Vento Solar

O vento solar é un fluxo de partículas (na súa maioría protóns de alta enerxía, uns 500keV) emitidos pola atmosfera dunha estrela.

Descoñécese o mecanismo de aceleración que as permite saír da estrela.

Vento Solar
O plasma do vento solar ao chegar á heliopausa

A composición elemental do vento solar no noso sistema solar é idéntica á da coroa do Sol: un 73% de hidróxeno e un 25% de helio, con algunhas trazas de impurezas. As partículas encóntranse completamente ionizadas, formando un plasma moi pouco denso. Nas proximidades da Terra, a velocidade do vento solar varía entre os 200–889 km/s, sendo a media duns 450 km/s. O Sol perde aproximadamente 5 millóns de toneladas de masa cada segundo en forma de vento solar (isto débese a que uns 700 millóns de toneladas de hidróxeno transformanse por fusión nuclear nuns 695 millóns de toneladas de helio).

Dado que o vento solar é plasma, estende consigo o campo magnético solar. A unha distancia de 160 millóns de quilómetros, a rotación solar varre ó vento solar en forma de espiral, arrastrando as súas liñas de campo magnético, pero máis alá desa distancia o vento solar diríxese cara ó exterior sen maior influencia directa do Sol. As explosións desusadamente enerxéticas de vento solar causadas por manchas solares e outros fenómenos atmosféricos do Sol, denomínanse "tormentas solares" e poden someter ás sondas espaciais e os satélites a fortes doses de radiación. As partículas de vento solar que son atrapadas no campo magnético terrestre, mostran tendencia a agruparse nos cintos de Van Allen e poden provocar as Auroras boreais e as Auroras austrais cando chocan coa atmosfera terrestre cerca dos polos xeográficos. Outros planetas que teñen campos magnéticos similares ós da terra tamén teñen as súas propias auroras.

O vento solar forma unha "burbulla" no medio interestelar (hidróxeno e helio gasosos no espazo intergaláctico). O punto no cal a forza exercida polo vento solar non é suficientemente importante como para desprazar o medio interestelar coñécese como heliopausa e considérase que é o "bordo" máis exterior do sistema solar. A distancia ata a heliopausa non é coñecida con precisión e probablemente depende da velocidade do vento solar e da densidade local do medio interestelar, pero sábese que está moito máis alá da órbita de Plutón.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

AtmosferaElectrón-voltioEnerxíaPartícula subatómicaProtón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A carta roubadaIdentidade sexualJosé María Bello ManeiroCafés CandelasIlves NaisetPrado, Morgadáns, GondomarCitania de SanfinsEl Progreso (xornal)Rogue (filme)Xabier GonzálezEleccións municipais en RibeiraBukkakeLagarto arnalHadriánPriyanka ChopraTreixadura (grupo musical)Eleccións municipais en CercedaCarmen Martín GaiteFerreiriñoFernando AlonsoHarry BelafonteLipoproteína de BraunClaudio Garrido MartínezPedro NimoTuiPotaVictoria Álvarez Ruiz de OjedaLondresDía Internacional dos TraballadoresPedra de SconeRubén Fernández GarcíaTerra Chá (poemario)María Victoria de la Fuente AlonsoXoán (nome)Manuel LourenzoCon pólvora e magnoliasEsgonzo comúnYolanda DíazEl LuísCandorcaIrene GonzálezTino SaquésBandeira de GaliciaRío MiñoGAmeixa (froito)José Yáñez GarcíaAguiño, RibeiraNatalia Puente PradoLonga noite de pedraGaio (ave)Eva Iglesias MiguénsCharlie Sheen64Elena CandiaO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónLev TolstoiTopónimos célticos en GaliciaAturuxo (folclore)O PinoVila de CrucesBidueiroXosé Luís BaltarAsexualidadeChulaCamba, Castro CaldelasBatalla de CacheirasMuxíaGuerschon YabuselePablo VioqueNigránLista de xentilicios de concellos galegosAntía OteroMiguel Ángel Zabalza Beraza1 de maioAnxo Xoán Rajó PazóJanja Lula da Silva🡆 More