Pano De Aceiro

O pano de aceiro ou a cortina de ferro é un termo que fai referencia á fronteira, non só física senón tamén ideolóxica e simbólica, que dividía Europa despois da segunda guerra mundial.

Pano De Aceiro
Europa dividida polo pano de aceiro

Historia

Winston Churchill popularizou a expresión nunha conferencia nos Estados Unidos o 5 de marzo de 1946, na que dixo:

Dende Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, caeu sobre o continente [Europa] un pano de aceiro.
Wiston Churchill

A fronteira da que falaba Churchill dividía aos estados capitalistas aliñados política, económica e militarmente cos Estados Unidos e os estados socialistas que facían o seu coa Unión Soviética. En realidade, o termo fora cuñado polo que fora ministro de Propaganda da Alemaña nazi Joseph Goebbels, que vaticinaba o 25 de febreiro do 1945, nun artigo intitulado "O ano 2000", no semanario Das Reich:

Se os alemáns baixan as súas armas, os soviéticos, de acordo co arranxo ao que chegaron Roosevelt, Churchill e máis Stalin, ocuparán todo o leste e o sueste da Europa, así como a meirande parte do Reich. Unha cortina de aceiro [ein eiserner Vorhang] caerá sobre este enorme territorio controlado pola Unión Soviética, detrás da cal as nacións serán destruídas. A prensa xudía en Londres e Nova York seguirá aplaudindo probablemente.
Joseph Gobbels

A división tamén se fixo patente en dous sistemas militares contrapostos, a Organización do Tratado do Atlántico Norte (1949) e o Pacto de Varsovia (1955), así como nas alianzas económicas; dunha banda o Plan Marshall e o Consello de Axuda Mutua Económica doutra. Esta división en dous bloques enfrontados nas súas concepcións políticas, militares e económicas, deu lugar á situación coñecida co nome de Guerra fría.

Unicamente Iugoslavia, dirixida polo Mariscal Tito, adoptou na disputa unha posición neutra aínda sendo socialista e atopándose ao leste da cortina. Ao oeste desta, Finlandia e Austria mantiñan tamén unha política de relativa neutralidade respecto aos bloques, procurando manter relacións cordiais coa Unión Soviética. Nos medios de comunicación dalgúns países occidentais, empregouse o termo de finlandización para describir, en sentido negativo, unha política que, segundo ditos medios, servía aos intereses soviéticos.

Notas

Tags:

EuropaSegunda guerra mundial

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Iván VI de RusiaAhí ven o maioCruceiro do HíoEstado de Nova YorkPepe Domingo CastañoO porco de péSidney LumetManuel LourenzoAmorodoCopa da CostaSeseoColumbofiliaXogo da chavePersoa gramaticalChipo ChungDictiotenoO detective ConanJaime Fraiz FernándezLeymaAna MenaNordésRafael NadalRogue (filme)TwitchPaco LodeiroVideoxogo de estratexia en tempo realNeon Genesis EvangelionTamara CanosaEscravitudeAdrián EstévezXabier DeiveMac OSManuel González González (músico)MadeiraBetty WhiteLingua latinaVilardecás, MacedaEuloxio R. RuibalThe ArtistMártires de CarralWorld Trade CenterMofa e BefaI Am MotherBoiroCarlos CasaresFito PáezUn estudo en escarlata8MarzoAdventureTerminatorJürgen SchmidhuberBugalloCasablancaVaca frisoaJohn HughesHortensia (flor)RenacementoBotón direccionalLemmingsQÁ busca do tempo perdidoPiñor, BarbadásLondresAturuxo (folclore)Zinedine ZidaneReino dos Países BaixosEvan EllingsonWordPressMoinanteParadigmas dos verbos irregulares galegos6🡆 More