One Albania: Empresa albanesa de telecomunicacións

One Albania sh.a é unha compañía de telecomunicacións que opera en Albania, anteriormente esta compañía foi coñecida como AMC, e como Telekom Albania.

A AMC formou parte da empresa COSMOTE Group desde o ano 2000 até o ano 2008 que ficou en mans da compañía Deutsche Telekom Group.

One Albania
One Albania: Os comezos, Os servizos, Cota de mercado
Na rede
https://www.one.al/
editar datos en Wikidata ]

Os comezos

One Albania: Os comezos, Os servizos, Cota de mercado 
Antigo logotipo da AMC.

A compañía foi constituída en novembro de 1995 da man do estado albanés e sendo este o seu propietario comezou as súas operacións comerciais en maio de 1996, converténdose no primeiro operador móbil en toda a Albania. A empresa foi privatizada con éxito en agosto do ano 2000ao adquirir a empresa de telecomunicacións grega COSMOTE o 85% das accións de AMC, a través do grupo COSMO-HOLDING ALBANIA S.A.

No ano 2008 a compañía de telecomunicacións alemá Deutsche Telekom Group líder en toda a Europa, adquiriu todas as accións de COSMO-HOLDING ALBANIA S.A. cambiando así de donos, e o 1 de xullo de 2015 a AMC é renomeada. O seu logotipo anteriormente verde foi substituído por un logotipo do grupo Telekom en cor maxenta.

Os servizos

Cando COSMOTE adquiriu a AMC, a empresa tiña 11 000 clientes de rede móbil. A finais de decembro de 2001 a AMC xa conseguira máis de 273 000 clientes e no 2009 xa tiña alcanzado unha base de clientes de 1,9 millóns.

Na actualidade, a cobertura da rede móbil da empresa cobre o 99,6% da poboación albanesa e o 95% da área xéografica de Albania, e no 2011 os seus clientes achegáronse aos 1,8 millóns de clientes.

En 2011 a AMC entra no mercado de teléfono fixo en Albania, co que chega a ser a segunda empresa na Albania en ofrecer o servizo de teléfono fixo en todo o país.

Tamén Telekom Albania foi a primeira en ofrecer os servizos de cobertura móbil LTE 4G na capital do país, Tirana, e no sur da Albania. Ademais a empresa foi unha das primeiras en Europa que lanzou a tecnoloxía LTE-A Cat4 con até 150 Mbps de velocidade de baixada.

Cota de mercado

No 2012 a Albania tiña 5,3 millóns de clientes de rede móbil (cun 187% de cociente de penetración), dos cales 3,2 millóns son usuarios activos (cun 114% de cociente de penetración).

A autoridade reguladora de telecomunicacións na Albania é a Autoridade de comunicacións electrónicas e postais, e para esta unha numeración activa de móbil é aquela que fixese algún tipo de comunicación no número de móbil, como pode ser unha chamada mesmo nos últimos 3 meses.

Posición Operador Redes Clientes no 2012
(en millóns)
Propiedade
1 Vodafone GSM-900/1800
UMTS, HSPA, HSPA+, 4G, 4G+
1 839 ou 34,76% Vodafone
2 Telekom Albania GSM-900/1800
UMTS, HSPA, HSPA+, 4G, 4G+
1 736 ou 32,82% Deutsche Telecom
3 Eagle Mobile GSM-900/1800
UMTS, HSPA, HSPA+, 4G
1 304 ou 24,66% Albtelecom
4 Plus GSM-900/1800 0 410 ou 7,76% Plus Communication

Notas

Ligazóns externas

Tags:

One Albania Os comezosOne Albania Os servizosOne Albania Cota de mercadoOne Albania NotasOne Albania Ligazóns externasOne AlbaniaAlbaniaTelecomunicacións

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eusebio Alonso VieitesOs pronomes persoais galegosNoruegaRevolución galega de 1846Lady GagaAntón LouroLorbé, Dexo, OleirosPolbo á feiraSambesugaValentín Alfonsín SomozaRede neural artificialXabier DíazPoutaManuel Taboada VigoOrchataReino de GaliciaFauna de GaliciaSantisoAntonio Muñoz MolinaEspañaTraxe galegoFontao, A TeixeiraLabios (xenitais)CicerónTBandeOrosoÁlvaro MuñizDornelas, MosPoallaContactorBodystocking7HBAitana OcañaAsa ga KuruSandra GonzálezXabier DeiveZoe SaldanaEduardo PondalRomaMaría Xosé CarideLondresMatrimonio entre persoas do mesmo sexoSaga da FundaciónCharlie SheenPena Verde, Rebordondo, CualedroPosición do canMaría Jamardo1 de maioLista de nomes masculinos en galegoAdiós, MaríaManuel Lourenzo GonzálezIulia DrúninaCaldas de ReisHeterosexualidadeThe Notebook (filme)Cristovo ColónEvencio FerreroLois DiéguezGalegoAlfonso LáuzaraCarmen Martín GaiteJosé Manuel Rey de VianaSabugueiroMaría GalianaYCarbohidratoLista de programas de Televisión EspañolaLingua inglesa🡆 More