Santiaguiño Do Mediterráneo

O santiaguiño do Mediterráneo (Scyllarides latus) é unha especie de santiaguiño da familia Scyllaridae que habita no mar Mediterráneo e na costa leste do océano Atlántico.

Santiaguiño do Mediterráneo
Santiaguiño Do Mediterráneo
Estado de conservación
Datos insuficientes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Achelata
Familia: Scyllaridae
Xénero: 'Scyllarides'
Especie: ''S. latus''
Nome binomial
'Scyllarides latus'
(Latreille, 1803) 
Sinonimia

É unha especie comestible moi valorada, pero escasea na maior parte da súa área de distribución pola sobrepesca. Os adultos chegan a medir uns 30 cm, están ben camuflados e carecen de pinzas. Teñen hábitos nocturnos, emerxendo de covas e outros refuxios durante a noite para alimentarse de moluscos. Son depredados por numerosas especies de peixes óseos.

Santiaguiño Do Mediterráneo
Santiaguiño mediterráneo na costa de Malta.

Distribución

Scyllarides latus atópase na maior parte das costas do mar Mediterráneo (cunha excepción notable no Adriático setentrional) e en rexións orientais do océano Atlántico, desde Lisboa a Senegal, incluíndo a Macaronesia. No Senegal, cohabita con Scyllarides herklotsii, especie de gran parecido.

Descrición

Slatus pode crecer até unha lonxitude de 45 cm, aínda que xeralmente non supera os 30 cm, o que supón unha carapa duns 12 cm. Un exemplar pode pesar até 1,5 kg. Como en todas as especies de esciláridos, o segundo par de antenas está engrosado e aplanado en forma de pa. A pesar de estar emparentados coas lagostas, Scyllarides latus, como o resto de especies da súa familia, carece de pinzas, e tampouco presenta defensas espiñentas. A cambio, o seu exoesqueleto, en particular a súa carapa, é máis groso e funciona como armadura. Os adultos camúflanse grazas á súa coloración críptica, ao que contribúe a presenza de protuberancias na súa carapa.

Notas

Tags:

Familia (socioloxía)Mar MediterráneoMoluscosOcéano AtlánticoPeixes óseos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xurxo SoutoIris Gey LópezDavid BustamanteOTANHannah ArendtTeoRenda básica universalPornografíaManuel Jesús González CapónA ira dos mansosTom Holland (actor)AC-960Os PinosA viaxe de ChihiroRúa das Rodas (Santiago de Compostela)DodecágonoArxentinaSistema solarAC-418App Store (iOS)A EstradaGalipediaÁngel CarracedoProxyPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Eleccións municipais de 2015 en GaliciaVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaLiga Feminina de baloncesto 2023-24BerrogüettoLeopoldo RubidoRebeliom do InframundoAWStatsLeitzaldeaPonteareasPaís VascoLugares de ArteixoMarie CurieIrúnManuel Fernández DoalloFerroAtlánticaJorge PeteiroCarlos III do Reino UnidoCarl Theodor DreyerUrueñaDolores O'RiordanGran Guerra IrmandiñaPantera RodríguezFrancisco PazosManuel LourenzoCayetana Guillén CuervoJosé Manuel LageLista de palabras galegas de orixe celtaEduard del Castillo VelascoAna María Fernández MartínezLista de ríos de GaliciaLarraunFalange EspañolaMiguel Ángel Zabalza BerazaOs ÁnxelesMaría Victoria MorenoBatalla de CacheirasCaralloRexionalismo galegoPortadaJosé Manuel García-MargalloAna Belén FortesTereixa ConstenlaPartido Comunista de EspañaWikiXunta de GaliciaShishuo xinyuAkureyriBoyanka Kostova (grupo musical)GuestrarBimba y Lola🡆 More