Rodrigo Vázquez Rodríguez, nado en Ourense o 20 de novembro de 1987, é un xornalista e presentador galego.
Dende abril de 2022 presenta o concurso televisivo El cazador, en La 1 de TVE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rodrigo Vázquez Rodríguez 20 de novembro de 1987 (36 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Grupo étnico | Pobo galego |
Educación | Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela - Q43236300 (2005–2009) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xornalista , presentador de televisión , locutor |
Período de actividade | 2008 - |
Empregador | RTVE (2022–) Corporación de Radio e Televisión de Galicia (2008–2022) |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Participou en | |
31 de xaneiro de 2023 | Benidorm Fest 2023 |
Premios | |
Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira como xornalista en 2008.
Iniciou o seu camiño profesional nos informativos da Televisión de Galicia, traballando en numerosos eidos e, en especial, na sección de deportes. Ó tempo, colaboraba nos espazos O agro e Labranza, nos que se ofrecen reportaxes e novas sobre o mundo agrario de Galicia. Desenvolveu a actividade radiofónica nos micrófonos de Radio Galega durante dous anos.
En 2014, debutou como presentador no programa Aquí Galicia, un espazo que percorre as festas que se celebran na comunidade galega os fins de semana. O seu rostro fíxose rapidamente popular entre os espectadores pola súa gran naturalidade e tan só un ano despois, a cadea ofreceulle conducir Oh Happy Day, a adaptación do programa musical homónimo de TV3.
Desde entón, tamén ligado á TVG, estivo á fronte de O país máis grande do mundo e Verbenalia.
Entre 2016 e 2019 presentou de luns a venres o concurso de sobremesa Ti verás na canle autonómica galega. Tamén se encargou de retransmitir as badaladas de fin de ano na TVG, dando a benvida ao 2018 dende a praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Dende xaneiro de 2020 ata abril de 2022 presentou xunto a Roberto Vilar o programa de sobremesa Quen anda aí?.
A seguir, Televisión Española anunciou a súa contratación para substituír a Ion Aramendi á fronte do concurso El cazador, que se emitía de luns a venres en La 1 e no que reivindica o seu acento galego. A finais dese ano anunciouse que presentaría a edición de 2023 do Benidorm Fest, o festival da canción español que ademais é clasificatorio para Eurovisión.
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor comunicador de televisión | Oh Happy Day | Nomeado |
2016 | Mellor comunicador de televisión | O país máis grande do mundo | Nomeado |
2017 | Mellor comunicador de televisión | Ti verás | Nomeado |
2018 | Mellor comunicador de televisión | Ti verás | Gañador |
2019 | Mellor comunicador de televisión | Ti verás | Nomeado |
2020 | Mellor comunicador de televisión | Quen anda aí? | Gañador |
2021 | Mellor comunicador de televisión | Quen anda aí? | Nomeado |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Rodrigo Vázquez, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.