicada ata 1985). Posteriormente entregouse á experimentación formal con maior ou menor éxito. Técnicas como o cut-up (que aprendeu do seu amigo Brion Gysin) consistente en collages narrativos ou un esforzo denodado por destruír as normas sintácticas e semánticas sen perder o sentido do relatado. Desta época proceden Nova Express, The Soft Machine ou Naked Lunch. Está influenciado por autores como Jean Genet, Samuel Beckett, Henry Miller, Alfred Korzybski, Oswald Spengler, Brion Gysin ou Louis-Ferdinand Céline. Así mesmo, serviu de influencia a outros escritores como Kathy Acker, J. G. Ballard, Paul Di Filippo, Allen Ginsberg, Jack Kerouac, David Cronenberg, Steely Dan, Lydia Lunch, Genesis P-Orridge, Thomas Pynchon, Mark Leyner, Dennis Cooper, Will Self, William Gibson, Alan Moore ou Irvine Welsh.

Filosofía

Non se debe considerar esta experimentación como algo sen obxectivo. A peculiar filosofía de Burroughs, que en definitiva é a que deu transcendencia á súa obra, é case mesiánica.

Segundo Burroughs, o ser humano está alienado pola linguaxe. Considera que a linguaxe (e as normas gramaticais e sintácticas que a caracterizan) é un organismo parasito, un virus, que elixiu as nosas mentes como hábitat. A linguaxe (e máis aínda a razón) esmaga a nosa natureza real e crea un universo para nós no que existe o tempo, a morte e practicamente tódolos nosos males.

O problema complícase porque os seres humanos infectados non saben que o están. Segundo a súa propia analoxía, "o cárcere perfecto é aquel no que non sabes que estás dentro dun cárcere". Para Burroughs a linguaxe é un cárcere perfecto, porque parece incriblemente amplo e espazoso. Non obstante, a linguaxe só permite chegar a onde as súas propias combinacións e secuencias permite, deixando máis alá o territorio real da mente humana, que é o espazo e non o tempo.

Para Burroughs, a auténtica revolución non é de índole social, senón mental. Desfacerse do virus linguaxe é o primeiro paso. A guerra contra este virus establece unha continuidade en gran parte da súa obra, onde os protagonistas (humanos, extraterrestres, seres inorgánicos, demos) están claramente dun ou doutro bando, e se enfrontan violentamente, sen regras de ningún tipo.

Os esforzos deste autor por transcender as regras da linguaxe conseguen finalmente destruír esa tiranía inherente, de tal maneira que Burroughs consegue expresar imaxes e mundos como ninguén fixera antes. Porén, non se pode afirmar que conseguira este obxectivo desde o primeiro momento. As obras anteriormente mencionadas en ocasións rozan a ilexibilidade e exixen un esforzo considerable por parte do lector. Non é senón ata a súa madurez, coa triloxía formada por Cities of the Red Night, The Place of Dead Roads e The Western Lands, cando este autor consegue o equilibrio entre accesibilidade, experimentación e revolución.

Nestes tres libros, auténticas obras mestras, a destrución da linguaxe lévase a cabo de maneira tan sutil que na práctica o lector non se decata de que en realidade o texto está violando tódalas regras da linguaxe, logrando ademais que o texto se transforme en imaxes de modo fluído. Como exemplo, esta cita de The Place of Dead Roads:

-Saca unha foto diso, é puro Venus, amigo meu...
É Urano, onde os uranianos sentan nas súas casas azuis de lousa en frío silencio azul... Kim quería exploralos todos novos perigos novas armas, "mares perigosas en desolados países de fadas" ansiaba drogas praceres descoñecidos e unha distante estrela chamada FOGAR.

Obras

Novelas e outras obras longas de ficción

  • Junkie (1953, baixo o pseudónimo de Bill Lee).
  • Queer (escrita entre 1951-53; publicada en 1985).
  • Naked Lunch (1959).
  • The Soft Machine (1961).
  • The Ticket That Exploded (1962).
  • Dead Fingers Talk (1963) - partes de Naked Lunch, The Soft Machine e The Ticket That Exploded combinadas xuntas para crear unha nova narrativa.
  • Nova Express (1964).
  • The Last Words of Dutch Schultz (1969).
  • The Wild Boys: A Book Of The Dead (1971).
  • Port of Saints (1973).
  • Cities of the Red Night (1981).
  • The Place of Dead Roads (1983).
  • The Western Lands (1987).
  • My Education: A Book of Dreams (1995).

O fillo de Burroughs's, William S. Burroughs, Jr., tamén escribiu dúas novelas: Speed e Kentucky Ham. Estes libros atribúense acotío ó seu pai, de xeito equivocado.

