Número Da Comunidade Europea

O Número da Comunidade Europea ou número CE (European Community number, EC Number) é un identificador único de sete díxitos que se asigna a cada substancia química na Unión Europea pola Comisión Europea con finalidade regulatoria para o seu uso nas normativas.

O denominado Inventario CE comprende tres inventarios: EINECS, ELINCS e a lista NLP.

Non se debe confundir co número co que se designan os enzimas asignado pola Comisión de Encimas, que tamén se chama número EC.

Estrutura

O número CE pode escribirse en forma xeral como: NNN-NNN-R, onde R é un díxito de comprobación e N representa números enteiros. O díxito de comprobación calcúlase usando o método do ISBN. De acordo con este método, o díxito de comprobación R é o seguinte módulo suma 11:

    Número Da Comunidade Europea 

Se R é igual a 10, esa combinación de díxitos non se usa para un número CE. Como exemplo, o número CE da dexametasona é 200-003-9. N1 é 2, desde N2 a N5 é 0, e N6 é 3.

    Número Da Comunidade Europea 

O resto é 9, que é o díxito.

Inventario CE

O inventario CE inclúe as substancias contidas nos seguintes inventarios. O contido destes inventarios está fixado e é oficial.

Inventario Alcance Formato Nº de entradas (se está fixado)
Inventario Europeo de Substancias Químicas Comerciais Existentes (European Inventory of Existing Commercial Chemical Substances, EINECS) Substancias, excluíndo os polímeros, que estaban rexistradas como dispoñibles comercialmente na Unión Europea desde o 1 de xaneiro de 1971 ao 18 de setembro de 1981. Estas substancias foron consideradas rexistradas baixo o artigo 8(1) da Directiva de Substancias Perigosas (67/548/EEC). Considéranse substancias de introdución gradual (phase-in) baixo a Regulación REACH. 2xx-xxx-x
3xx-xxx-x
100.204
Lista Europea de Substancias Químicas Notificadas (European List of Notified Chemical Substances, ELINCS) Substancias notificadas baixo a Notificación de Novas Substancias da Directiva de Substancias Perigosas (Dangerous Substances Directive Notification of New Substances, NONS) que estiveron dispoñibles comercialmente despois de setembro de 1981. 4xx-xxx-x 4.381
Xa non considerados polímeros (NLP, no longer polymers) A definición de polímeros cambiou en abril de 1992 co resultado de que substancias que antes eran consideradas polímeros xa non se consideran como tales. En consecuencia, elaborouse unha lista, chamada lista NLP (No Longer Polymer, de xa non polímeros), con esas substancias, que xa non estaban dentro da definición de polímeros pero que foran comercializadas entre o 18 de setembro e o 31 de outubro de 1993. 5xx-xxx-x 703

Lista de números

A Axencia de Produtos Químicos Europea (European Chemicals Agency, ECHA) tamén aplica o formato de números CE ao que se denomina "Número de lista". Os números asígnanse baixo a Regulación REACH sen que neste caso estean legalmente recoñecidos. Por tanto, non son oficiais porque non foron publicados no Diario Oficial da Unión Europea. Os números de lista son soamente ferramentas administrativas e non deberían utilizarse con fins oficiais.

Alcance Formato
Asignado automaticamente, por exemplo para pre-rexistros de substancias con número CAS. 6xx-xxx-x
Asignados a substancias despois de investigacións feitas polo ECHA Substance ID Team 7xx-xxx-x
Asignados automaticamente a substancias identificadas só polo seu número CAS. (continuación da serie 6xx-xxx-x) 8xx-xxx-x
Asignadas automaticamente, por exemplo para pre-rexistros sen número CAS ou outros identificadores numéricos (incluíndo masas de reacción de máis dunha substancia) 9xx-xxx-x

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Sistema de Información de Substancias Químicas Europeo
  • Número CAS

Tags:

Número Da Comunidade Europea EstruturaNúmero Da Comunidade Europea Inventario CENúmero Da Comunidade Europea Lista de númerosNúmero Da Comunidade Europea NotasNúmero Da Comunidade Europea Véxase taménNúmero Da Comunidade EuropeaComisión EuropeaUnión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CaraveleiraContactZeca AfonsoUcraínaCopia por contactoDomingo García-SabellXosé Manuel PiñeiroMíster EspañaStellantisJosé López CamposScarlett JohanssonVilagarcía de ArousaBenito KamelasFesta da Palabra SilenciadaPemento de PadrónPosición do misioneiro invertidaRastroAWStatsJennifer LopezFranciaAntonio López FerreiroRefraneiro galego sobre o mes de maioAlberto Núñez FeijóoXosé Manuel BeirasA EstradaQuenllac70mgSénecaPaparazziXunta Suprema do Reino de GaliciaLugoParadigmas dos verbos irregulares galegosGalipediaDavid PerdomoRembrandtVila de CrucesManuel Lourenzo SobralOTANSantiago de CompostelaHenrique VIII de InglaterraLista de exónimos en galegoAmazonPovoaçãoJéssica BouzasFerroAtlánticaFernando Salgado GarcíaNordés (vento)Thibaut CourtoisFrancisco Asorey2003Ensaio (literatura)Normativa oficial do galegoIKEA28 de decembroWayback MachinePornografíaRataO Barco de ValdeorrasMedoEl Pueblo GallegoHLA-DMCuruxa comúnTarragonaBibTeXElena CandiaSalvador IllaPobo palestinoOurenseParroquias de GaliciaMario CaneiroMecanismo de AnticiteraPapuxa das amorasArmando Blanco🡆 More