Pinga Respiratoria

Unha pinga respiratoria ou pinga de Flügge é unha partícula formada principalmente por auga que sae do nariz ou a boca, xeralmente definida como dun diámetro maior de 5 microns (μm), que é suficientemente grande como para caer ao chan rapidamente despois de ser emitida e pode lanzarse a uns poucos metros de distancia.

Denomínanse pingas de Flügge porque a súa existencia e importancia foi demostrada na década de 1890 polo bacteriólogo e hixienista alemán Carl Flügge. As pingas respiratorias poden producirse de forma natural ao tusir, espirrar, falar, respirar ou vomitar, ou poden xerarse artificialmente durante certos procedementos médicos que xeran aerosois, chorros de cisternas ou outras actividades domésticas. En realidade, o tamaño das pingas así xeradas vai de < 5 µm a 1000 µm, e aínda que adoita distinguirse entre as pingas de Flügge grandes e as pequenas, denominadas aerosois, que poden permanecer suspendidas no aire moito tempo, o límite de tamaño entre ambas é arbitrario e non está apoiado de maneira experimental ou teórica.

Pinga Respiratoria
Algunhas enfermidades infecciosas poden transmitirse a través de pinguiñas de Flügge expulsadas pola boca e o nariz.

As pingas respiratorias grandes caen rapidamente ao chan, pero poden caer sobre superficies que unha persoa toca, e a continuación a persoa toca a súa cara. Deste modo, poden ser un vector de enfermidades infecciosas transmitidas polo aire, cando transportan virus ou bacterias. Poden transmitir doenzas como o sarampelo, a roséola, a varicela, a parotidite, a gripe, a COVID-19 ou a tuberculose, entre outras.

Formación e transporte

As pingas respiratorias ou de Flügge son resultado do fraccionamento ou atomización da saliva e a mucosidade na cavidade oral debido ao cizallamento causado pola respiración e pódense producir de moitas maneiras. Poden producirse naturalmente como resultado de respirar ou falar, pero o máis común é por medio de espirros, tosee ou mesmo cantar. Tamén se poden xerar artificialmente en centros de atención médica en procedementos que xeran aerosois, como intubación, reanimación cardiopulmonar (RCP), broncoscopia, cirurxía e autopsias. Pódense formar pinguiñas similares nos vómitos, chorros de inodoros, limpeza de superficies húmidas, ducharse, usar auga da billa ou regar salferindo augas grises con fins agrícolas.

Dependendo do método de formación, tamén poden conter sales, células e partículas virais. No caso das pingas producidas naturalmente, pódense orixinar en diferentes lugares do tracto respiratorio, o que pode afectar ao seu contido. Tamén pode haber diferenzas entre individuos sans e doentes en canto ao seu contido de moco, cantidade e viscosidade, que poden afectar a formación de pingas.

Os diferentes métodos de formación crean pingas de diferente tamaño e velocidade inicial, que afectan o seu transporte e destino no aire. Se se inhalan, as partículas de máis de 10 μm tenden a quedar atrapadas no nariz e a garganta en lugar de penetrar no sistema respiratorio inferior. Se non se inhalan inmediatamente, as gotas de menos de 100 μm tenden a secarse por completo antes de depositarse nunha superficie. Unha vez secas, convértense en núcleos de pingas sólidos que constan da materia non volátil que estaba inicialmente na pinga. As pingas de Flügge tamén poden interaccionar con outras partículas de orixe non biolóxica no aire, que son máis numerosas ca elas.

O límite nítido tradicional de 5 μm entre as pingas respiratorias e os aerosois transmitidos máis libremente polo aire foi criticado como unha falsa dicotomía sen suficiente fundamento científico, xa que as partículas exhaladas orixinan unha serie continua de tamaños, cuxo destino dependerá das condicións ambientais ademais de dos seus tamaños iniciais. De todos os xeitos, esta distinción utilizouse durante décadas nos hospitais á hora de tomar precaucións contra a transmisión de doenzas respiratorias.

Papel na transmisión de enfermidades

Unha forma común de transmisión de enfermidades é por medio de pingas respiratorias xeradas ao tusir, espirrar ou falar. É a forma habitual de transmisión das infeccións respiratorias. A transmisión pode ocorrer cando as pingas respiratorias chegan a superficies mucosas susceptibles, como os ollos, nariz ou boca. Isto pode tamén ocorrer indirectamente por contacto con superficies contaminadas se posteriormente as mans tocan a face. As pingas respiratorias son relativamente grandes, non quedan suspendidas no aire longo tempo e poden ser dispersadas a curtas distancias (como media un par de metros).

