Ryszard Kapuściński: Xornalista, escritor e ensaísta polaco

Ryszard Kapuściński, nado en Pińsk o 4 de marzo de 1932 e finado en Varsovia o 23 de xaneiro de 2007, foi un xornalista, escritor e ensaísta polaco.

Infotaula de personaRyszard Kapuściński
Ryszard Kapuściński: Traxectoria, Premios e recoñecementos, Obra literaria
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Ryszard Kapuściński.. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1932 Editar o valor em Wikidata
Pinsk, Belarús Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPowązki Military Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Varsovia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Obreiro Unificado Polaco Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura
Ryszard Kapuściński: Traxectoria, Premios e recoñecementos, Obra literaria Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2419380 Musicbrainz: 1db63214-9d0c-4969-bd3a-546ec160ad1a Find a Grave: 19138039 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Pińsk, a súa cidade natal, pertencía nos anos trinta á provincia polaca de Kresy, na súa fronteira oriental, mais na actualidade é territorio belaruso. Sufriu na súa infancia as consecuencias da segunda guerra mundial, o que marcou a súa vida e obra posteriores. Despois de estudar Historia e Arte na universidade de Varsovia, comezou a traballar no semanario Sztandar Młodych a comezos da década de 1950 como reporteiro de asuntos locais. Por unha casualidade foi destinado á India para facer reportaxes sobre aquel país, como consecuencia da visita do Pandit Nehru a Polonia e do achegamento entre os gobernos dos dous países. A partir de aí comezou unha carreira como xornalista internacional pola China, América Latina e sobre todo a África da descolonización, como único correspondente da Axencia Polaca de Prensa no mundo en desenvolvemento.

Colaborou tamén en Time, The New York Times e Frankfurter Allgemeine Zeitung, como correspondente de guerra durante moitos anos e acadando un grande éxito grazas ó seu peculiar estilo, que o converteu nun xornalista de culto e figura relevante da cultura a nivel mundial.

A partir de 1960, Kapuściński comeza a publicar o seu labor xornalístico en libros, mais non en escolma de reportaxes, senón como obras autenticamente novas. O seu estilo foxe dos grandes acontecementos históricos e das datas oficiais, para narrar a caída e a proclamación dos réximes polos personaxes cos que ten contacto, dende taxistas a xenerais. O seu foi un xornalismo fondamente literario, cunha linguaxe moi coidada e expresiva, e inzada de xogos metaliterarios con referencia aos libros cos que el vai tomando contacto coas novas realidades de países descoñecidos.

Desde 1962 compaxinou as súas colaboracións periodísticas coa actividade literaria e exerceu como profesor en varias universidades. Na actualidade forma parte da Asociación polaca de Artistas Fotógrafos. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Silesia en 1997 e ata 1981 foi correspondente no estranxeiro.

A súa produción literaria foi traducida a multitude de idiomas e recibiu unha excelente acollida por parte do público e da crítica amante dos relatos de viaxes. Falaba con fluidez oito idiomas, entre eles o francés, o inglés, o ruso e o español.

Premios e recoñecementos

  • Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, 2003.
  • Distinguido co título de Xornalista do Século nunha consulta realizada ós lectores da revista mensual Press.
  • Premio J. Parandowski do Pen Club polaco (1989).
  • Premio Goethe (Hamburgo)
  • Premio da fundación A. Jurzykowski (Nova York)
  • Premio de l´Astrolabe (Francia)
  • Premio dos editores e libreiros alemáns
  • Premio da Fundación Turzanski (Toronto)
  • Premio Literario Linda das cidades de Toruń e Gotinga
  • Premio Icaro
  • Premio Bruno Kreisky para libros políticos (2004).
  • Doutor honoris causa pola Universidade Ramon Llull (2005).
  • Soou como favorito para acadar o premio Nobel de Literatura, pero non o conseguiu.

Obra literaria

Ningunha das súas obras foi traducida polo de agora ao galego.

  • Busz po polsku (1962).
  • Czarne gwiazdy (1963).
  • Kirgiz schodzi z konia (1968).
  • Gdyby cała Afryka (1969).
  • Che Guevara - Dziennik z Boliwii (1969).
  • Dlaczego zginął Karl von Spreti? (1970).
  • Chrystus z karabinem na ramieni (1975).
  • Jeszcze dzień życia ("Un día máis con vida", 1976). Narra a descolonización portuguesa de Angola en 1975 e as súas consecuencias: a guerra civil que asolou a rexión ata hai pouco.
  • Wojna futbolowa ("A guerra do fútbol" 1978). Fala sobre diversos conflitos africanos e latinoamericanos. A reportaxe que lle dá título ó libro narra a guerra que mantiveron Honduras e O Salvador, cuxo detonante foi un partido de fútbol entre as seleccións de ambos países da fase previa do Mundial de Fútbol México 1970.
  • Cesarz (1975). Narra a caída do emperador de Etiopía, Haile Selassie.
  • Szachinszach (1982). Narra a caída do emperador de Irán, o xá Reza Pahlevi.
  • Notes (1986). Poesía.
  • Lapidarium (1990).
  • Imperium (1993). Sobre o derrubamento da Unión Soviética.
  • Lapidarium II (1995).
  • Lapidarium III (1997).
  • Heban (1998). Contén reportaxes localizadas en varios países de África.
  • Lapidarium IV (2000).
  • Z Afryki (2000). Álbum fotográfico.
  • Lapidarium V (2001).
  • Los cínicos no sirven para este oficio (2000). Editado en castelán, recompila entrevistas e conversas moderadas por Maria Nadotti.
  • Autoportret reportera (2003).
  • Podróże z Herodotem (2004). Conta os seus comezos como xornalista e a axuda que lle proporcionou a lectura da Historia de Herodoto.
  • Prawa natury (2006).
  • Ten Inny (2006).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ryszard Kapuściński TraxectoriaRyszard Kapuściński Premios e recoñecementosRyszard Kapuściński Obra literariaRyszard Kapuściński Véxase taménRyszard Kapuściński1932200723 de xaneiro4 de marzoEnsaio (literatura)EscritorPoloniaVarsoviaXornalismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Antonio TouriñánBreixoÁreas lingüísticas do galegoTom HanksBaltimoreEguaTelomerasePietro BadoglioMercedes-Benz C112Fátima PegoÁcido sapiénicoEnciclopedia Galega UniversalAntonio BanderasThe New York TimesDactiliaFalco peregrinusProvincia da CoruñaReino de GaliciaColocación do pronome átono en galegoCuzcoEscualenoRetorno a Tagen AtaEnemaSabuguido, Vilariño de ConsoBenz Patent-MotorwagenCharles LeclercAndre DrummondO Canon da MedicinaNova ZelandiaDryophytes versicolorTenerifeAC-960LogroñoLingua latinaDobre hélice de ácidos nucleicosDavid BroncanoColumbiformesHonoluluHindemburg Melão Jr.San Martiño, FranciaMaría JamardoLinguas altaicasCanle (enxeñaría)Edgar EndeTyrese MaxeyReiquiavikGerardo Pardo de VeraArchaeopteryxEdicto de MilánOpisthocomiformesLappeenrantaGripeÁcido dotriacontanoicoAngkor WatPresidenciaMaroon 5Opisthocomus hoazinJohn Horton ConwaySionismoBostonLista de nomes femininos en galegoLista de castelos de PortugalCalvos de RandínDonicelaColectivizaciónPatacaEdgar de WahlInositolÁcido cápricoPalenciaReggio de Calabria🡆 More