Observatorio Espacial

Un observatorio espacial ou telescopio espacial é un telescopio no espazo exterior usado para observar obxectos astronómicos.

Os primeiros telescopios espaciais operativos foron o estadounidense OAO 2 en 1968 e o soviético Orion a bordo da estación espacial Saliut 1 en 1971. Os telescopios espaciais evitan o filtrado e distorsión da radiación electromagnética causada pola atmosfera e a contaminación luminosa que afectan aos observatorios terrestres. Divídense en dous tipos: satélites que cartografían o ceo completo e satélites que estudan obxectos ou partes concretas do ceo.

Observatorio Espacial
O telescopio Hubble, un dos Grandes Observatorios.

Historia

Wilhelm Beer e Johann Heinrich Mädler discutiron xa en 1837 as vantaxes dun observatorio na Lúa. En 1946 o astrofísico teórico Lyman Spitzer propuxo poñer un telescopio no espazo. A proposta de Spitzer consistía nun gran telescopio que non estivese limitado pola atmosfera terrestre. Despois de meter presión durante os anos 1960 e 1970 para que fose construído, a visión de Spitzer materializouse finalmente no telescopio Hubble, lanzado o 24 de abril de 1990 durante a misión STS-31.

Vantaxes

A astronomía desde observatorios terrestres está limitada polo filtrado e a distorsión da radiación electromagnética causada pola atmosfera. Un telescopio en órbita evita tanto a distorsión como a contaminación das fontes lumínicas terrestres, co que a súa resolución angular é normalmente moi superior á dos observatorios terrestres cunha apertura similar. De tódolos xeitos esta vantaxe redúcese en observatorios terrestres que usan óptica adaptativa.

A astronomía baseada no espazo é máis importante nos rangos de frecuencia que están fora da fiestra óptica e da fiestra de radio, os dous únicos rangos do espectro electromagnético que non están atenuados en exceso pola atmosfera. Por exemplo, a astronomía de raios X é practicamente imposible desde a superficie terrestre e só pode practicarse desde o espazo con telescopios como o Chandra da NASA e o XMM-Newton da ESA. A luz infravermella e ultravioleta tamén son bloqueadas en gran parte pola atmosfera.

Desvantaxes

Os telescopios espaciais son moito máis caros de construír que os telescopios terrestres e debido á súa localización son moi difíciles de manter. O telescopio espacial Hubble podía ser mantido polos transbordadores espaciais, pero é a excepció ná regra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Observatorio Espacial HistoriaObservatorio Espacial VantaxesObservatorio Espacial DesvantaxesObservatorio Espacial NotasObservatorio Espacial Véxase taménObservatorio EspacialAstronomíaAtmosferaContaminación luminosaEstación espacialEstados Unidos de AméricaOrbiting Astronomical ObservatorySaliut 1Unión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fauna de GaliciaXeneHarvard University PressNarónCentro público integradoXosé Luís Franco GrandeDios ke te crewToniña común27 de marzoSan Lázaro, Santiago de CompostelaPatacas frixidasA borracheira na cultura popular galegaNacho CastañoManuel Curros EnríquezH79A Ponte Maceira, Portor, NegreiraSingular e plural en galegoSalgueiroCanadáIES PerdouroRMS TitanicLingua polacaLingua árabeLista de voces dos animaisMiñocaRafaela Hervada CarnereroMullerCarolina DariasMalores VillanuevaLisboaLuís TorrasManuel Gago MariñoTrazaFeixónCamilo Díaz BaliñoPortadaCroaciaUcraína4Drag Race España (segunda tempada)PorscheBidueiroContinenteFacultade de Ciencias da CoruñaIrmandiñosRamón NicolásCapital (economía)Luis ZaheraRosalía (cantante)Concellos de GaliciaDereitos humanosOhridVicente PiñeiroCamiño de SantiagoPortugalYHistoria da lingua galega25Jaime Fraiz FernándezMitoMaría JamardoÓscar García PatiñoO vento que axita o orxoLingua casteláAsiaCalcioBandeira de GaliciaMercedes González CastroEstrutura terciaria das proteínasArandoCuac FMXela Arias🡆 More