Suspensión De Bésta

A suspensión de bésta é un sistema de amortecemento empregado en vehículos.

No presente é empregado eminentemente por vehículos pesados. Poderíase resumir a súa función como a dun resorte plano que permite unha gran variedade de formas de instalación.

Descrición

A bésta é un conxunto elástico realizado con láminas de aceiro da mesma composición que o empregado para os resortes helicoidais noutros sistemas de suspensión, é dicir, aleado con silicio e manganeso. Esta composición máis o seu especial forxado e amorne permiten a estas láminas dobrarse baixo a acción dunha forza, retornando á súa posición inicial tras o cesamento da mesma.

As láminas de aceiro que compoñen a bésta reciben o nome de follas, e a súa lonxitude sempre é diferente respecto ás contiguas, de maior a menor. As follas mantéñense unidas mediante un orificio central común a todas elas, atravesado por un parafuso chamado parafuso capuchino. O conxunto da bésta únese ao bastidor do vehículo mediante a folla máis longa, usualmente situada na posición máis alta. Esta folla recibe o nome de folla mestra, e os seus extremos están curvados tomando unha forma cilíndrica para permitir o seu encaixe no bastidor. Estes extremos curvados denomínanse ollos, sendo habitual conectar polo menos un deles ao bastidor mediante un arco separador -shackle- que absorba as variacións de lonxitude das béstas a medida que as súas follas se comprimen.

Para manter a aliñación das follas, ademais do parafuso capuchino central disponse de varias bridas en U que impiden o desaliñado durante o proceso de absorción de golpes do sistema de suspensión. Estas bridas chámanse abarcóns.

Tipos

Nas seguintes imaxes amósanse os diferentes tipos de béstas:

Véxase tamén

Bibliografía

  • de Castro, Miguel (2005). 4x4: manual del mecánico. Ediciones CEAC. pp. 123–124. ISBN 8432911666. 

Tags:

Suspensión De Bésta DescriciónSuspensión De Bésta Véxase taménSuspensión De BéstaResorteVehículo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CarrachaPartido dos Socialistas de GaliciaMarcel ProustMoeda da Antiga RomaRibadaviaCerámicaÁreas lingüísticas do galego2Laura FalcóRevolución dos CaraveisPelaxeFran AlonsoBiblioteca Galega 120Rafael Hernanz AnguloLamento da FrouseiraMiñocaLista de voces dos animaisBasilio CegarraPicapeixePartido Independentista PortorriqueñoFabiola GarcíaNervio ópticoDigital object identifierRamón NicolásVoo 498 de CrossairEvencio FerreroXogos popularesOs outros feirantesXoán Manuel PintosVenresLugoSistema urinarioManuel CabezasPortugalREC (filme)89Jesús Vázquez AlmuíñaManuel Curros EnríquezCarcinoma lobular in situMúsica tradicional galegaGolfiño común39Anxo QuintanaJosé Luis Sanmartín MatoAs Cruces, SobradoAníbal MalvarLaos99Eleccións municipais en AmesContinenteLuís RubidoMarge SimpsonParadigmas dos verbos irregulares galegosErros e TánatosDereito de propiedadeMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaPortadaAmieiroPantera RodríguezCanadáSexo analAngkor WatPepo SuevosToniña comúnBunkyōOs pronomes persoais galegosCampus de EsteiroCarlos PajaresDios ke te crewBugalloCampo da RataSantiago de CompostelaICesáreo Sánchez Iglesias🡆 More