Premios Do Cinema Europeo

Os Premios do Cinema Europeo foron establecidos en 1988 pola Academia do Cinema Europeo para recoñecer os méritos cinematográficos europeos.

Os premios outórganse en dez categoría, sendo a máis importante a de mellor filme. Os premios están restrinxidos ao cinema de Europa e aos produtores, directores e actores europeos.

Os premios recibiron ata 1997 o nome de premios Félix en referencia á antiga estatua do galardón, logo substituída por unha estatua feminina.

A sede de entrega altérnase entre Berlín e outras cidades europeas.

Procedemento do premio

Os filmes que participan deben ser longametraxes de ficción estreadas publicamente e mostradas (en festivais ou cines convencionais) despois do 1 de xullo do ano anterior. Baseándose nunha selección de aproximadamente corenta filmes recomendados para as candidaturas, os membros da Academia do Cinema Europeo vota os nomeamentos nas categorías principais, que se anuncian a principios de novembro no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. A partir das candidaturas, os membros da Academia votan os gañadores en cada categoría, que se entregan nunha cerimonia a principios de decembro.

Elixibilidade

Os criterios para que un filme cualifique como europeo baséanse na convención europea sobre coprodución cinematográfica, apéndice II, establecido polo Consello de Europa. Esta definición pode estenderse a obras e nacionalidades israelís e palestinas.

Unha obra cinematográfica considérase europea se acada polo menos 15 puntos:

Elementos europeos Peso dos puntos
Grupo creativo
Director 3
Guionista 3
Compositor 1
Grupo de interpretación
Primeiro papel 3
Segundo papel 2
Terceiro papel 1
Grupo técnico
Cámara 1
Gravador de son 1
Montador 1
Director artístico 1
Estudio ou lugar de gravación 1
Lugar de posprodución 1

Marcas

Gañadores do "Big Five"

A seguinte é unha listaxe dos filmes gañadores do "Big Five" (filme, director, guión, actor e actriz). Só un filme gañou estes cinco premios.

Ano Filme Director Guionista Actor Actriz País
2016 Toni Erdmann Maren Ade Maren Ade Peter Simonischek Sandra Hüller Premios Do Cinema Europeo  Alemaña

Múltiples vitorias

Filmes que gañaron tres premios ou máis.

Tags:

Premios Do Cinema Europeo Procedemento do premioPremios Do Cinema Europeo ElixibilidadePremios Do Cinema Europeo MarcasPremios Do Cinema Europeo NotasPremios Do Cinema Europeo Véxase taménPremios Do Cinema EuropeoCinema

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PonteareasLogroñoEl laberinto del faunoReino suevoHLA-DORepública ChecaShaquille O'NealBoyanka Kostova (grupo musical)Estados Unidos de AméricaMoisés Rodríguez PérezAna Belén FortesDavid SilvaFascismoCopia por contactoCarlos II de EspañaPegaJeff BezosNieves NeiraRevolución dos CaraveisDonicelaÁlex FidalgoA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoJulio Alén MontesIsabel PantojaRedondelaEstíbaliz EspinosaAresoLista de ríos de GaliciaPirámide de necesidades de MaslowDominio públicoOvidio RodeiroCidade da Cultura de GaliciaSilvia SuperstarMarco AurelioAlberte PagánCastañolaApóutegaMaría Antonieta de AustriaIria Carreira PazosCándido Conde-Pumpido VarelaVladimir PutinCidade do VaticanoYouTubeMontse DopicoFentoTonhito de PoiDolores O'RiordanAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoJosito PortoEduardo Paredes RodríguezThibaut CourtoisSuízaThe OffspringNacho CastañoCeleste CaeiroAlfonso MolinaAC-418Manuel MurguíaLugoRonda de NelleOctavio AugustoGran Guerra IrmandiñaIria MorgadeBRaquel Sánchez-SilvaFesta dos maiosAntón FraguasRamón CamposDe NinghuresRenda básica universalJosé Antonio Vázquez TaínContactorFingeringÁreas lingüísticas do galegoIgnacio Rivera Quintana🡆 More