O Shamrock Rovers Football Club (en irlandés Cumann Peile Ruagairí na Seamróige) é un club de fútbol da cidade de Dublín, Irlanda.
Actualmente compite na FAI Premier Division, a máxima categoría do fútbol irlandés e xoga os seus partidos como local dende o 2009 no Tallaght Stadium, cunha capacidade para 5.700 espectadores.
Shamrock Rovers | |||
---|---|---|---|
Nome | Shamrock Rovers Football Club Cumann Peile Ruagairí na Seamróige | ||
Alcume(s) | The Hoops, Rovers | ||
Fundación | 1901 | ||
Estadio | Tallaght Stadium, Dublín, Irlanda | ||
Capacidade | 5.700 | ||
Presidente | Jonathan Roche | ||
Adestrador | Michael O'Neill | ||
Liga | FAI Premier Division | ||
Temp. 2023 | 1º | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Patrocinador | Woodie's DIY | ||
Na rede | |||
http://www.shamrockrovers.ie/ | |||
| |||
O club foi fundado en 1901 (a pesar de que algunhas fontes estiman a mesma en 1899) en Ringsend. O seu nome deriva da avenida Shamrock de Ringsend. Dende os anos '20 ata 1987, o Shamrock xogou os seus partidos en Glenmalure Park, en Milltown. Ese ano, o estadio foi vendido e o equipo non tivo campo propio en 22 anos, cando se inaugurou o Tallaght Stadium. O equipo xogou en Ballsbridge entre 1990 e 1996.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Shamrock Rovers F.C., which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.