Pioneer 6

Pioneer 6, tamén coñecida como Pioneer A, foi unha sonda espacial lanzada o 16 de decembro de 1965 mediante un foguete Delta E desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo interplanetario.

Pioneer 6 / Pioneer A
Pioneer 6
Pioneer 6
TipoCientífico
FabricanteTRW
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita heliocéntrica.
Data de lanzamento16 de decembro de 1965, 7:31 GMT
Foguete portadorDelta E
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17A
Obxectivo da misiónEstudo do espazo interplanetario coordinadamente con outras sondas espaciais.
NSSDC ID1965-105A
Masa146,0 kg

Características

Pioneer 6 adicouse a estudar o espazo interplanetario xunto coas súas naves xemelas Pioneer 7, Pioneer 8 e Pioneer 9, lanzadas posteriormente. Unha quinta nave, Pioneer E, non chegou á órbita por problemas co foguete lanzador. O obxectivo era estudar os mesmos fenómenos desde distintos puntos do espazo, entre eles estudar os ións positivos e os electróns do vento solar, a densidade interplanetaria de electróns, os raios cósmicos galácticos e solares e o campo magnético interplanetario. As naves considéranse a primeira rede espacial de estudo do tempo espacial, proporcionando datos prácticos sobre o impacto das tormentas solares nas redes de comunicacións e enerxía da Terra.

Pioneer 6 tiña forma de cilindro do que saían os diversos instrumentos e estabilizábase mediante xiro a unhas 60 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano da eclíptica e apuntando cara ao polo sur. A nave podía configurarse mediante comandos para enviar datos a unha entre cinco velocidades distintas (512, 256, 64, 16 e 8 bps) nun formato entre catro diferentes posibles e funcionando a entre un de catro modos dispoñibles (tempo real, almacenamento de telemetría, almacenamento de recolección de datos e lectura de memoria). No modo de tempo real a nave enviaba datos á Terra segundo ía facendo as medicións científicas, no modo de almacenamento de telemetría a nave enviaba os datos ao tempo que os recolectaba pero ao mesmo tempo os gardaba na memoria de a bordo, no modo almacenamento de recolección de datos gardábanse datos científicos a intervalos de tempo de entre 2 e 17 minutos a elección dos controladores en terra para cubrir períodos de ata 19 horas pola limitación da memoria de a bordo e no modo de lectura de memoria líanse e enviábanse datos á Terra. A enerxía da nave era producida polas células solares que recubrían as paredes do corpo da nave, producindo ata 79 vatios de potencia.

O último contacto que se fixo coa nave tivo lugar o 8 de decembro de 2000 para celebrar os 35 anos do lanzamento da nave e atoparse aínda en funcionamento.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Pioneer 6 CaracterísticasPioneer 6 NavePioneer 6 NotasPioneer 6 Véxase taménPioneer 616 de decembro1965Delta EFoguete

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gotemburgo1917Unión do Povo GalegoAlbert CamusPío XIIRosendo SalvadoBTS (grupo musical)Copa do SarISBNSemellanza (xeometría)Manuel AntonioPanteón de RomaSplicingMatriz (matemáticas)Google ChromeGalipediaNacionalismoYan GeEminemReino UnidoGlenn Research CenterRequintaJake GyllenhaalMario CaneiroBorja Fernández Fernández (1981)Ángel Pardo PuzoArenqueLSD28 de marzoElvira Fernández BalboaGran Premio do Canadá de 2014ParacaídasCabeza de ManzanedaJackie ChanEra visto!QEDFrancisco Llanos MasLas Torres de CotillasEmilia Pardo BazánVichySexoCreative CommonsSoberaníaXosé Ramón Fernández-OxeaIsabel Díaz AyusoVíctor DupláLlanesTopónimos célticos en GaliciaHorteláMiguel de MiguelÑMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordUlpiano VillanuevaFátima PegoAntonio GramsciImperio españolPadre CasaresBadalonaAutoritarismoPonferradaAlaine AgirrePartido Comunista ItalianoMasculino e feminino en galegoReino de GaliciaXXX edición dos Premios GoyaGlicerolÁngel Alvariño SaavedraChimpín🡆 More