Relatos e novellas

  • Valentine's Day Reading (1965).
  • Time (1965).
  • APO-33 (1966).
  • So Who Owns Death TV? (1967).
  • The Dead Star (1969).
  • Ali's Smile (1971).
  • Mayfair Academy Series More or Less (1973).
  • White Subway (1973).
  • Exterminator! (1973).
  • The Book of Breething (tamén coñecido como "Ah Pook Is Here") (1974).
  • Snack... (1975).
  • Cobble Stone Gardens (1976).
  • Blade Runner (a movie) (1979).
  • Dr. Benway (1979).
  • Die Alten Filme (The Old Movies) (1979).
  • Streets of Chance (1981).
  • Early Routines (1981).
  • Sinki's Sauna (1982).
  • Ruski (1984).
  • The Four Horsemen of the Apocalypse (1984)
  • The Cat Inside (1986).
  • The Whole Tamale (c.1987-88).
  • Interzone (1987).
  • Tornado Alley (1989).
  • Ghost of Chance (1991).
  • Seven Deadly Sins (1992).
  • Paper Cloud; Thick Pages (1992).

Non-ficción

  • The Job (1969) (con Daniel Odier).
  • Jack Kerouac (1970) (con Claude Pelieu).
  • The Electronic Revolution (1971).
  • The Retreat Diaries (1976).
  • Letters to Allen Ginsberg 1953-1957 (1976).
  • Last Words: The Final Journals of William S. Burroughs (2000).
  • Evil River (2007).

Colaboracións

  • And the Hippos Were Boiled in Their Tanks (1945 - non publicado) (Con Jack Kerouac).
  • Minutes To Go (1960) (Con Sinclair Beilles, Gregory Corso e Brion Gysin).
  • The Exterminator (1960) (con Brion Gysin).
  • The Yage Letters (1963) (con Allen Ginsberg).
  • Brion Gysin Let the Mice In (1973) (con Brion Gysin).
  • Sidetripping (1975) (con Charles Gatewood).
  • Colloque de Tangier (1976) (con Brion Gysin).
  • The Third Mind (1977) (con Brion Gysin).
  • Colloque de Tangier Vol. 2 (1979) (con Brion Gysin e Gérard-Georges Lemaire).
  • Apocalypse (1988) (con Keith Haring).

Filmografía sobre Burroughs e sobre a súa obra e pensamento

  • Junkies Christmas, de Nick Donkin e Francis Ford Coppola.
  • Go Go Second Time Virgin, de Koji Wakamatsu.
  • Four Films Tower Open Fire, de Antony Balch.
  • Querelle, de Fassbinder (narrador).
  • William Burroughs, de Jean-Francois Vallée.
  • Tokio Fist, de Shinya Tsukamoto.
  • Psychic TV Ghost at Number 9, de Antony Balch.
  • Visitor Q, de Takashi Miike.
  • Naked Lunch, de David Cronenberg
  • Drugstore Cowboy, de Gus Van Sant

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

William S. Burroughs TraxectoriaWilliam S. Burroughs LiteraturaWilliam S. Burroughs FilosofíaWilliam S. Burroughs ObrasWilliam S. Burroughs Filmografía sobre Burroughs e sobre a súa obra e pensamentoWilliam S. Burroughs NotasWilliam S. Burroughs Véxase taménWilliam S. Burroughs191419972 de agosto5 de febreiroEnsaio (literatura)Estados Unidos de AméricaKansasNovelistaSaint Louis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

DedativoEsteroideManzanedaInstagramPragaLista de paísesBlastocistoDobre hélice de ácidos nucleicosTom HanksPiñorAsemblea Xeral de IowaSauber F1Dous espíritosStoffel VandoorneAmancio OrtegaBelgradoCharadriiformesBen-Hur (filme de 1959)Afonso V de AragónTracy McGradyLugoEscualenoBaltimoreTAG HeuerLista de reis de BabiloniaInternational Statistical Classification of Diseases and Related Health ProblemsRichard SerraLuis García-ReyDaniel RicciardoNova ZelandiaAngela MerkelÁcido succínicoCangrexo ermitánMaría I de InglaterraArtemisaAnguíaRafael NadalDistributivo-temporalCameloMarjorie Emory SimpsonHistoriografíaMarta DarribaMySQLCarboxiloPremios Mestre MateoBill CosbyFernando AlonsoCélula naiAd libitumDistritos de PortugalDamascoPosicións sexuaisLeón, EspañaJuan PardoHarry BelafonteCOVID-19MacronFuso horarioGrafenoInés ArrimadasGaravanzoDobre héliceJosé Manuel LageBalthasar GérardBeade1789Carles PuigdemontAna de Gran BretañaXeoloxíaLipoproteína de baixa densidadeMasidePobo galegoBreixoTipoloxía de vasos da Grecia antigaTerreo (xeoloxía)Ácido graxo esencial🡆 More