Muralla De Hadrián

2°17′33″O / 55.02417, -2.29250

O Muro ou Muralla de Hadrián (en latín: Vallum Hadriani) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erguida entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia trala invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.

Muralla de Hadrián
Muralla De Hadrián
Vista dos restos do Muro.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísMuralla De Hadrián Reino Unido
Localización55°01′27″N 2°17′33″O / 55.02417, -2.29250
TipoCultural
Criteriosii, iii, iv
Inscrición1987
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador430ter

Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.

A súa función defensiva foi asumida pola muralla de Antonino, erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de Britania. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en 197, 296 e 367. Foi reparada e ampliada en 209, durante o reinado de Septimio Severo, e definitivamente abandonada no ano 383.

A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987. A "English Heritage", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Galería de imaxes de arañas de GaliciaMecánica clásicaReino de GaliciaRefraneiro galego sobre o panIgrexa ortodoxa coptaEra da informaciónFrancisco Llanos MasAlaine AgirreAda NegriMarta DarribaAlcaldes da CoruñaEdiciones CardeñosoBetanzosRocco SiffrediSaturnoEliseo Seoane BardancaFilipe II de EspañaBrasilCroaciaCaliforniaRoko (actriz)Reino UnidoOppenheimer (filme)Re-TROSFrei Basilio Río BrenllaChâmoa Gomes de PombeiroRaquel AtanesAlejandro Fernández ÁlvarezAmancio López SeijasIllas CanariasEva CárdenasColocación do pronome átono en galegoAngkor WatIria SobradoAno (astronomía)Jean-Claude Van DammeRamón Otero PedrayoSão PauloNatalia JunqueraEsvásticaLista de nomes femininos en galegoMadagascarMarxismoDinastía ValoisCopa do SarToxo arnalHermann Heinrich GossenBoyanka Kostova (grupo musical)Igrexa de San Carlo alle Quattro FontaneHimno Nacional de ChileCandela Peña28 de marzoSusana PedreiraJosé Antonio Primo de RiveraJosé Luis Iglesias LagoO hobbitClase (bioloxía)Víctor DupláSalamancaLímite matemáticoLerma, BurgosXosé Manuel PiñeiroDeclaración BalfourNacho VidalRepública ChecaÁngel Concheiro CoelloBilbaoRaposo comúnBandeira de IrlandaJosé Pablo del Bado Rivas🡆 More