Solón: Filósofo e político ateniense

Solón (en grego Σόλων), nado en Atenas cara ao 640 a.

C. e finado na mesma cidade cara ao 560 a. C., foi un lexislador, estadista e poeta da Grecia arcaica. Considerado un dos Sete sabios de Grecia, é recoñecido habitualmente como o iniciador da Democracia ateniense.

Infotaula de personaSolón
Solón: Traxectoria, As reformas solonianas, Notas
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Σόλων ο Αθηναίος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 630 a. C. Editar o valor em Wikidata
Antiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Mortec. 560 a. C. Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Illa de Chipre Editar o valor em Wikidata
Arconte epónimo
594 a. C. – 593 a. C. Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexislador , filósofo , escritor , poeta , poeta elexíaco Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeséculo VII a. C. Editar o valor em Wikidata - século VI a. C. Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesPisístrato (curmán segundo) Editar o valor em Wikidata

Discogs: 4778346 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

A súa figura coñécese grazas a fontes como os seus propios poemas, que lle reportaron sona antes das responsabilidades públicas, e mediante comentarios e alusións nas obras doutros autores como Aristóteles e Plutarco.

Nado no seo dunha familia aristocrática vida a menos, autores clásicos coma Plutarco colócano coma parente de Pisístrato. A propia tradición ateniense recollida polo autor sitúano como artífice da reconquista da illa de Salamina polos atenienses, tras o conflito mantido con Megara (c. 612 a. C.). A campaña de Salamina é obxecto dunha elexía composta por el. Como poeta cultivou tamén a lírica iámbica e política.

Os éxitos déranlle prestixio entre os seus paisanos, o que lle valeu para ser escollido arconte con poderes extraordinarios arredor do 594 a. C. Por espazo de catro anos levou a cabo unha serie de reformas lexislativas de grande importancia, procurando o que chamou a Eunomía, ou boa orde e goberno.

Abandonou Atenas en 590 a. C. e dedicouse a viaxar por varios países, coma Chipre, Lidia e Exipto. Na poesía dese tempo, insiste en que non tirara proveito do seu cargo para lucrarse ou manterse no poder. Volveu á polis natal cando estaba gobernada polo tirano Pisístrato, quen se amosou respectuoso co vello lexislador, finando na propia cidade á idade aproximada de 80 anos.

A admiración posterior pola súa tarefa política fíxoo ser considerado como un dos sete sabios de Grecia. O renome acadado fixo que lle foran atribuídas leis promulgadas noutros períodos. Tamén foi empregado como personaxe en diálogos en obras de Heródoto e de Platón.

As reformas solonianas

A reforma constitucional

Substituíu o código de Dracón por un conxunto de leis escritas que ampliaron as competencias da xustiza a eidos como o matrimonio, a sucesión, a herdanza, os sacrificios e os funerais. Entre estas disposicións lexislativas destacan a retirada do dereito que asistía aos pais de decidiren sobre a vida e a morte dos seus fillos, a concesión do dereito á herdanza e sucesión aos fillos naturais, a prohibición da venda dos fillos por parte dos seus pais e diversas medidas encamiñadas a eliminar os gastos suntuarios dos aristócratas.

Outro ámbito característico desta xeira reformadora foi que permitiu a un maior número de habitantes participaren na vida pública ateniense, aínda que mantendo o patrimonio como o elemento determinante da xerarquía social e o criterio para determinar a participación nos cargos públicos e militares. Para tal efecto, permitiu que os thetes, xornaleiros que carecían ata o momento de dereitos políticos, accedesen á Ekklesía, podendo participar na elección dos maxistrados. Tamén creou unha nova institución, a Bulé, consello de 400 membros elixidos por sorteo cada ano encargado de preparar as reunións da Ekklesía, vixiar a execución das leis e a orde cidadá. A Heleia, tribunal popular formado por 6.000 membros, contribuíu a achegar a xustiza ao pobo. Ademais, Solón concedeu a facultade a todos os cidadáns de emprenderen unha acción xudicial, así como de apelaren a un tribunal popular a decisión dun maxistrado. Deste xeito, a aristocracia tradicional, os eupátridas, perderon o monopolio do poder e o demos, a maior parte da poboación, foi recoñecido como parte integrante da cidadanía.

