O terremoto de L'Aquila de 2009 foi un sismo de 6,3 graos na escala sismolóxica de magnitude de momento segundo a United States Geological Survey (6,7 graos na escala de Richter) rexistrado o día 6 de abril de 2009 na zona central da Península Itálica.
O epicentro localizouse na cidade de L'Aquila, rexión dos Abruzos, mentres que en Roma a súa magnitude foi de 4,6 grados Richter. O terremoto deixou 294 mortos, 1.500 feridos e unhas 50.000 persoas perderon as súas casas a causa da destrución total ou parcial de miles de edificacións. As réplicas continuaron os días posteriores do sismo máis forte, entre eles varios que superaron os 5 graos na escala de Richter.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terremoto de L'Aquila de 2009 |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Terremoto de L'Aquila de 2009, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.