Sofía Paleóloga

Zoe Paleóloga, (en grego: Ζωή Παλαιολόγου, en ruso: Софья Фоминична Палеолог) nada en 1440/49 e finada o 7 de abril de 1503, foi Gran Duquesa de Moscova, sobriña do último emperador bizantino Constantino XI e segunda esposa de Iván III de Rusia, avoa de Iván o Terrible.

Zoe Paleóloga
Gran Duquesa consorte de Moscova
Sofía Paleóloga

Reinado12 de novembro de 1472 - 7 de abril de 1503
Nacemento1440/49
Cónxuxe/sIván III de Rusia
DescendenciaBasilio Ivanovich
Iuri Ivanovich
Demetrio Ivanovich
Simeón Ivanovich
Andrei Ivanovich
Helena Ivanovna
Feodosiia Ivanovna
Eudoxia Ivanovna
ProxenitoresWiki GalegoTomé Paleólogo
Catarina Zaccaria

Biografía

Familia

O pai de Zoe foi Wiki GalegoTomé Paleólogo, Déspota de Morea e irmán do último emperador bizantino, Constantino XI. A súa nai foi Catarina Zaccaria, a única filla lexítima e herdeira de Centurión II Zaccaria, o último príncipe independente de Achaea e Barón de Arcadia.

En Italia

A caída do Imperio Bizantino en 1453 supuxo un punto de inflexión na vida de Zoe. Sete anos máis tarde, en 1460, a armada otomá atacou Morea e Tomé e a súa familia tivo que escapar a Corfu e, máis tarde, a Roma, onde Tomé entrou na cidade como Emperador Bizantino o 7 de marzo de 1461. Catarina, que quedara en Corfu cos seus fillos, finou o 16 de agosto de 1462, mentres que Zoe e os seus irmáns permanecerían aló até 1465 ano en que finalmente parten cara Roma. En Roma o seu nome grego Zoe foi cambiado a Sofía.

Matrimonio

Sofía Paleóloga 
Ivan Fryazin mostra a Iván III o retrato de Sofía Paleóloga, por Viktor Muizhel.

María de Tver, a primeira muller do Gran Príncipe Iván III de Moscova finara en 1467. Deste matrimonio nacera un fillo, Iván o Mozo, nado en 1458. No ano 1469 o Papa Paulo II ofreceu a Sofía como esposa ao monarca ruso, coa esperanza de unir a católicos e ortodoxos nunha soa fe. Iván III, casou con Sofía na Catedral da Dormición no Kremlin de Moscova o 12 de novembro de 1472. Con todo, o Cardeal Basilio Bessarión, enviado papal, non tivo éxito na súa misión de converter a política relixiosa moscovita.

Ao pasar dos anos, Sofía foi gañando influencia nas decisións do seu ancián marido. Crese que foi a primeira en introducir no Kremlin a magnífica e meticulosa etiqueta das cerimonias bizantinas, coa idea de converter a Moscova na Terceira Roma.

Morte

Sofía Paleóloga 
Destrución da tumba de Sofía Paleóloga en 1929.

O triunfo do seu fillo foi o último evento importante na vida de Sofía. Esta lograra que Iván III nomeara como o seu sucesor a Basilio, pasando así por alto a Iván, o fillo de María de Tver. Sofía finou o 7 de abril de 1503, dos anos antes que o seu marido (quen finou o 27 de outubro de 1505).

Sofía foi enterrada nun sarcófago de pedra branca na cripta da Catedral da Dormición no Kremlin de Moscova, preto da tumba de María de Tver. No sarcófago inscribiuse o nome Sofía.

A catedral da Dormición foi destruída en 1929, e os restos de Sofía, así como doutras consortes reais, foron transferidas a unha cámara subterránea na Catedral do Arcanxo Miguel.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Sofía Paleóloga BiografíaSofía Paleóloga NotasSofía Paleóloga Véxase taménSofía Paleóloga144015037 de abrilConstantino XIIván III de RusiaIván IV de RusiaLingua gregaLingua rusa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LeedsEdiciones CardeñosoO SalvadorCantiga de amigoDune (filme de 2021)Liam NeesonDinastía MingRobin WilliamsLuís TosarAlfredo GuisadoCallitriche hamulataBorja Fernández Fernández (1981)Luis ZaheraOurenseMarineda CityEminemForo do bo burgo de Castro CaldelasGuimarãesKaty PerryConcellos de GaliciaCourseraTexasMitocondriaSão PauloIgrexa católicaPartido Comunista ItalianoSloganBetaninaGran DepresiónBatalla de Medina de RiosecoImperio SelxúcidaMasculino e feminino en galegoMLorbé, Dexo, OleirosTapa (peixe)Copa LibertadoresGalicia estremeiraShirley ChisholmKarl MarxEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024CaralloFlorencia PeñaUNVIHenrique VIII de InglaterraSergio DalmaFrancisco Miguel Llanos TrápagaLas Torres de CotillasRibadeoEconomía de GaliciaAÑCaptain Fantastic (filme)Medio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordPaula AlvarellosSalviaEva CárdenasPanteón de RomaPalauJulian AssangeEmilia Pardo BazánIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneNacionalismo1401PontevedraFrancisco FrancoRelación sexual humanaAnxo ArcaCamariñasPerúÁngel Llanos🡆 More