O Delator: Filme de 1935 dirixido por John Ford

O delator (en inglés: The Informer) é un filme estadounidense de 1935 dirixido por John Ford.

O filme está ambientado na guerra civil irlandesa de 1922. O guión, escrito por Dudley Nichols, baséase na novela homónima do seu primo Liam O'Flaherty, quen participou activamente na loita pola independencia de Irlanda. O filme gañou catro premios Óscar: mellor dirección (John Ford), mellor actor (Victor McLaglen), mellor guión (Dudley Nichols) e mellor música (Max Steiner).

The Informer
O Delator: Argumento, Elenco, Recoñecementos
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalO delator
DirectorJohn Ford
ProdutorJohn Ford
Cliff Reid
GuiónDudley Nichols
Baseado enThe Informer, de Liam O'Flaherty
IntérpretesVictor McLaglen
Heather Angel
Preston Foster
MúsicaMax Steiner
FotografíaJoseph H. August
MontaxeGeorge Hively
EstudioRKO Radio Pictures
Estrea9 de maio de 1935
Duración91 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento243 000 dólares
Recadación950 000 dólares
Na rede
IMDB: tt0026529 Filmaffinity: 792857 Allocine: 1043 Rottentomatoes: m/1010553-informer Mojo: informer Allmovie: v24847 TCM: 226 TV.com: movies/the-informer Netlix: 60011195Editar o valor em Wikidata

Foi emitido na TVG o 5 de setembro de 2015.

Argumento

Dublín, década de 1920. Gypo entrega o seu mellor amigo, compañeiro do IRA, a cambio de vinte libras para unha pasaxe aos Estados Unidos para el e a súa moza. Ademais de ver o seu amigo morto, pasa a ser perseguido pola banda como traidor.

Elenco

O Delator: Argumento, Elenco, Recoñecementos 
McLaglen e Grahame
  • Victor McLaglen - "Gypo" Nolan
  • Heather Angel - Mary McPhillip
  • Preston Foster - Dan Gallagher
  • Margot Grahame - Katie Madden
  • Wallace Ford - Frankie McPhillip
  • Una O'Connor - Mrs McPhillip
  • J. M. Kerrigan - Terry
  • Joe Sawyer - Bartly Mulholland (acreditado como Joseph Sauers)
  • Neil Fitzgerald - Tommy Connor
  • Donald Meek - Peter Mulligan
  • D'Arcy Corrigan - The Blind Man
  • Leo McCabe - Donahue
  • Steve Pendleton - Dennis Daly (acreditado como Gaylord Pendleton)
  • Francis Ford - "Judge" Flynn
  • May Boley - Madame Betty

Recoñecementos

Graham Greene eloxiou o filme nun artigo para The Spectator en 1935 describíndoo como "un filme memorable", cuxa substancia supón "material soberbio para a pantalla". Greene destacou especialmente a interpretación de Victor McLaglen, indicando que "nunca tivera unha actuación máis talentosa".

Premios

Premio Resultado Candidato
Premios Óscar
Mellor filme Nomeado RKO Radio (John Ford, produtor)
Mellor director Gañador John Ford
Mellor actor Gañador Victor McLaglen
Mellor guión Gañador Dudley Nichols
Mellor montaxe Nomeado George Hively
Mellor música Gañador Max Steiner
Outros premios
National Board of Review, mellor filme Gañador
New York Film Critics Circle Awards, mellor filme e mellor director Gañador
Festival Internacional de Cine de Venecia, copa Mussolini Nomeado John Ford

Notas

Véxase tamén

Tags:

O Delator ArgumentoO Delator ElencoO Delator RecoñecementosO Delator NotasO Delator Véxase taménO Delator

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Óscar García PatiñoSoberaníaLuís Espada RecareyAno (astronomía)BilbaoIndependenciaRubén Lois GonzálezMelatoninaChantadaMarylandAnxo ArcaSexo analGheadaVladimir PutinEliseo SeoaneBipartito galegoRosalía (cantante)ÑSemana Santa de ViveiroBrahim DíazVox populiUnión do Povo GalegoSobreiraReconquista de VigoXosé Ramón Fernández-OxeaRapa (serie de televisión)Pedro SánchezO Mesón do Vento, Ardemil, OrdesConil de la FronteraO Barco de ValdeorrasLucas TorreiraRefraneiro galego sobre o panSnoop DoggFunción trigonométricaSegunda guerra mundialLiberdadeDistritos de PortugalAntonio MachadoLista de concellos de PontevedraGuimarãesPortela da CandaEminemC. TanganaRexións de FranciaComunistaIslamDallas MavericksLeymaA.C. MilanDeputación da CoruñaKu Klux KlanExaculaciónPío XIIPadre CasaresGrupo NósSevillaISBNOviedoCarlos III do Reino UnidoCourseraMLucía VeigaO SalvadorCantiga de amigoIdade MediaCarrizo (paxaro)Cabeza de ManzanedaSaturnoEzio Flavio BazzoCharles PéguyTarazonaLareiraAntonio GramsciEl Luís🡆 More