Park Chu-Young: Futbolista surcoreano

Park Chu-Young (Hangul: 박주영, Hanja: 朴主永; e tamén coñecido como Park Ju-Young) nado o 10 de xullo de 1985 en Daegu, Corea do Sur, é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro.

Park Chu-Young
Park Chu-Young: Futbolista surcoreano
Información persoal
Nome Park Chu-Young
Nacemento 10 de xullo de 1985
Lugar de nacemento Daegu
Altura 1.80 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Arsenal
Número 30
Carreira xuvenil
2001–2003 Cheonggu High School
2002 → Zico Football Center
2003 Korea University
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2008 FC Seoul 69 (23)
2008–2011 AS Mónaco 91 (25)
2011– Arsenal FC 1 (0)
2012–2013Celta de Vigo (cedido) 21 (3)
2014Watford FC (cedido) 2 (0)
2014–2015 Al-Shabab FC 7 (1)
2015– FC Seoul 11 (3)
Selección nacional
2005– Corea do Sur 61 (23)
Na rede
Instagram: chuyoungpark10 Olympic.org: chuyoung-park FIFA: 207761 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de abril de 2013.
Selección: actualizado a 11 de setembro de 2012.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Tras destacar cas seleccións de Corea do Sur Sub-20 e Sub-23 e ser nomeado Futbolista Asiático Xove do Ano pola Confederación Asiática de Fútbol, en 2005 fichou polo FC Seoul da K-League de Corea do Sur, no primeiro ano marcou 18 goles sendo o segundo máximo goleador do campionato e Novato do ano. A tempada seguinte deu un pequeno baixón pero recuperou á seguinte pero unha lesión apartouno dos terreos de xogo.

En 2008 fichou polo AS Mónaco por seis millóns de euros, onde militou tres tempadas, na última das cales marcou 12 goles, o que o levou a fichar polo Arsenal FC o 30 de agosto de 2011 da Premier League, co equipo inglés debutou na Liga de Campións ante o Olympique de Marsella.

Tras varios reforzos do equipo londiniense foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 2012/2013.

Coa selección absoluta

Medallas olímpicas
Bronce C-1000 Londres 2012

Comezou na Selección de fútbol de Corea do Sur Sub-20 no Campionato Xuvenil da AFC 2004, onde gañou o Balón de Ouro e foi escollido Xogador máis valioso do torneo. Tamén co combinado nacional participou no Campionato Mundial Xuvenil da FIFA en 2003 e 2005. Consagrouse ante o público coreano no 2005 cando a Selección Sub-20 foi convidada a un torneo de oito equipos en Qatar, nese torneo anotou dous goles ante a China, tres contra Ucraína, dous ante Alxeria e outros dous antes Xapón.

Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2012 coma un dos tres xogadores maiores de 23 anos, onde o equipo acadou a medalla de bronce.

Na actualidade é o capitán da Selección de fútbol de Corea do Sur.

Notas

Tags:

10 de xullo1985Corea do SurDaeguHangul

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Porto da LúaAmazonAtaque de denegación de servizoRubén CelaAscaris lumbricoidesAna de Gran BretañaLingua coreanaFoca comúnVirus de ARNCommelinidaeOriente MedioMosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesCharles LeclercÁcido láuricoPeleoAlexander MostovoiBearizLingua indonesiaLugoInstrumental1789FosfatidiletanolaminaAporia crataegiGaravanzoWillie ColónTAG HeuerLuís Pérez BarralMaría do Socorro Ortega RomeroRío LimiaNoruegaSelenaMatrimonio entre persoas do mesmo sexoLuis García-ReyLingua checaAnimalLista das aves de GaliciaCB San Pablo BurgosMarcello BertinettiSarcopterygii28 de marzoLingua samoanaLista de ríos de GaliciaCOVID-19Carneiro (molusco)Ácido esteáricoCisma de OccidenteCastro de BorneiroSteven AdamsFentoDelta do Río das PerlasXabarilGallus gallus domesticusEnciclopedia Galega UniversalStoffel VandoorneAustraliaTimothée ChalametBrasilTranslocase da membrana internaÁcido caprílicoDonicelaNoitevellaAceite de palmaThe BeatlesReino UnidoUapitíFonoteca 92Luis ZaheraOs ÁnxelesCangrexo comúnBronquioliteFerraraDamascoComunicación celularBalsa (árbore)Historia dos eslavos do sur🡆 More