A reforma social

A gran mudanza no ámbito social foi a disposición da Seisactía, consistente na abolición total da débedas dos campesiños, sen ningunha indemnización para os nobres acredores. Esta medida permitiu abolir a escravitude de quen se vendera por mor das débedas e, por ende, aliviar en grande medida a situación do campesiñado da Ática. Ademais, considérase que liberou a escravos vendidos a fóra de Atenas por este motivo.

As clases sociais ficaron divididas en catro categorías definidas en función do produto da súa terra medido en peso de cereal e de líquido, a saber:

  1. Pentacosiomedimnos.
  2. Hippeis.
  3. Zeugitas.
  4. Thetes.

Só as dúas primeiras clases tiñan dereito a elixiren e a seren elixidos nas maxistraturas do Estado. Por outra banda, cada categoría social desempeñaba un papel diferente no exército, tendo en conta que eran os propios cidadáns mobilizados para o exército os que debían custear o seu propio material militar. Por exemplo, os hippeis eran cabaleiros que podían pagarse un cabalo, os zeuxitas realizaban funcións de infantaría pesada e os thetes formaban a infantaría lixeira e actuaban de remeiros na mariña de guerra. Con esta reforma, a posición social e o cargo na Administración e no exército viñan determinados pola fortuna e non polo nacemento.

A reforma económica

As medidas en materia económica tomadas por Solón xiraron basicamente en torno a tres eixos fundamentais: a fixación do sistema de medidas e moedas, as modificacións na agricultura e o impulso na artesanía e no comercio. Así, consolidou as medidas en medimno para os sólidos e en metreto para os líquidos e acuñou moeda, coñecida como euboico. Propiciou o cultivo da vide e da oliveira en detrimento da agricultura cerealística e impulsou a cerámica e o comercio en xeral.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Uriel, P. (2011). Historia Antigua Universal II. El mundo griego. Universidad Nacional de Educación a Distancia, Madrid.
  • Gómez Espelosín, J. (2001). Historia de Grecia Antigua. Akal Textos. Madrid.
  • Blok, J. H., André P., e Lardinois, M.H. (2006). Solon of Athens: New historical and philological approaches. Brill, Leiden.

Ligazóns externas

Tags:

Solón TraxectoriaSolón As reformas solonianasSolón NotasSolón Véxase taménSolón-640-560AtenasDemocraciaLeiLingua grega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tamara CanosaManuel TurizoXogos Olímpicos de Inverno de 1988Real Club Celta de VigoAquí no hay quien vivaYouTubeRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)O Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoArnaud Courlet de VregilleAlberte PagánABidueiroFerrolNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarGiorgia MeloniMaría Xosé QueizánBenito KamelasParadigmas dos verbos irregulares galegosFonte dos CabalosMarco AurelioJosé Casal RodríguezPadrónPaul KleeProvincia da CoruñaPascual VeigaAntónio de Oliveira SalazarHelena SalgueiroEmilia Pardo BazánO Vintecatro, Oeste, CatoiraCantiga de amigoVitoria Uxía de BattenbergImperio RomanoThe ArtistArcadi EspadaSabela López PatoIria MisaC (linguaxe de programación)Ana Belén FortesCicutaChatGPTSnookerLalínLista de ríos de EspañaGuillermo VicenteCarbohidratoVigoForcareiXurxo AyánEstrella GaliciaJulio Alén MontesJimmy PageClub Deportivo ArenteiroReino de GaliciaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaWikiVox populiPedro SánchezSonsoles EspinosaNúmero piAlberto CarpoSandra Vázquez DomínguezPedro I do BrasilSegunda República EspañolaO incerto señor Don HamletPaulino PereiroLista de programas de Televisión EspañolaBreogánPilar AlegríaXestaXarda🡆 More