Peaky Blinders é unha serie de televisión británica emitida na canle BBC Two.
A trama principal da serie é a vida dunha familia de gánsters de orixe xitana de Birmingham na década de 1920.
Peaky Blinders | |
---|---|
Formato | Drama histórico, acción, crime |
Creado por | Steven Knight |
Desenvolvido por | Katie Swinden |
Dirixido por | Otto Bathurst Tom Harper Colm McCarthy |
Intérpretes | Cillian Murphy Sam Neill Paul Anderson Joe Cole Finn Cole Harry Kirton Helen McCrory Annabelle Wallis Iddo Goldberg Adrien Brody Paddy Considine Alexander Siddig Benjamin Zephaniah |
Tema de apertura | "Red Right Hand" de Nick Cave and the Bad Seeds |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 36 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Caryn Mandabach Greg Brenman Steven Knight Cillian Murphy Jamie Glazebrook Frith Tiplady |
Localización(s) | Birmingham, Inglaterra |
Duración | 55-65 minutos |
Distribuidor | BBC (Internacional) The Weinstein Company (Estados Unidos) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC Two (1ª-4ª temporada) BBC One (5ª temporada) |
Formato de imaxe | 1080i HDTV |
Primeiro episodio | 12 de setembro de 2013 |
Derradeiro episodio | 22 de setembro de 2019 |
Na rede | |
http://www.bbc.co.uk/programmes/b045fz8r | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os creadores da serie inspiráronse nos Peaky Blinders, unha banda criminal do Birmingham de finais do século XIX, que se di que levaban cosidas navallas nas súas boinas que logo utilizaban como armas.
O nome de Peaky Blinders non ten unha tradución exacta, pero a que máis se lle asemella é Os cegadores con boina. Esta banda criminal existiu na realidade a finais do século XIX. A serie relata a súa historia de forma anecdótica e ficticia, aínda que tamén mestura feitos históricos.
De cara finais do século XIX, Birmingham pasaba por un momento de crise e pobreza. Debido a esta desesperada situación, o crime semellaba a única saída para os máis novos da época; polo que se crearon diversas bandas criminais. As pelexas, roubos, asasinatos, etc convertéronse en algo habitual. En pouco tempo, a banda dos Peaky Blinders converteríase nunhas das máis famosas e temidas. Estaba composta por irlandeses con orixe xitano e o seu barrio era o de Small Heath.
Os integrantes máis relevantes da banda foron David Taylor, Earnest Haynes, Harry Fowles, Stephen McNickle e Thomas Gilbert
Na serie o líder é Thomas Shelby, pero na realidade a banda non estaba liderada por unha única familia e non hai constancia do apelido da familia Shelby como xefes dos Peaky Blinders.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peaky Blinders |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Peaky Blinders, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.