Rafael Sabatini: Escritor italiano (1875–1950)

Rafael Sabatini, nado en Jesi o 29 de abril de 1875 e finado en Adelboden o 13 de febreiro de 1950 foi un escritor británico de orixe italiana, autor de novelas, de aventuras e amores, de moito éxito na súa época.

Infotaula de personaRafael Sabatini
Rafael Sabatini: Traxectoria, Notas
(1924) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1875 Editar o valor em Wikidata
Jesi (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Wikon (Suíza) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1950)
Reino de Italia (1875–1946)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , guionista , novelista , tradutor , escritor de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en

IMDB: nm0754581 Allocine: 84005 Allmovie: p314477 IBDB: 8226
Find a Grave: 13781901 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu na provincia de Ancona, na Italia central, de nai inglesa e pai italiano. Os pais eran antigos cantantes de ópera que se converteran en profesores. O neno Rafael viviu en contacto con moitas linguas, vivindo co seu avó en Inglaterra, e foi á escola en Portugal, mais tamén pasou algúns períodos en Suíza. Aos dezasete anos volveu a Inglaterra.

Tras unha breve experiencia no mundo dos negocios, Sabatini mirou á literatura, escolleu o inglés como lingua literaria xa que na súa opinión "As mellores historias escríbense en inglés"; na década de 1890 escribiu contos, e en 1902 apareceu a súa primeira novela. Pero tardou máis dun cuarto de século antes de alcanzar o éxito, grazas a Scaramouche, publicado en 1921. Esta brillante novela sobre a Revolución Francesa converteuse nun éxito de vendas; Captain Blood de 1922 tivo o mesmo éxito e tamén se reeditaron as súas obras anteriores, acadando tamén moito éxito The Sea Hawk, orixinalmente publicada en 1915. Sabatini, foi un prolífico escritor, capaz de escribir un libro cada ano e aínda que as súas obras posteriores non acadaron o éxito das anteriores, mantivo un alto nivel de popularidade entre os lectores. En total, Sabatini escribiu trinta e unha novelas, oito coleccións de contos, seis libros de non ficción e mais unha peza teatral. As súas novelas máis famosas foron The Sea Hawk (1915), sobre a armada española e os piratas da Costa Berberisca; Scaramouche (1921), que se desenvolve durante a Revolución Francesa e na que o protagonista, un fuxitivo, únese a unha compañía de comediantes; Captain Blood (1922), na que o protagonista é o almirante dun buque da frota pirata e Bellarion the Fortunate (1926), sobre un arteiro neno inmerso na política italiana do século XV . De varias das súas novelas fixéronse versións cinematográficas. Rex Ingram realizou Scaramouche (1923) protagonizada por Ramón Novarro; The Sea Hawk (1924) dirixiuna Frank Lloyd e protagonizouna Milton Sills. Da versión cinematográfica de Captain Blood (1924), con J. Warren Kerrigan como protagonista só se conserva unha copia incompleta. O filme sonoro The Black Swan (1942) protagonizárono Tyrone Power e Maureen O'Hara.

Narrativa

Rafael Sabatini: Traxectoria, Notas 
A portada da edición de 1922 de Captain Blood
  • The Lovers of Yvonne ou The Suitors of Yvonne) (1902)
  • The Tavern Knight (1904)
  • Bardelys the Magnificent (1905)
  • The Trampling of the Lilies (1906)
  • Love-At-Arms: Being a narrative excerpted from the chronicles of Urbino during the dominion of the High and Mighty Messer Guidobaldo da Montefeltro (1907)
  • The Shame of Motley (1908)
  • St. Martin's Summer (1909)
  • Mistress Wilding ou Anthony Wilding (1910)
  • The Lion's Skin (1911)
  • The Justice of the Duke (1912)
  • The Strolling Saint (1913)
  • The Gates of Doom (1914) -
  • The Sea Hawk (1915)
  • The Banner of the Bull (1915)
  • The Snare (1917)
  • Scaramouche (1921)
  • Captain Blood ou Captain Blood His Odyssey (1922)
  • Fortune's Fool) (1923)
  • The Carolinian (1924)
  • Bellarion the Fortunate (1926)
  • The Nuptials of Corbal (1927)
  • The Hounds of God (1928)
  • The Romantic Prince (1929)
  • The Reaping (1929)
  • IThe King's Minion ou The Minion (1930)
  • Scaramouche the King-Maker (1931)
  • Captain Blood Returns ou The Chronicles of Captain Blood (1931)
  • The Black Swan (1932)
  • The Stalking Horse (1933)
  • Venetian Masque (1934)
  • Chivalry (1935)
  • The Fortunes of Captain Blood (1936)
  • Scaramis (1936)
  • The Lost King (1937)
  • The Sword of Islam (1939)
  • The Marquis of Carabas o Master-At-Arms (1940)
  • Columbus (1941)
  • King In Prussia ou The Birth of Mischief) (1944)
  • Turbulent Tales (1946)
  • The Gamester (1949)

Teatro

  • The Tyrant: An Episode in the Career of Cesare Borgia, a Play in Four Acts  (1925)

Ensaio

  • The Life of Cesare Borgia) (1912)
  • Torquemada and the Spanish Inquisition (1913)
  • The Historical Nights' Entertainment (1917)
  • Heroic Lives (1934)

Notas

Tags:

Rafael Sabatini TraxectoriaRafael Sabatini NotasRafael Sabatini13 de febreiro1875195029 de abrilItaliaReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lugares de GaliciaLista de nomes masculinos en galegoJosé Quiroga Pérez de DezaFútbolTrackbackNava CastroLingua neerlandesaFernando Taboada GuntínSabela López PatoFC Bayern MünchenEmblema de AfganistánJavier GutiérrezManuel Vázquez OuteiriñoIsabel Díaz AyusoClaudio GiráldezXogos Olímpicos de Inverno de 1988Zakat al-FitrPilar AbellaMagnitude aparenteGúgolCangas, Cangas, CangasPaulo CarrilClub Deportivo Ourense29 de abrilXardaMaría RozasFrancisco Fernández ReiCártamoDía das Galegas nas LetrasCódice CalixtinoLista de castelos de PortugalDiego Rivas RegoLingua indonesiaRosario DúrcalPavillón Multiúsos Fontes do SarContactorCando petan na porta pola noiteEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Masturbación coas mamasBaby ReindeerPonteareasDodecágonoEli RíosRamiro CarregalA PeroxaIgnacio VarelaSantiago RomayForo (contrato)Cortegazas, Cortegazas, AviónLagarto arnalIrmandiñosReino de GaliciaBiscaiaFaro de VigoBasketball Champions LeaguePampallínTrue Detective (tempada 1)Fernando Álvarez LamelasLeopoldo RubidoADP-ribosilaciónEl NiñoShin ChanEuropaAlberto FortesJosé Luis GilAdolfo SuárezEscola da TebraIrmandades da FalaMiguel de CervantesForcarei🡆 More