Entre os virus que se espallan por medio de transmisión por estas pingas están o virus da gripe, os rinovirus, o virus respiratorio sincicial, os enterovirus e os norovirus; o virus do sarampelo (Morbillivirus); e coronavirus como o coronavirus da SARS e o SARS-CoV-2 causante da COVID-19. Tamén se poden transmitir desta maneira axentes bacterianos e fúnxicos infecciosos. Ao contrario, hai poucas enfermidades que se poidan transmitir polo aire se non é vehiculados nestas pingas ou se estas pingas se secan.

A temperatura ambiente e a humidade afectan a supervivencia dos bioaerosois porque a medida que as pingas se evaporan e se fan máis pequenas, proporcionan menos protección aos axentes infecciosos que conteñen. En xeral, os virus con envoltura lipídica son máis estables en aire seco, mentres que os que non teñen envoltura son máis estables en aire húmido. Os virus son en xeralmáis estables a temperaturas do aire baixas. A radiación ultravioleta do sol tamén afecta negativamente ao material xenético dos virus, o que favorece a súa inactivación.

Control do perigo sanitario

En centros sanitarios, as precaucións ante as pingas respiratorias inclúen ter o paciente nunha habitación individual, limitar o seu traslado fóra da habitación e usar un equipo de protección individual (EPI). As precaucións ante as pingas de Flügge son unha das tres clases de precaucións baseadas na transmisión que se utilizan ademais das precaucións estándar baseadas no tipo de infección que ten cada paciente; as outras dúas son as precaucións de contacto e as precaucións da transmisión aérea. Porén, os prcedementos que xeran aerosois poden producir pingas máis pequenas que viaxan máis lonxe, e así as precaucións tomadas poden ser insuficientes durante algúns procedementos.

En xeral, pode utilizarse unha maior ventilación como medida de control do perigo para que as partículas se dilúan e eliminen. Porén, se o aire non filtrado ou insuficientemente filtrado se expulsa cara a outro lugar, pode orixinar un espallamento da infección.

As máscaras cirúrxicas poden utilizarse para impedir a tansmisión de pingas, tanto en pacientes infectados coma no persoal sanitario. SInalouse que durante o gromo de SARS de 2002–2004, o uso de máscaras crúrxicas e respiradores N95 axudou a diminuír as infeccións entre os traballadores sanitarios. Aínda que as máscaras cirúrxicas crean unha barreira física entre a boca e nariz do que a usa e os contaminantes potenciais como salpicaduras e pingas respiratorias, non están deseñadas para filtrar ou bloquear partículas moi pequenas como as que transmiten enfermidades trasnmitidas polo aire debido ao seu axuste pouco estreito entre a máscara e a face.

Historia

O bacteriólogo alemán Carl Flügge en 1899 foi o primeiro en demostrar que os organismos contidos nas pingas expulsadas do tracto respiratorio eran o medio de transmisión de moitas doenzas. A inicios do século XX, empezouse a utilizar o termo pingas de Flügge para denominar estas partículas que son grandes dabondo como para non secarse completamente de forma rápida, e son especialmente duradeiras as de máis de 100 μm de diámetro.

O concepto de Flügge das pingas como fonte primaria e vector para a transmisión de doenzas respiratorias prevaleceu ata a década de 1930 ata que William F. Wells distinguiu entre as pingas grandes e as pequenas. Este investigador desenvolveu a curva de Wells, que describe como o tamaño das pingas respiratorias inflúe no destino que van ter e na súa capacidade de transmitir a enfermidade.

Notas

Tags:

Pinga Respiratoria Formación e transportePinga Respiratoria Papel na transmisión de enfermidadesPinga Respiratoria HistoriaPinga Respiratoria NotasPinga RespiratoriaAerosolMicron

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Análise numéricaDaniel BasteiroHomeroBermudasPío XIIFases da lúaAtol Bora BoraXacioCloroformoPasadena, CaliforniaSaturnoMicciónNacionalismo galegoApartheidLlanesManchester City F.C.Fillas de CassandraLuandaStephen HawkingUniversidade de Roma La SapienzaPasaporte de FidxiPocholo Martínez-BordiúSão PauloDominio públicoÁlvaro MorataA VeigaSegunda República EspañolaReloxoIllas CanariasEstadio Municipal de RiazorNew DealBurocraciaNacionalsocialismoCastro CaldelasPartido políticoFernão de MagalhãesSindicalismoComunismoCaliforniaOcéanoFrancisco, papaSobreiraJorge C. AlonsoCastro de Punta do BicoFonte de Oliva, ValboaRosalía (cantante)Luis ZaheraAdánMichelangelo AntonioniLista de ríos de GaliciaVirusRexións de FranciaAmieiroMaría JamardoRefraneiro galego sobre o pan22ª edición dos Premios Mestre MateoLudwig van BeethovenBasilio Río BrenllaFroufe, O IrixoAristocraciaLuís TosarSelección de fútbol do CamerúnParroquias de GaliciaPortela da CandaLuís Pérez BarralBilbaoCapela SistinaSevilla Fútbol ClubCristiano RonaldoBélxica🡆 More