Uxío Iii, Papa

Beato Uxío III O.Císt., nado co nome de Bernardo Paganelli di Montemagno en Pisa e finado en Tívoli o 8 de xullo de 1153, foi o papa da Igrexa católica de 1145 a 1153.

Infotaula de personaUxío III, papa
Uxío Iii, Papa
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Eugenius PP. III Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementop. A principios século XII Editar o valor em Wikidata
Pisa Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1153 Editar o valor em Wikidata
Tívoli Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán Editar o valor em Wikidata
Uxío Iii, Papa 167º Papa
22 de febreiro de 1145 – 8 de xullo de 1153 (Gregoriano)
← Lucio IIAnastasio IV → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1135 (Gregoriano)–), escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde do Císter Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAnastasio IV Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de xullo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu en Montemagno, preto de Pisa, no seo dunha familia cristiá, rica e da nobreza italiana. Foi ordenado sacerdote na cidade de Pisa. Segundo os rexistros da época, era intelixente, mais reservado e moi ponderado. En 1135, ingresou na Orde cisterciense. Foi designado polo seus superiores para abrir outro mosteiro da Orde na cidade de Farfa, diocese de Viterbo, de onde foi nomeado abade polo Papa Inocencio II.

Foi elixido papa o 15 de febreiro de 1145 e consagrado tres días despois, cando era abade do mosteiro cisterciense de Tre Fontane e, polo tanto, alleo ao Colexio cardinalicio.

Trala súa entronización, e debido ao enfrontamento, iniciado polo seu antecesor, co Senado romano que lle esixía a renuncia ao poder temporal, viuse obrigado a abandonar Roma para instalarse en Viterbo, cidade na que, en 1145, se reúne con Arnaldo de Bercia chegando a un acordo precario polo que se mantén o Senado, mais recoñecendo a superioridade pontificia, o que permite o regreso de Uxío a Roma.

O acordo crébase de inmediato e o papa vese obrigado, no 1146, a abandonar novamente Roma e exiliarse en Francia, dende onde organiza a Segunda Cruzada, ordenando a súa predicación ao seu mestre Bernaldo de Claraval que logrou o apoio do rei Lois VII de Francia e do emperador xermano Conrado III e que remataría en fracaso ao non culminar coa conquista do Condade de Edesa.

No 1148 excomunga por cismático a Arnaldo de Brescia, pero non logra que o Senado romano llo entregue, polo que o papa intenta a solución militar mediante unha alianza co rei Roxerio II de Sicilia, coa que conseguiu retornar uns días a Roma no 1149. Foxe novamente ao perder o apoio do rei siciliano, o que o leva a buscar a unión, a cambio da coroación imperial, con Conrado III, pero o pasamento deste en 1152 impide novamente o obxectivo papal. Finalmente, en 1153, Uxío chega a un acordo co sucesor de Conrado, Frederico I Barbarroxa, que lle permitiría volver a Roma onde falecería poucos días despois o 8 de xullo dese mesmo ano, despois de gobernar a Igrexa por oito anos e cinco meses, nun período histórico moi complicado e violento.

Foi beatificado en 1872 polo papa Pío IX.

As profecías de San Malaquías, refírense a este papa como Ex magnitudine montis (Da grandeza do monte), cita que fai referencia ao seu apelido, Montemangno, e ao seu lugar de nacemento, o castelo de Grammonte.


Uxío Iii, Papa 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

114511538 de xulloIgrexa católicaOrde do CísterPapaPisaTívoli

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Avenida da Liberdade (Lisboa)As aves na cultura popular galegaVila de CrucesBeraLeninAna Luísa BouzaPaparazziRoberto VerinoGalería de imaxes de arañas de GaliciaÁlvaro CunqueiroBolboretaCoco (bacteria)Marcelo Rebelo de SousaMañónAmancio OrtegaJohn Forbes NashNational Portrait GalleryPemento de PadrónGheada28 de decembroO PorriñoForcareiOman AirCarlos NegroFala de EstremaduraO CarballiñoMedoGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Marta Fernández-Tapiasoyz9zIgantziPornografíaManuel MaríaAC-456Deserto do SáharaAmérica LatinapdwqjGabriel AlénPosicións sexuaisLista de nomes masculinos en galegoÁlbum de la CaridadAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAeroporto de VigoPampallínSecretaría Xeral de Política LingüísticaJosé SaramagoEduardo MendozaCohesiónCarbohidratoPosición do misioneiro invertidaLista de ósos do esqueleto humanoLesakaAlcaldes da CoruñaGran Guerra IrmandiñaMemorias dun neno labregoGuerraEuropaYolanda CastañoConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesLuis Carrero BlancoLista de exónimos en galegoCristiano RonaldoLista de palabras galegas de orixe celtaOrdesDepartamento de ApurímacVietnamXogos floraisLingua portuguesaOuriolo🡆 More