Ulrich E. G. Schrock: Numismático e literato alemán

Ulrich E.

G. Schrock, nado o 4 de setembro de 1956 en Hannover, é un numismático e prolífico escritor alemán, autor de máis de medio milleiro de publicacións.

Infotaula de personaUlrich E. G. Schrock
Ulrich E. G. Schrock: Traxectoria, Recoñecementos, Publicacións
Ulrich E. G. Schrock en 2016
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1956
Hannover, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemá.
EducaciónUlrich E. G. Schrock: Traxectoria, Recoñecementos, Publicacións Universidade de Gotinga.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónautor Editar o valor em Wikidata
Premios
(1979): Eligiuspreis (DNG).

Traxectoria

Nacido en Hannover o 4 de setembro de 1956, U. E. G. Schrock pasou a súa infancia nas localidades de Bad Münder e Hamelin, na Baixa Saxonia. Logo da súa graduación en educación secundaria cursou estudos superiores de Alemán, Historia, Ciencias Políticas, Pedagoxía e Filosofía na Universidade de Gotinga, e en 1981 aprobou o exame estatal para o acceso á docencia de Alemán e de Ciencia Política.

A partir dese momento, residindo en Weserbergland e en Cataluña, exerceu como escritor autónomo, alternando esta dedicación coa de profesor, numismático, axudante de investigación e empregado da Oficina Literaria da Baixa Saxonia, da que se converteu en director xeral en 1994, o que lle deu ocasión de se relacionar cos escritores alemáns máis destacados do momento.

Como autor literario destacan os seus volumes de posesía baseada nos xogos de palabras, as súas escenas dramáticas e a súa prosa sarcástica, así como as súas novelas que entrelazan as historias persoais coa política.

Como numismático, levou a cabo varias investigacións acerca da historia da moeda no norte de Alemaña, que deron lugar a un bo número de publicacións, e en 1979 foi galardoado co premio máis relevante dos outorgados pola Sociedade Numismática Alemá.

Recoñecementos

Publicacións

Esta é unha escolma da ampla obra publicada por U. E. G. Schrock ao longo da súa traxectoria:

Ficción

  • (1984). Gedichte. Baldrian, Bremen. ISBN 3-924472-09-2
  • (1986). Die Möglichkeit des Monologs der Nr. 2651. Reise zu Erich Mühsam. Baldrian, Bremen. ISBN 3-924472-11-4
  • (1991). O Bock inner Wirtschaft oda hau itt wörcks. Das is: ne locka-flockich erzehlte Geschichte aus unserm Alltach, mahl lustich und mahl eher herp, wies Leben eben so spielt. Büchergilde Gutenberg, Frankfurt. ISBN 3-7623-3911-1
  • (1995). Kriegsmärchen MDCCCCLXXXXI. Edition Bubo, Radebeul.
  • (2002). Kattesnuff. Fast ein Krimi. Mit Bildern von Katja Dörmann. Schmerse, Gotinga. ISBN 3-926920-32-7
  • (2006). So! Edition Bubo, Dresden.
  • (2016). In der Hand, bei Fuß & und im Genick. Eine deutsche Latenz. VS, Gotinga. ISBN 978-3-926920-54-6.
  • (2018). Eingeweckt im Hirn oder: Zurück gedruckt bei uns im Jahre als Xerobdella lecomtei ausstarb : proprio sumptu ad ripas visurgis. Autoedición, Hamelin.

Numismática

  • (1982). Münzen der Stadt Hameln (con Heinrich Kalvelage). Niemeyer, Hamelin. ISBN 3-87585-052-1
  • (1986). Geschichte des Hamelner Notgeldes 1916 bis 1948. Bieber Luck-Lehne, Bremen. ISBN 3-924472-14-9
  • (1987). Münzen der Stadt Göttingen. Bieber Luck-Lehne, Bremen. ISBN 3-924472-13-0
  • (1988). Ergänzungen zur Münzgeschichte des Stiftes und der Stadt Hameln (con Heinrich Kalvelage). Museum Hameln, Hamelin.
  • (1995). Von der Kunst gutes Geld zu machen. Die Münzprägung der Stadt Einbeck. Isensee, Oldenburg. ISBN 3-89598-307-1
  • (1999). Die Münzen der Grafschaft Blankenburg-Regenstein (con H. A. Behrens e J. Denicke). Bussert & Stadeler, Jena. ISBN 3-932906-03-9
  • (2000). Münzkatalog der Grafen von Blankenburg-Regenstein (con Jürgen Denicke). Bussert & Stadeler, Jena. ISBN 3-932906-19-5
  • (2002). Deutsche Regimentsjubiläen auf Medaillen und Abzeichen von 1871 bis 1918. Regenstauf. ISBN 3-924861-66-8
  • (2019). Sammler sind ... Menschen. Autoedición, Hamelin.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Ulrich E. G. Schrock TraxectoriaUlrich E. G. Schrock RecoñecementosUlrich E. G. Schrock PublicaciónsUlrich E. G. Schrock NotasUlrich E. G. Schrock Véxase taménUlrich E. G. Schrock19564 de setembroAlemañaEscritor, escritoraHannoverNumismático

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pigmento biolóxicoConcepción ArenalRuth BrownMediana (xeometría)Premios Mestre MateoPulqueriaVisbyRepública Socialista Soviética de LituaniaAporia crataegiRamiro CarregalO Canon da MedicinaCinque TerreRepública Krajina de SerbiaQuenllaRanger 5Illas CanariasAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBatoideaMonforte de LemosLeón, EspañaDistributivo-temporalJosé Luis GilChrysolina graminisLuis García-ReyWorld Trade Center (1973–2001)David M. WalkerPili PampínShinovaPosicións sexuaisCarmen Rodríguez DacostaXunta de GaliciaTeatro de EpidauroDomantas SabonisOs ÁnxelesReino UnidoThe Eyes of the DragonSydney SweeneyCorpo cetónicoIphigénie en Tauride (Gluck)Yorgos LanthimosElvis PresleySt. LouisRetorno a Tagen AtaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024OsloDía Internacional dos TraballadoresMundial de Fútbol de 1982AnguíaWilliam Smith (lexicógrafo)EdimburgoSelección de fútbol do UruguaiJuan Carlos Rodríguez CebriánAglais urticaePresidente de SomaliaOlaría da Grecia antigaAfonso V de AragónAvea comúnTradución de proteínasMarineraForcareiRick and MortyEumetopias jubatusÁcido graxo sintaseMúsculo deltoideGiotto di BondoneCONCACAFFukuokaBicogrosoWalt WhitmanEuropaBilurico comúnIllas SalomónSemana Santa🡆 More