Escala De Richter

A escala de Richter cuantifica a magnitude sísmica dun terremoto.

Historia

A escala de Richter foi desenvolvida en 1935 polos sismólogos Charles Francis Richter e Beno Gutenberg, ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudaban sismos no sur da California.

Principio

É unha escala logarítmica: a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sísmicas de tipo P e S a 100 km do epicentro.

A fórmula utilizada é ML = logA - logA0 onde A representa a amplitude máxima medida no sismógrafo e A0 unha amplitude de referencia.

Así, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Con todo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces máis enerxía que o de magnitude 5.

A graduación

Na práctica, a escala está graduada de 1 a 9, mais teoricamente é ilimitada.

  • 1. Detectado só por instrumentos científicos.
  • 2. Sentido por algunhas persoas e animais.
  • 3. Sentido por moitas persoas.
  • 4. Sentido por todas as persoas.
  • 5. Destrúe algunhas construcións
  • 6. As estruturas balancéanse e as paredes comezan a caer.
  • 7. Destrúe moitas construcións e mata xente.
  • 8. Un desastre.
  • 9. Destrución total. (Caos, morte e destrución)

O sismo máis forte xamais rexistrado foi o gran terremoto de Chile, o 22 de maio de 1960, que acadou o valor de 9,5 nesta escala. Do outro lado da escala, a caída dunha tella dunha altura de 1 m. ten a magnitude -2.

Magnitude e intensidade

A escala de Richter non permite avaliar a intensidade sísmica dun sismo nun lugar determinado, e en particular en zonas urbanas. Para iso, utilízanse escalas de intensidade tales como a escala de Mercalli.

A magnitude é única para cada sismo, mentres que a intensidade das ondas sísmicas diminúe conforme a distancia das rochas atravesadas polas ondas e as liñas de falla.

Tags:

Escala De Richter HistoriaEscala De Richter PrincipioEscala De Richter Magnitude e intensidadeEscala De RichterTerremoto

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alfonso Basterra CamporroAutoescolaIemenJosep CarrerasDomingo de AndradeWilliam ShakespeareEl LuísMarcos PereiroXosé Manuel BeirasXogos popularesXián (nome)YaoiJude BellinghamIria MorgadeEspañaXulloBeatriz MatoAgustín Fernández PazAnimais23 de decembroEnciclopediaXosé Neira VilasSoloJoselu MatoBegoña ErraztiIñigo UrkulluDonald TrumpBiscaiaMeteoGaliciaMontse DopicoVilalba, Vilalba, VilalbaVerbos galegos ser, estar e irJoaquín ReyesLedicia CostasLa PalmaChipreAsturiasRevolución IndustrialPanamáNikolai GogolCarlos AymerichBenito MussoliniRevolución iranianaComarcas de GaliciaXoán Manuel PintosAnya Taylor-JoyBurela, Burela, BurelaC (linguaxe de programación)Isaac NewtonEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024Ismael RamosVitorino NúñezEva Iglesias MiguénsMouro (mitoloxía)Recuperación de informaciónDiáspora galegaMiñato comúnAlejandra SilvaSarriaFesta da coca de RedondelaFrédéric ChopinCarlos III de EspañaArroazAna SeijasSydney SweeneyLista das árbores de GaliciaSímbolos matemáticosChuchamelMártires de CarralBenedicto García VillarMosteiro, Mosteiro, Bóveda🡆 More