Período Kamakura: Período histórico xaponés

O período Kamakura (鎌倉時代, かまくらじだい, Kamakura jidai) iniciase trala derrota do clan Taira (平) polos Minamoto (源) na guerra de Gen-Pei (源平), o período coñecido como Kamakura, o primeiro dos tres grandes períodos do xogunato xaponés (将軍, xogún = xeneral).

Paleolítico
Jomon
Yayoi
Período Yamato
---Período Kofun
---Período Asuka
Período Nara
Período Heian
Período Kamakura
Período Muromachi
Período Azuchi-Momoyama
---Período Nanban
Período Edo
Período Meiji
Período Taisho
Período Showa
---Expansionismo xaponés
---Ocupación xaponesa
---Post-ocupación xaponesa
Heisei

Este xogunato Kamakura durou de 1185 ata 1333. O emperador asume función decorativa (en Quioto), cabendo ao xogún toda a administración do país, baseado nun sistema feudal, coa capital na cidade de Kamakura. En 1192, o xogún Minamoto no Yoritomo é nomeado polo emperador "seii-taixogún" (征夷大将軍, xeneralísimo combatente dos bárbaros) e os seus descendentes serían alzados ao posto de xogún, nun réxime coñecido como bakufu (幕府, goberno da tenda). A partir dese período, todos os xogún son considerados descendentes dos príncipes do clan Minamoto, fillos do emperador Seiwa, sendo título hereditario.

A Era Kamakura, liderada por samurais, caracterizouse polo xurdimento de novas tendencias relixiosas e polas intensa busca de apoio espiritual, levando o budismo ao pobo. Ata a Era Heian (794~1192), esa forma de relixión era practicada case que exclusivamente polos nobres. Coa popularización da crenza budista xurdiron varias seitas denominadas "Novo Budismo de Kamakura".

A aparición de novas seitas foi impulsado pola idea de fin do mundo (末法思想, mappō shisō) que se espallou a fins da Era Heian, provocada pola inestabilidade social – consecuencia da guerra entre os clans Taira e Minamoto –, a miseria e as calamidades.

Os monxes Eisai (1141~1215) e Dōgen (1200~1253) estudaron na China (Dinastía Sung) a seita zen, que prega a meditación para acadar o nirvana e, cando volveron ao Xapón, fundaron respectivamente as seitas Rinzai-shū e Sōtō-shū.

Shinran (1173~1262), discípulo do monxe Hōnen (1133~1212), fundou a seita Jōdo-shin-shū e, na época do ataque dos mongois, o monxe Nichiren (1222~1282) fundou a seita Nichiren-shū, que pregaba pola salvación da alma e do país.

Todas esas novas seitas teñen en común a simplicidade e a ausencia de práctica ascética rigorosa, facendo posible para calquera persoa o seu exercicio.

Goberno do shogunato de Kamakura

Shogun

  • 1º Minamoto no Yoritomo (源頼朝, みなもとのよりとも, 1192 - 1199, Clan Minamoto)
  • 2º Minamoto no Yoriie(源頼家, みなもとのよりいえ, 1202 - 1203, Clan Minamoto)
  • 3º Minamoto no Sanetomo (源実朝, みなもとのさねとも, 1203 - 1219, Clan Minamoto)
  • 4º Fujiwara no Yoritsune (藤原頼経, ふじわらのよりつね, 1226 - 1244, Clan Fujiwara)
  • 5º Fujiwara no Yoritsugu (藤原頼嗣, ふじわらのよりつぐ, 1244 - 1252, Clan Fujiwara)
  • 6º Príncipe Munetaka (宗尊親王, むねたかしんのう, 1252 - 1266, Familia do emperador)
  • 7º Príncipe Koreyasu (惟康親王, これやすしんのう, 1266 - 1289, Familia do emperador)
  • 8º Príncipe Hisaakira (久明親王, ひさあきらしんのう, 1289 - 1308, Familia do emperador)
  • 9º Príncipe Morikuni (守邦親王, もりくにしんのう, 1308 - 1333, Familia do emperador)

Tags:

Era MeijiPeríodo EdoPeríodo Muromachi

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SangueForcareiÁcido dipicolínicoMomia de ManchesterLista de ríos de GaliciaFoca monxeSete Sabios de GreciaDeportivo da CoruñaClint EastwoodBritney SpearsAlcaldes da CoruñaPunta UmbríaLingua inglesaCohesiónTRamón María del Valle-InclánEmilio Aragón ÁlvarezBatalla das Termópilas (-480)As leis de CelavellaPanteón de Galegos IlustresSusana FortesHarvey WeinsteinÁlvaro CunqueiroAsalto do bou EvaAliança CatalanaRetorno a Tagen AtaJuana AcostaIrene JunqueraRoberto Vidal BolañoVila de CrucesAWStatsIbn al-AbbarYolanda CastañoAna Luísa BouzaLeymaManuel FragaLondresImperio BritánicoCayetana Álvarez de ToledoCarlomagnoBlogPaspallásShōgunSubgrupoLeitzaGuillermo Alonso BarciaCuarzoGalego-portuguésRepública Checa2015Ángel CarracedoReal Club Celta de VigoCorzoManuel Lourenzo SobralColocación do pronome átono en galegoPortolamoso, Curtis, CurtisAlfonso Basterra CamporroContactorBreogánManuel RivasLalínSanta CompañaRocco SiffrediMommy Dead and DearestLuísa VillaltaRomariz, Riós, RiósLista de episodios de Shin ChanBigues i Riells del FaiAlbert EinsteinPalauGabriel RufiánManuel Curros EnríquezAdrenalinaHelsingin JalkapalloklubiBala (grupo musical)Luis Mateo Díez🡆 More